mércores, 31 de decembro de 2008

FELIZ 2009

Feliz año a toda la comunidad de este foro.
A mellor banda do mundo enteiro.................. e parte dos outros.
Josep!!!!!! eres la hostia¡¡¡¡¡¡
Esperamos que este ainda sexa mellor.

martes, 30 de decembro de 2008

"Inocentadas de Navidad" La película

Lástima que la inocentada de la bandita este cortada, pero el video está gracioso.

Que lo disfruten!

XBN + Josep Miquel

Outro dos momentazos do concerto de fin de ano, a interpretación de "Vents del Garbí" dirixida polo seu compositor, o noso amigo Josep Miquel.

VIDEO JERICHO!!!

El video con buena calidad no da subido, asi que os dejo este que la imagen esta deteriorada pero el audio es igual al que recogió la cámara..( que aun asi ...)

Momento Chocolate


Bueno, pues aqui os dejo un fotograma de la reacción de Paco tras la inocentada...la verdad esque se lo buscó xD

sábado, 27 de decembro de 2008

AVISO IMPORTANTE

MEMBROS DA XOVE BANDA, MAÑÁ TEDES QUE LEVAR AO CONCERTO AS GARAVATAS VELLAS, QUE AS USARÁN OS MEMBROS DA BANDITA, E TAMEN TEDES QUE LEVAR A PAXARITA, PARA A XBN

venres, 26 de decembro de 2008

Concerto de Fin de Ano da A.C.M. "Sementeira" de Narón


Foto na Sala Mozart do Auditorio de Galicia, quentando antes do certame co noso queridisimo EJERCICIO 7 ...
Auditorio Municipal de Narón
Domingo, 28 de decembro, 19:30 horas (horario dos musicos da XBN : 17:00)


Obras a interpretar pola Banda Infantil Sementeira de Narón:

- Na rúa do Porto (A. Fernández)
- Music from Titanic (James Horner, arr. de John Moss)
- The Mission (Ennio Morriconne)


Obras a interpretar pola Xove Banda de Narón:

- Sabas (Sanz-Expert)
- Fantasía en Do (David Fiúza Souto)
- Jericho (Bert Appermont)
- Sinfonía Hungárica, Attila! (Jan van der Roost)
- Vents del Garbí (Josep Miquel Martínez), dirixe Josep Miquel Martínez


Dirixe a Banda Infantil Sementeira e a Xove Banda de Narón: Francisco San Ramón Calvo

xoves, 25 de decembro de 2008

BO NADAL!!!!!!!!!! :)

Non quero deixar pasar a oportunidade que me brinda este blog para felicitarvos as festas a todos. E non hai mellor maneira de adornar esta felicitación que coa nosa música, a música da Xove Banda de Narón acompañando á mezzosoprano Maria Xosé Ladra, corría o Concerto de Fin de Ano do 2002, e aínda que a calidade non é a mellor, a intención si que o é.

FELICES FESTAS A TODOS.

mércores, 24 de decembro de 2008

NAVIDAD 2009

A todos os usuarios deste estupendo blog.... FELIZ NAVIDAD. portarse ben e non faltar o venres ás 10 da mañá. SER FELICES E DISFUTADE DESTE TEMPO.

luns, 22 de decembro de 2008

para ir abrindo boca...

Aquí podedes atopar os links de descarga de material relacionado con algunhas das obras que van a ser interpretadas pola XBN no seu tradicional Concerto de Fin de Ano, que se celebrará no Auditorio Municipal de Narón o vindeiro domingo 28 de decembro ás 19:30 horas.
- Jericho (Bert Appermont)
- Armenian Dances, Part I (Alfred Reed)
Interpretación da Tokio Kosei Wind Orchestra
- Sinfonia Hungarica, I. Attila! (Jan van der Roost)
Interpretación da JWM Friso Military Band
- Vents del Garbí (Josep Miquel Martínez)
Interpretación da Xove Banda de Narón.

venres, 19 de decembro de 2008

Mañá ensaio da Bandita e da Xove Banda no Pazo da Cultura.

Ambos ensaios terán lugar na nova sede de ambas bandas, a Sala de Ensaios do Pazo da cultura, situada no segundo piso do bloque adicado ás escolas do padroado.
Comezará a rolda de ensaios a Banda Infantil "Sementeira" de Narón ás 9:00 horas, que virá seguida da Xove Banda de Narón ás 10:30 horas.
Pola importancia dos ensaios ante o inminente concerto de Fin de Ano, que se celebrará no auditorio municipal de Narón o domingo 28 de decembro ás 19:30 horas, rógase a máxima asistencia e puntualidade posibles.
Un saúdo.

martes, 16 de decembro de 2008

Narón logró subirse al podio gallego de bandas de música

Fecha de hoy: Martes 16 de diciembre del 2008

La agrupación municipal de jóvenes talentos quedó tercera ?en un certamen celebrado en Santiago a nivel autonómico

Los integrantes de la Xove Banda de Música de Narón demostraron el pasado sábado sobre el inmenso escenario del Pazo da Cultura, el cual estrenaron, que su talento es capaz de arrancar el aplauso enfervorizado de 900 personas. Su buen hacer lo avala, además, el tercer puesto ocupado por esta agrupación, dirigida por Francisco San Ramón Calvo, en el certamen que organizó el mes pasado la Federación de Bandas de Galicia en Santiago de Compostela.

Los músicos naroneses se estrenaban en este concurso, que es el segundo año que se celebra. «Competimos en la segunda sección, que era la categoría de bandas de entre 40 y 60 personas. Nosotros somos más, pero ese día tuvimos que ajustarnos», explica el director de la banda.

