xoves, 25 de marzo de 2010

Semana Santa

Hai que traballar arreo para montar o repertorio do festival de Oleiros e do noso...

ENSAIOS:
Sábado 27 de MARZO, en horario habitual.
Mércores, 31 de MARZO, tamén en horario habitual.

É MOI NECESARIO estudar os papeis das obras pois hai poucos ensaios e teñen que ser o máis eficientes posible...

Gracias pola vosa colaboración!

mércores, 17 de marzo de 2010

Concerto de San Xosé en Pedroso


O vindeiro venres, 19 de marzo, a Xove Banda de Narón dará un concerto no local social de "A Pombiña", en Pedroso, como ven sendo habitual todos os anos.
Sairá o autobús do Pazo da Cultura ás 18:00 horas, os que vaian directamente deben estar alí ás 18:30 horas.

Rógase a maior asistencia e puntualidade (faltaría mais jeje)

[Nota remitida pola Xunta Directiva da "A.C.M Sementeira"]

luns, 15 de marzo de 2010

Unha proposta musical

La Vall de la murta (Andrés Valero Castells)

Aqui vos deixo unha suxerencia do noso querido director... para que opinedes.

sábado, 13 de marzo de 2010

Tempada Primavera Verán 2010


Ben... e... verán non. Só temos o calendario de primavera.
Pero algo temos, algo temos
Vacacións en Semana Santa. Non se ten nada proxectado.

E concertos. Concertos...
19 do Marzal: Pedroso. 18:00 no pazo da cultura. Ás 18:30 para os que vaian eles soíños.
25 de Abril: Oleiros
9 de Maio: Narón. Concerto no Pazo.

E iso é todo, polo de agora. Un saúdo e unha aperta.