La agrupación municipal compitió en el escenario con formaciones de toda Galicia, aunque había más representación de los municipios de las Rías Baixas que de la zona norte de la comunidad. San Román Calvo explica que la medalla de bronce ha sido totalmente inesperada para el grupo: «No nos esperábamos quedar de terceros, era la primera vez que íbamos».

Antes del verano fue cuando la Xove Banda decidió que iba a probar suerte en Santiago, y por ello los chicos se prepararon de forma especial para el concurso. «Tuvieron que estudiar mucho», apunta el director.

Además del diploma, el trofeo y la dotación económica que implica el premio, el mejor galardón ha sido, para los músicos naroneses, el reconocimiento a su trabajo.

Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

R.M. de A Coruña: tomo 2438 del Archivo, Sección General, folio 114 vto., hoja C-2141. CIF: A-15000649.

Arquivo!

Benvidos outra vez máis. O motivo desta mensaxe de urxencia é que o noso sublime entre os sublimes e grande entre os grandes directores de música, Paco (o noso Paco) pediu voluntarios para arranxa-lo arquivo da Banda nas vacacións de Nadal. O sábado discutiremos os días. Saúdos

venres, 12 de decembro de 2008

Mañá hai ensaio da Bandita.


Ás 9:00 horas, como de costume e no Auditorio Municipal de Narón haberá ensaio da Banda Infantil Sementeira de Narón.

XBN: Ensaio no Pazo da Cultura ás 12.

Ensaio Xeral Extraordinario para a innaguración do Paza da Cultura.

domingo, 7 de decembro de 2008

Creado o FORO da Xove Banda de Narón.

Porque aínda que deixar comentarios está moi ben, hai veces que hai temas que é mellor discutilos con calma, e non chegar aos 30 comentarios por unha discusión...
Creo que esta era unha idea dun principio, que se falara que estaría ben facer un foro para poder falar de diversos temas e opinar.
Esperamos que vos rexistredes e participedes moi activamente.
O link estará na lista de enlaces. Pero podedes acceder tamén facendo click aqui.

Un saúdo a toda a comunidade XBN.

venres, 5 de decembro de 2008

Lectura do fallo do xurado do II Certame Galego, 2ª sección...

Pazo da Cultura

O próximo día trece de decembro a Xove Banda de Narón está convocada para dar un concerto de inauguración no Pazo da Cultura de Narón. Recibín onte a noticia, pero non puiden publicala antes. Non teño máis información. Por certo, recordade que a xunta directiva deixou o currículum da Banda e a Asociación na entrada anterior para que sexa lido e comentedes se falta algo. Non deixedes de miralo.

As obras que imos imterpretar aínda non sei cales son (normal, porque son o último en enterarme de esas cousiñas) pero dende aquí chamamos ó noso intelixente, e máis entrañable e riquiño dos directores mundiais (o noso Paco) que nos diga qué imos tocar...

Alguén quere recuperar Attila en só unha semana...? jojojojo... Bah, é só unha broma, non fagades caso, xa dirá Paco -o noso grande entre os grandes, superior entre os superiores, e archifantástico sobre os archifantásticos- o que temos que tocar.

Non faltedes ó concerto do domingo e recordade que fumar é perigoso, porque corres o risco de que te esmague un piano mentres encendes un cigarro na calle. Un saúdo.

luns, 1 de decembro de 2008

CURRÍCULO DA XOVE BANDA DE NARÓN

Boas noites, desde a Xunta directiva queremos propoñer que participedes todos na reforma do currículo da Xove banda, este que vos poño e o actual, esperamos as vosas proposicións e suxerencias para modernizalo un pouco.


XOVE BANDA DE NARÓN

A “Asociación Cultural Musical Sementeira”, asume no ano 1993 a responsabilidade de rexer os destinos da Banda e a titularidade das escolas de música, nas que reciben formación máis dun centener de rapazas e rapaces.
A simbiose Escolas de Música-Banda, confírenlle a esta Asociación un carácter referencial a nivel provincial, tanto no que se refire á formación musical non regrada, como a consecución dunha agrupación bandística estable, como é a XOVE BANDA DE NARÓN, reflexo máis emblemático da intensa labor de formación que ven desenvolvendo esta Asociación, na que conviven e compleméntanse de forma harmoniosa ambas actividades.
A XOVE BANDA DE NARÓN, nútrese de músicos procedentes das propias escolas, previo paso pola BANDA INFANTIL, na que os alumnos aprenden a facer música de conxunto, experimentando desta forma o pracer de comunicar e comunicarse a través dun discurso musical-educativo compartido cos seus propios compañeiros de estudo.
Durante estos anos, a XOVE BANDA, levou a cabo unha intensa actividade divulgativa da súa música, realizando concertos en multitude de pobos, vilas e cidades de Galicia.
No ano 1999 participa no Certame Nacional de Bandas de Música da Cidade de Murcia. Tamén realizou intercambios con bandas doutros lugares da xeografía española: Castellón, Madrid, Asturias…
No ano 2002, participou nun proxecto de intercambio Europeo na cidade de Rótterdam (Holanda). No 2003, tiveron unha actuación no Centro Galego de Salamanca e outra no Centro Galego de Sta, Cruz de Tenerife. No ano 2004, realiza unha saída cultural a Barcelona, actuando no Centro Galego “Saudade” da cidade condal. No 2005, viaxa á cidade de Huelva para actuar en dúas localidades da provincia: La Redondela e Isla Cristina, no ano 2006 realiza unha saida cultural a Madrid actuando na Catedral da Almudena e na Praza Maior.
No 2002 sae á luz a súa primeira gravación, coa colaboración da cantante mezzosoprano, María José Ladra, onde se recollen pezas musicais das dúas bandas (Infantil e Xove Banda). No ano 2005 gravouse un segundo CD en colaboración coa Deputación da Coruña: “Inquedanzas”, onde se recollen pezas do folklore galego, combinadas coa música máis moderna, feita para banda de música.
No 2008, acadou o día 22 de novembro, o 3º premio no II Certame Galego de bandas de Música, na sección Segunda, realizado no auditorio de Galicia en Santiago de Compostela, pola Federación Galega de Bandas de Musica Populares de Galicia.

É director da Xove Banda de Narón: Francisco San Ramón Calvo.



domingo, 30 de novembro de 2008

Solidaridade coa Banda de Cedeira.

Mirade que se acaba de divulgar hoxe, publícoo en solidaridade cos nosos compañeiros e amigos de Cedeira. Rógovos que comentedes:

La democracia sólo está en las urnas

Soy un miembro de la banda de música “Vila de Cedeira” y aunque siempre he vivido en democracia, hoy he sentido mis primeras dudas tras ver el comportamiento del concejal de cultura del Ayuntamiento de Cedeira.

Hoy convocó a la una de la tarde una reunión con los miembros de la banda para indicarnos que se va a formar una banda municipal ( proyecto muy loable y con el que todos estamos de acuerdo) y que él ha decidido quién va a ser el director de la banda.

Esta elección de director se realiza sin consultar a los músicos, ni al presidente de la asociación de la que depende la banda, personas suficientemente cualificadas y con derecho para elegir a quien quieren de director.

El concejal de cultura, Germán Tobío, decide, atendiendo a no sé que criterios, quien será el nuevo director. Y curiosamente será el director de la nueva banda municipal el mismo que hace más de un año dejo de serlo después de que democraticámente los componentes de la banda así lo decidieran. Así debo explicar que el año pasado se llevaron a cabo unas elecciones de director de la banda, con su correspondiente prueba; que consistió en la puesta en práctica de la dirección de la banda, presentación de curriculum y proyectos de futuro para la banda. Todos los miembros de la banda votamos en orden a los tres candidatos que más nos habían gustado. El ganador fue nombrado director por la junta directiva de la asociación.

Pues parece ser que de nada ha valido. Ahora el ayuntamiento nos comunica que o aceptamos su opción o nos quedamos sin local y subvención. No se tiene en cuenta las opiniones de los implicados, aquí no existe la democracia; ésta sólo queda para las urnas. Porque así es como lo ha dicho literalmente Germán Tobio.

Y además cumple su palabra, pues dos horas más tarde de salir de la reunión (un sábado a las dos de la tarde), nos encontramos con que no podemos entrar en el local cedido por el ayuntamiento a la asociación porque habían cambiado la cerradura. Nuestro ensayo no puede realizarse y los instrumentos de la asociación se han quedado dentro. Y el próximo sábado teníamos prevista una actuación.
Y yo vuelvo a preguntarme: ¿Es esto democracia?

El señor concejal nos ha dicho que la banda no es viable, y nosotros nos preguntamos como se puede decir que una banda que lleva funcionando desde el año 1992 gracias a gente que puso tiempo, dedicación, proyectos e incluso dinero para que pudiera seguir adelante, no es viable.
Según Germán Tobio, la reunión no era una asamblea, los miembros y socios de la asociación no podíamos opinar, él únicamente venía a notificar una decisión del ayuntamiento. Pero, que ayuntamiento es este que decide sin tener en cuenta a sus ciudadanos. ¿Cómo se puede llamar a este tipo de política? ¿Es este el talante del que tanto nos hablan?

No, el Sr. Tobio, repite en numerosas ocasiones que él no tiene que consultar a ningún miembro de la banda.

El problema es que la hipocresía mata a este país o por lo menos a esta villa, donde la gente se cree que entiende de todo y eso , por mucho que nos disguste no es así. Para opinar de un proyecto musical es necesaria una formación musical, cultivada a lo largo de los años.

mércores, 26 de novembro de 2008

Ansia de videos


Mentres non chega unha grabación oficial, a inpaciencia nos pode. Teremos que agradecer eternamente ao noso compañeiro e amigo Astray que me fixese chegar esta pequena gravación así como a Tamara por poñerse a gravar nun momento tan emocionante. O noso agradecemento creo que será eterno.
É pouco, pero espero que sirva para calmar a sede de videos, ata que a federación nos mande o video oficial e o poidamos desfrutar todos, que seguro que o faremos.
Non fai fallar decir que todas as gravacións que existan serán benvidas cos brazos abertos (que grande indirecta...).
Por certo, debido ao proceso de conversión do video para poder subilo pode haber unha lixeirísima desconpensación entre imaxe e audio, que de habela non é nin de décimas de segundo.

domingo, 23 de novembro de 2008

ALGO QUE DECIR

Bueno, despois de todo este tempo traballando, traballando.... ensaiando, temos algo de que sentirnos orgullosos todos os componentes da asociación, músicos, directivos, currantes...etttccc.
Penso que valeu a pena, coa independencia do premio acadado, claro que si te recoñecen o traballo sempre senta mellor. As outras bandas teñen moita experiencia en concursos e nós a verdade é que ninguna.
Cando rematamos a nosa actuación moita xente que non coñecia felicitoume, ninguén sabia que tiñamos esta GRAN banda de música en Narón. Mirar para todos vós e ver a concentración, o interese e sobre todo a forma de facer a música foi algo que penso que non vou a olvidar nunca.
Quero transmitir a miña enoraboa a todos e que disfrutemos do momento, e recordade sempre a ilusion e as ganas de facer música no momento da actuación.
A vida de todos nós seguirá camiñando pero sempre estara no noso pensamento o 22 de novembro de 2008.
Como xa vos dixe é para min unha verdadeira honra compartir con todos vós este momento.

Resultados do II Certame Galego de Bandas de Música: SECCIÓN PRIMEIRA


Cuarto premio: Agrupación Municipal de Vincios (49 puntos) 
Terceiro Premio: Banda de Música Municipal de Valga (59,2 puntos)
Segundo Premio: Banda de Música de Catoria (72 puntos)
Primeiro Premio: Banda de Música Recreativa e Cultural de Bandeira (74,4 puntos)

Noraboa.

Resultados do II Certamen Galego de Bandas de Música: SECCIÓN SEGUNDA

SECCIÓN SEGUNDA
Obra obrigada: Fantasía en Do de David Fiúza Souto
Sábado, 22 de novembro | 18.00 h


(De momento non hai vídeo, publicarase cando apareza. Mentras tanto, deleitádevos coa nosa nova gravata)



"Tras a análise dos aspectos avaliables das actuacións e tal e como e esixe nas bases do certame o xurado fallou da seguinte maneira:"

Cuarto Premio: Banda de Música Cultural de Teo (55,6 puntos)
Terceiro Premio: Asociación Cultural Musical Sementeira de Narón (61,4 puntos)

Segundo Premio: Sociedade Cultural e Deportiva Atlántida de Matamá (64,6 puntos)
Primeiro Premio: Banda Municipal de música de Agolada (69,8 puntos)

Noraboa a todos.

sábado, 22 de novembro de 2008

Resultados do II Certamen Galego de Bandas de Música: SECCIÓN TERCEIRA

SECCIÓN TERCEIRA.
Obra obrigada: Danza Galega núm. 1 de Ricardo Dorado
Venres, 21 de novembro | 20.00 h


Tras a análise dos aspectos avaliables das actuacións e tal e como e esixe nas bases do certame o xurado fallou da seguinte maneira:
Cuarto Premio: Ateneo Musical de Bembrive
Terceiro Premio: Unión Musical de Cabral
Segundo Premio: Banda de Música de Arca
Primeiro Premio: Banda Escola de Música de Rianxo

sábado, 15 de novembro de 2008

Programa...

Sábado, 22 de novembro | 18.00 h
2ª SECCIÓN
Obra obrigada: Fantasía en Do de David Fiúza Souto

Banda de Música Municipal de Agolada
Director: Nilo Jesús García Armas
Pasodobre: Agolada de Luís Araque
Obra libre: Ghost Train de Eric Whitacre
I. Ghost Train
III. The Motive Revolution

Banda de Música Cultural de Teo
Director: Álvaro Varela Ferradáns
Pasodobre: Ponteareas de Reveriano Soutullo
Obra libre: La Divina Comedia de Robert W. Smith
I. Infierno
II. Purgatorio
III. Ascensión

Banda da Agrupación Músico Cultural de Ribadumia
Director: Víctor Manuel Fernández Vázquez
Pasodobre: Consuelo Císcar de Ferrer Ferrán
Obra libre: Vents del Garbí de Josep M. Martínez

Sociedade Cultural e Deportiva Atlántida de Matamá
Director: Enrique Lorenzo Vila
Pasodobre: Agüero de José Franco
Obra libre: Llegendes de Francisco Bort Ramón

Banda de Música Popular de Tui
Director: Adolfo Besada Álvarez
Pasodobre: Torre del Oro de Ricardo Dorado
Obra libre: Tanczi (Three Russian Dances) de Jan Van der Roost
I. Trepak
II. Garavot
III. Troika

Asociación Cultural Musical Sementeira de Narón
Director: Francisco San Ramón Calvo
Pasodobre: Sabas de Sabin Bikandi e Rafael Sanz-Espert
Obra libre: Vents del Garbí de Josep M. Martínez

venres, 14 de novembro de 2008

II Certame Galego de Bandas de Música Populares


Durante os vindeiros días 21, 22 e 23 de novembro terá lugar na sala Anxel Brague do Auditorio de Galicia o Certame Galego de Bandas de Música Populares.

Un gran evento musical no que se reunirán 16 agrupacións de toda Galiza divididas en tres seccións con repertorios que van dende os galegos David Fiuza ou Simón Couceiro ata internacionais como Johan de Meij ou Óscar Navarro.

Será a segunda edición deste certame que repartíu na súa primeira edición case 20000€ en premios entre as bandas de música gañadoras e ó que se achegaron arredor e 3300 persoas para gozar da música das bandas populares.

Un enxalzamento da cultura galega como nunca tivera lugar, esperamos, se repita nesta edición.

Imaxe e texto da web da Federación Galega de Bandas de Música Populares.

sábado, 8 de novembro de 2008

xa son do bloooooG!!!

venres, 7 de novembro de 2008

2003-2008: Un lustro na Xove Banda de Narón

Como pasa o tempo.

Xullo 2003. A Xove Banda de Narón visita El Rosario (Tenerife) e saca unha foto nas escaleiras do seu concello.
Xullo 2008. A Xove Banda de Narón saca tamén nunha escaleira, neste caso da Pza. de Galicia en Narón, unha foto oficial de grupo, neste caso para a páxina web da fegamp.

Para ampliar as fotos (cousa que sei que queredes facer) facede clic nelas.

Sábado 8 de novembro: Concerto da Bandita en Piñeiros


O Local Social de Piñeiros, acollerá este vindeiro sábado a actuación da Banda Infantil Sementeira de Narón baixo a batuta do mestre Francisco San Ramón Calvo. O concerto terá lugar ás 17:30 horas.
O horario para os músicos e o programa será desvelado no ensaio de mañá.

xoves, 6 de novembro de 2008

PARA PENSAR

En nuestra profesión, uno puede ser muy brillante y adquirir una maestría técnica absoluta. Sin embargo, en última instancia, lo único que cuenta de verdad es la calidad como ser humano. porque la música es creada por el hombre para el hombre. Y si alguien no ve en ella más que notas, quizá pueda ser muy interesante, pero no lo enriquecerá. La música debe existir para un único fin: enriquecer al hombre y darle algo que ha perdido en casi todos sus ámbitos vitales.
HERBERT VON KARAJAN

ÚLTIMOS ENSAIOS

Os últimos ensaios de venres e sabado 21,22 serán no auditorio de FIMO.
imos traballar.......

xoves, 30 de outubro de 2008

FOTOS OFICIAIS DA XOVE BANDA DE NARÓN - XULLO DE 2008





FACEDE CLIC PARA VELAS MÁIS GRANDES

NORMAS PARA O DESENVOLVEMENTO DO II CERTAME GALEGO DE BANDAS DE MUSICA

1. HORARIOS

1.1. Ver anexo especificado para cada seccion.

1.2. A bandas respectarán o horario asignado así como as indicacions da azafata que lles corresponda, sendo responsable dos actos dos seus compoñentes a propia agrupacion.

1.3. As azofatas acompañarán á banda que lles corresponda dende a concentración no Hall ata a saida do Box que teñan asignado.

1.4..As bandas nomearan un responsable para os indicacions das azafatas.

2. DESENVOlVEMENTO DO CERTAME

2.1. As bandas concentraranse no horario que lles corresponda, no Hall do Auditorio de Galicia (antes da porta de entrada ao recinto).

2.2. Traslado ata o box correspondente (15 min.)

2.3. Entrada no box para preparar instrumentos e cambiarse se fose necesario (15 min.) Non está permitido tocar no box, xa que para esa funcion está a Sala Mozart.

2.4. Control de sinaturas e entrada na Sala Mozart (30 min.)

2.5. Entrada no escenario e preparación do mesmo (10 min.)

2.6. Actuación (o tempo establecido para a mesma segundo a sección engadido o posodobre inicial).

2.7. Remote do actuccion e volta ao box correspondente (5 min.)

2.8. Recoller instrumentos e abondono do Box (10 min.)

3. CONTROL DE ASINATURAS

3.1. Realizarase na entrada á Sala Mozart.

3.2. Todos os compoñentes das bandas deberán levar consigo o Documento de Identidade (DI). No coso de non levalo non se lle permitirá a entrada ao escenario.

4. ESCENARIO

4.1. Realizarase unha presentación da banda e do director previa á súa actuación.

4.2. As bandas entrarán no escenario co telón pechado, dispoñendo de 10 minutos para a preparación do mesmo.

4.3. Todos as bandas disporán de 10 minutos para organizar o escenario. Unha vez que remote o tempo de preparación, abrirose o telón e a banda terá que estar preparada para actuar empezando a computar o tempo de actuación cando empecen coa obra obrigada.

4.4. As bandas poderán realizar unha afinacion xeral ao remate da interpretación do posodobre, antes de comezar coa obra obrigada.

4.5. Non se permitirá outra afinación xeral entre a obra obrigada e a obra libre.

4.6. Ao final da interpretación do pasodobre so saudará ao público o director, sen levantar a banda.

4.7. Ao remate da interpretación das obras non se levantará aos solistas. Unha vez que remate cada obra a banda saudará ó público unha única vez. Neste proceso invertirase o menor tempo posible.

4.8. Ao remator o saúdo pecharase o telón.

5. ENTREGA DE PREMIOS

5.1. Unha vez rematado o certame, o domingo dia 23, procederase á súa clausura.

5.2. Lerase a acta dos gañadores da seccion primeira e seccion especial ao remate da actuación das bandas da sección especial.

5.3. Os representantes das bandas participantes subirán ao escenario para recoller os premios acadados.

5.4. A banda que non poida ou non queira asistir a este acto, deberá comunicalo por escrito á comision organizativa.

5.5. A non asistencia a este acto implicorá que a banda que non asista non sera nomeada no dito acto de entrega de premios.

5.6. Entregaranse en primeiro lugar os diplomas de participación e seguidamente os premios que correspondan.

6. DISPOSICIÓNS XERAIS

6.1. Estas normas son de obrigado cumprimento.

6.2. Non respeitar as normas será causa de penalización e mesmo da descualificación da banda que non as acate.

O COMITÉ ORGANIZADOR DO II CERTAME GALEGO DE BANDAS DE MUSICA SOLlCITA A COLABORACIÓN DE TODOS/AS PARTICIPANTES NESTE EVENTO PARA UN CORRECTO E SATISFACTORIO DESENVOLVEMENTO DO MESMO.

RESPOSTAS

Bueno estuvimos ocupados stos dias.

de la lista los que estan en ? son dudas por que nos pasamos en plantilla, pero creo que al final cabemos todos.
ya falta menos y espero que todos "fagamos" un último esforzo.
Temos que ser 60 tocando no aditorio de santiago.
Sobre el dia 8 temos que facer a banda pequena e a grande, xa veremos como.

domingo, 26 de outubro de 2008

PLANTILLA CERTAMEN DÍA 22

Oboes: Vero, Mario
Frautas: Bernabé, Clara, Eva, Irene
Requinto: Cristiniiiiiita
Fagot: Iago
Clar. Baixo: Iván
Clarinetes: Angel, Iago, Juan E., María, Cesar, David Llano, Ari, Carla, Eva, Sara?,Rocio, Paula, Alejandra, Tania, Sergio, José A. (perc)
Sax. Altos: Kelly, Helena, Alba, Sheyla, Lucia?, Fani (perc).
Sax Tenores: Marta, Jorge, Esther, Gabriel.
Sax. Barítono: Martín
Chelos: Leire, Adri.
Trompas: Nuria, Leti, Alba, Miryam.
Trompetas: Jose, Basilio, Jorge, ?????, Tamara?
Cornetín, Fliscorno y Trompeta: Walter
Bombardino: ???????
Trombones: Fran, Antón, Álvaro, Esteban.
Tuba: Carro, Antonio.
Percusión: Ari, Eusebio, A. Piñón, Diego, Gabriel.
Piano: Iñigo
TOTAL: +- 60

Bién, comentade por favor.

sábado, 25 de outubro de 2008

Cea da Banda


De momento non dispoño de datos pero será o SÁBADO 15 DE NOVEMBRO, despois do ensaio nas telleiras.

PD: Xa sei que a imaxe non ten relación, pero era por adornar algo.

Últimos ensaios

Os próximos ensaios da XBN serán:

-. 1-11: de 9:00 a 12:00 no Auditorio
-. 8-11: Pola mañá ás 10:00 nas Telleiras e pola tarde ás 17:00 no mesmo lugar
-. 15-11: Pola mañá ás 10:00 nas Telleiras e pola tarde ás 17:00 no mesmo lugar
-. 21-11: ás 18:00 (lugar sen confirmar)
-. Día do CERTAME (22-11): Pola mañá ás 9:00 (lugar sen confirmar) e pola tarde en Santiago.

xoves, 23 de outubro de 2008

Ensaio xeral no auditorio

Damas e cabaleiros, o sabado ensaiamos no auditorio, xa que o noso celebérrimo director, o guaperas, aínda non pode vir; así que teremos o ensaio comandado por Ramón, que algunos coñeceredes porque ensaiou coa banda infantil (infantil a pesar da presenza de Jorge Yáñez, ivanfernandezcoba (Iván para os amigos) e a suprema vellez de Íñigo Barbadillo)
O elemento a destacar da entrada é que é, de novo no auditorio, non en as Telleiras, como se tiña pensado.
Saúdos a todos e comentade, coma se esta entrada fora a última (ou coma se fora a anterior)

venres, 17 de outubro de 2008

Información dos músicos para a FGBMP

A Directiva da Xove Banda solicita a seguinte información dos membros músicos:

- Apelidos
- Nome
- Idade
- Dirección
- Instrumento
- Correo electrónico

a enviar, o máis axiña posible, a: bandasementeira@hotmail.com .

Saúdos

domingo, 12 de outubro de 2008

Para que comentedes TODOS!!!!

Fragmento extraído da edición dixital de La Voz de Galicia para o dia de hoxe.


La Mostra Cinema e Sociedade, organizada por la asociación cultural Conxeito en colaboración con el Padroado da Cultura, afrontó ayer su última sesión. La música fue la protagonista durante la mañana, con la actuación de la banda del Padroado que ofreció un repertorio basado en las bandas sonoras más famosas del cine.

sábado, 11 de outubro de 2008

Domingo 12 de outubro (mañá): Actuación en Anca (Neda)

* Esta é a citada capela...

Recopilo aqui toda a información que posúo. Primeiro cito textualmente o mítico papel que nos pasa tan amablemente a directiva:


CONCERTO EN ANCA (12-10-2008)
O vindeiro Domingo 12 de Outubro a Xove Banda participará nun concerto en ANCA. Sairá o autobús do auditorio ás 11,00. Os que vaian pola súa conta teñen que estar en Anca ás 12, na capela dos Remedios

O regreso será despois de xantar.

Rogamos a maior asistencia.
A Xunta Directiva
[selo da A.C.M. Sementeira]


Agora recompilemos datos doutras fontes non menos autorizadas:
- Paco:
Procesion e un concerto no que se toca o mesmo que hoxe, ou sexa:
* Sabas
* Irlanda
* Piratas do Caribe
* I do it for you (esta non creo que a toquemos...)
* Fantasia en Do
A isto engadiriamos probablemente Mar i bel e The Second Waltz.


xoves, 9 de outubro de 2008

En efecto, hay concierto

El sábado, por favor, id todos al ensayo con el genuino traje de la banda para una [improvisada] actuación en Odeón, al mediodía. Haced el favor de correr la voz entre quienes aún no lo sepan.
Temática: música de cine. Desempolvad los papeles de Morricone, de Exodus y similares, que vamos a derribar Odeón a base de cañonazos. Eso sí, hay letra pequeña:
Tocar con cuatro efes aunque no existan puede suponer un daño a la salud del intérprete, ya que corre el riesgo de recibir un proyectil con forma de batuta en el ojo.
Eso es todo

sábado, 4 de outubro de 2008

Frases para a reflexión (I)


"Para aprender a correr, primeiro hai que aprender a camiñar."

Alguén sabe algo do día 11?

Por el mundo adelante; concretamente en Odeón, hay una aunciada unha actuación da banda para o día 11 desde mes -sábado- (aquela da que falamos un día en verán cando eliximos pezas de cine entre os que estábamos alí...) alguén sabe algo?

domingo, 28 de setembro de 2008

Cambio de hora no ensaio do sábado


O afamado director da nosa xove Banda, Francisco San Ramón Calvo, alias Paco ou 'guapo' cando sae a recoller diversos galardóns; anunciou hoxe domingo en exclusiva (non moi exclusiva, pero dicimos isto para que sexa lido por máis xente) que o ensaio do próximo sábado día 4 de outubro será ás 10.00 da mañá (adiantándose media hora do horario habitual)

Tamén expresou a súa satisfacción polo concerto de hoxe e quere dedicar un saúdo a todos e en especial aos colaboradores do blog, que son moi listos e moi guapos e moi traballadores e moitas cousas máis e tamén darlle a benvida ao novo peinado de Mario...

Recordade, ensaio o sábado ás dez da mañá (Básicamente ese é o resumo de todo o anterior)

sábado, 27 de setembro de 2008

Domingo 28: Festival de Bandas de Brion


Atención, membros da XBN. Hai que poñer toda a carne no asador, mañá temos que demostrar para que serven os exercicios de empaste e afinación...

Saida do Bus: 15:30


A directiva roga a maior asistencia e puntualidade posíbeis.

Programa previsto:
  • Sabas (Sanz-Expert)
  • El Camino Real (Alfred Reed)
  • Ireland: Leyend and Lore (Robert W. Smith)

Se piden bis, tocaremos Second Waltz (Dimitri Shostakovich).

xoves, 25 de setembro de 2008

Ensaio da Xove Banda de Narón no auditorio o próximo sábado ás 9.30 para afinar.

O ensaio está previsto que remate ao redor das 12

agradeceríase a maxíma participación e puntualidade


dios que pro quedó xDDD

ala

sábado, 20 de setembro de 2008

DOMINGO 21: Concerto na Festa dos Callos, en Xubia

Saída do auditorio en Bus: 12:15 horas
Os que o desexen poden estar alí ás 12:45 horas.

Tocarase:
- Tercio de Quites
- Agárrate Saxo
- Vals de Shostakovich
- Chimo
- Chocolate
- De Marín a Cortegada
- A Julio Bertolo
- Amparito Roca
e máis exitos...

xoves, 18 de setembro de 2008

VENTS DEL GARBÍ (Winds of the Garbí)- Josep Miquel Martínez Giménez

Dispóñome a publicar aquí as miñas impresións sobre esta magnífica obra para banda. Espero poder expoñer todo o que sei sobre a mesma para compartir esta información e para rellenar espazo no blog.
A versión escolleita para a ocasión data do 4 de decembro de 2005, gravada no Palau da Música de Valencia. Interpreta a Unió Cultural Musical d'Estivella. Dirixe o mestre Josep Miquel Martínez Giménez.
Este concerto é celebrado tan só 2 meses despois da estrea da obra, en outubro de 2005, no marco das celebracións do 25 aniversario da Banda de Estivella, á que está adicada a obra con este motivo.
O Garbí é un pico emblemático da Serra Calderona, no concello de Estivella. Outro lugar citado na obra, tamén de Estivella, é Barraix ("La font de Barraix" solo de pícolo e corno...).
Situémonos, Fa maior.
A obra comeza cun murmullo das madeiras (Moderato Solemne) que simulan o vento, que da nome a obra e introduce o tema principal no compas 17(Allegro Moderato, "Vents del Garbí"). Alternancia de dous temas un máis ritmico e outro máis lírico. Esta expléndida exposición remata no compás 62 modulando a Re bemol maior. A partir de aí nos espera un impresionante solo de timbais sobre fondo de cortina (Andante 62-72).
A anacrusa do 73 (clarinete e trompeta) serve de ponte para modular a Sol bemol maior. Entramos en "L'estiba de Murbiter". Fermoso fragmento do solo de trompeta. Reexposición no compás 85 por parte da banda.
No compás 95, de socato, aparece un impresionante duo de trombón e timbais. (La Reconquesta 1248). No compás 102, agarrádevos forte, que chega o mellor. Agárdannos os 22 compases (Andante) do Solo de Soprano. No 124 (Poco Piú), cambio a Fa sostido menor, reexpón o clarinete a dúo co soprano, en forma de canon (seguro que hai un termo máis apropiado para iso, botádeme unha man os que tedes análise, a ser posíbel, non ao pescozo...). Remata esta parte a frauta.
141, Allegro Moderato "El castell de Biselcam". Si bemol menor. Comeza a marcha mora. O tema pasa por toda a banda, mesturándose con variacións dos solos anteriores. Modulación a Fa menor no 167.
No compás 193 (Adagio), cambiamos a Re bemol maior. Solo de Piccolo, "La Font del Barraix". Creo que con esta música de fondo, poderíamos perfectamente imaxinar unha fonte en primvera con paxariños... paxariños que non tocan moi forte, eh bernabé?? non, mo tomes a mal, que é de coña. E acto seguido, o fermoso solo de corno, despois a duo co saxo. Esta é a miña parte favorita da obra, que no compás 222 é reexposta por toda a banda en Si bemol maior. No 230 o tema entremézclase co tema principal da obra (trompetas). A todo isto, estamos nun paraíso idílico...
QUE SE QUEIMA (manda carallo!). No compas 237 empeza unha das partes interesantes para aqueles que gosten da música contemporánea. "L'incendi del Garbí". O timbal antecede e serve de fondo a unhas disonacias que non presaxian nada bo. E claro, no "compás" (e que aquí non hai) 243 comeza a arder o monte (impresionante, con papeis de periódico e papeis de burbullas). Altérnanse as entradas de picolo-clarinete baixo, trompeta e bombardino. Gardade ben na vosa mente o tema da trompeta, que o recataremos logo.
251. Adagio. "La Santa Creu del Garbí". Momento máis emotivo da obra (repito é o meu criterio, só é válido para min). Os timbais, o piano e a tuba serven de fondo para un emotivo e conmovedor solo de trompa que nos transporta á desgraza do monte queimado, desolado. Non queda nada, solo o lamento da trompa.
Unha nota ao unísono da madeira da paso ao fragmento en Re Maior titulado "Sant Deu, Sant Fort, Sant Inmortal". Un fabuloso dúo de piano e lira introduce o coral da trompas do 289, acompañado de máis percusion de fondo (cortina e marimba). E isto alcanza o climax cando o tema das trompas é reexposto no 295 tras un golpe de timbal por un coro formado polos membros da banda. Tras isto, no 300, o título xa nos di o que atoparemos ("Vents del Garbí"). Sí reexposición.
321. "Gloria a Estivella". A reexposición continua pero recompilando o máximo de temas da obra. Ademáis do principal, as trompetas levan o que levaba aquel trompeta do incendio (impresionante). No 346, algúns levan o tema do solo de corno, e o baixo da marcha mora que está no timbal. No 351 dáse unha mestura do tema principal variado, o do corno, os clarinetes co tema variado do solo de soprano-clarinete e o timbal que segue co baixo da marcha mora (impresionante).
E claro, todo iso desemboca nun final apoteósico, donde dous pulsos en silenzo preceden un TA-TA-TA-CHÁN.
Seguro que esquecín cousas, pero é que esta obra é moi longa. Anímovos a que nos contedes as vosas impresións sobor desta magnífica obra, eu disfrutei moitísimo escoitándoa para escribir isto.

mércores, 17 de setembro de 2008

Cada vez somos mas los registrados




Hola a todos pues yo soy Iago ( fagot ) y me acabo de hacer la cuenta en blogger y os animo a todo a participar en el blog de la banda que poco a poco se irá llenando con fotos videos y demas... gracias

Atención usuarios de Blogger (ou posuidores dunha conta Google)

Para participar no blog da banda, igual que o estou a facer eu, so nos tedes que indicar a vosa dirección de e-mail para vos enviar a invitación. Unha vez que aceptedes, pasaredes a formar parte da equipa de persoas que poden publicar neste blog.
Se non queredes ou non sabedes facer unha conta Blogger ou Google podedes usar xovebandadenaron@gmail.com, cun contrasinal que vos desvelará Íñigo... Eu persoalmente anímovos a que fagades unha conta google, que vos facilita o acceso a youtube. Bueno, pero iso xa é decisión vosa.
Se pasades a formar parte dos que publicamos neste blog, o voso nome aparecerá firmando as entradas.

ANIMÁDEVOS, VALE A PENA!!!!

martes, 16 de setembro de 2008

Mozas en bikini e outras fotos censurables

Benvidos, ollos lascivos e perversos curiosos, pero lamento dicirvos que non podo darvos máis que a benvida, xa que non encontraredes aquí ese tipo de fotos que o título promociona. Non é máis que un reclamo para acaparar máis visitas.
As únicas fotos censurables que poderemos encontrar pola web é algunha de membros aleatorios da banda, nos seus respectivos fotologs ou páxinas similares, e non as imos poñer aquí porque non temos nin permisos, nin fotos demasiado morbosas, nin cartos para pagar avogados por posibles demandas de acoso e outras cousiñas de esas (recordemos que un alto porcentaxe é menor de idade), e entre os maiores de idade por ahí debemos ter a Íñigo Barbadillo facendo algunha paisada e pouco máis.
Aquí teredes a posibilidade de encontrar obras que tocamos nós interpretadas por outras organizacións que, existe a posibilidade de que toquen mellor que nós (cousa que dubido) ou que sexan máis modestos (cousa que tamén dubido) pero que, indubidablemente, non se poden permitir o ter unha sección de atractivas mozas en bikini.

Espero que a lista vaia enchéndose.
Abba Gold:


Music For a Festival:


Vents Del Garbí:
(1)


(2)


(3)


(4)


(5)


Anda, mira, subiunos todos Iván...
Grazassssssss

luns, 15 de setembro de 2008

Benvidos

Creamos entre uns voluntarios unha páxina web da banda (máis bien un blog) para que podades ver cando son os próximos ensaios e concertos no calendario, acceder a fotos e outros elementos similares, os cales espero que vaian aparecendo segundo pasa o tempo. A xente de a banda que queira publicar algo creo que vai ter que facelo dende o correo electrónico de Gmail; xovebandadenaron@gmail.com e se necesitades o contrasinal só o tedes que solicitar a esta dirección coa vosa identificación e volo daremos (a identificación non ten que ser moi exaustiva, pero é para evitar que caia en mans descoñecidas...)
Polo demais, imos intentar colgar algúns elementos interactivos e supersónicos a ver qué proveito lle pode ser sacado a estes blogs... Un saúdo a todos, e estades invitados a comentar. Esperamos que entre todos poidamos manter actualizada a páxina.
Un saúdo.

P.D.: Incorporamos uns vídeos de youtube para deleite dos espectadores que conseguiran chegar ata aquí:

Grazas a Iván:


Grazas a Sara:


Saúdos

Arquivo do blog