luns, 1 de decembro de 2008

CURRÍCULO DA XOVE BANDA DE NARÓN

Boas noites, desde a Xunta directiva queremos propoñer que participedes todos na reforma do currículo da Xove banda, este que vos poño e o actual, esperamos as vosas proposicións e suxerencias para modernizalo un pouco.


XOVE BANDA DE NARÓN

A “Asociación Cultural Musical Sementeira”, asume no ano 1993 a responsabilidade de rexer os destinos da Banda e a titularidade das escolas de música, nas que reciben formación máis dun centener de rapazas e rapaces.
A simbiose Escolas de Música-Banda, confírenlle a esta Asociación un carácter referencial a nivel provincial, tanto no que se refire á formación musical non regrada, como a consecución dunha agrupación bandística estable, como é a XOVE BANDA DE NARÓN, reflexo máis emblemático da intensa labor de formación que ven desenvolvendo esta Asociación, na que conviven e compleméntanse de forma harmoniosa ambas actividades.
A XOVE BANDA DE NARÓN, nútrese de músicos procedentes das propias escolas, previo paso pola BANDA INFANTIL, na que os alumnos aprenden a facer música de conxunto, experimentando desta forma o pracer de comunicar e comunicarse a través dun discurso musical-educativo compartido cos seus propios compañeiros de estudo.
Durante estos anos, a XOVE BANDA, levou a cabo unha intensa actividade divulgativa da súa música, realizando concertos en multitude de pobos, vilas e cidades de Galicia.
No ano 1999 participa no Certame Nacional de Bandas de Música da Cidade de Murcia. Tamén realizou intercambios con bandas doutros lugares da xeografía española: Castellón, Madrid, Asturias…
No ano 2002, participou nun proxecto de intercambio Europeo na cidade de Rótterdam (Holanda). No 2003, tiveron unha actuación no Centro Galego de Salamanca e outra no Centro Galego de Sta, Cruz de Tenerife. No ano 2004, realiza unha saída cultural a Barcelona, actuando no Centro Galego “Saudade” da cidade condal. No 2005, viaxa á cidade de Huelva para actuar en dúas localidades da provincia: La Redondela e Isla Cristina, no ano 2006 realiza unha saida cultural a Madrid actuando na Catedral da Almudena e na Praza Maior.
No 2002 sae á luz a súa primeira gravación, coa colaboración da cantante mezzosoprano, María José Ladra, onde se recollen pezas musicais das dúas bandas (Infantil e Xove Banda). No ano 2005 gravouse un segundo CD en colaboración coa Deputación da Coruña: “Inquedanzas”, onde se recollen pezas do folklore galego, combinadas coa música máis moderna, feita para banda de música.
No 2008, acadou o día 22 de novembro, o 3º premio no II Certame Galego de bandas de Música, na sección Segunda, realizado no auditorio de Galicia en Santiago de Compostela, pola Federación Galega de Bandas de Musica Populares de Galicia.

É director da Xove Banda de Narón: Francisco San Ramón Calvo.



8 comentarios:

Iván Fernández Coba dixo...

A min paréceme estupenda a iniciativa e so cambiaría unha cousa... pero que tampouco é que esté mal, é cuestión de gustos:

onde pon: "É director da Xove Banda de Narón: Francisco San Ramón Calvo."
eu poría: "Dirixe a Xove Banda de Narón..."

pero xa digo... non está mal...

En relación a este asunto do director eu observei que noutras bandas poñen os directores que tiveron ao longo da súa historia...(nós tivemos varios como todas as bandas: Narciso, Urbano, Gonzalo, Miguel...) pero vamos, tampoco é necesario poñelo... non sei que opinades por ahí.

Tamén, aínda que isto é para un futuro, se o concello vos cede un oco no Pazo da Cultura para a sede de Sementeira/XBN... podiades nese caso facer mención a que: "A A.C.M. Sementeira, e polo tanto a XOVE BANDA DE NARÓN ten a súa sede no Pazo da Cultura..." ou algo polo estilo... pero claro... pero diso aínda non sabemos nada... así que ahí queda a suxerencia para o futuro (esperemos que o poidamos poñer, porque significará que nos deixan o Pazo da Cultura como sede...jejeje)

O resto do currículo está moi ben (isto tamén, pero xa que nos dades a oportunidade de falar... pois había que dicir algo...jejeje).

Un saúdo a toda a comunidade XBN.

gabriel dixo...

un apunte. non é con respecto ao curriculum en sí, pero ten algo que ver penso.

nos programas dos concertos aos que vamos, sempre lle aparece un apelido de máis a paco. Quitádello que penso que xa lle chega co do pai e o da nai jajaja.

Pianista Demente dixo...

Sé que puede levantar ampollas, pero sí que estoy de acuerdo con incluir a la tirada de directores que hubo. Incluido Brotóns. El currículum no es un artículo periodístico en lo que se omite lo que no es conveniente (o no debería serlo). Tampoco es necesario poner todo el drama relacionado con el hecho de que ya no está, pero sólo teniendo en cuenta el tiempo que estuvo trabajando aquí se merece que esté dentro del currículum. Pero creo que no sólo él, sino el resto de directores (que yo no conozco pero según me contaron no todos acabaron con final feliz) deben figurar en el currículum. No nos vamos a poner a alabarlos ni a tirarles tomates, pero estar, creo que deberían estar.
Esto es sólo una opinión, por supuesto.

Anónimo dixo...

Holaaaaaaaa! yo digo lo de los directores :) apoyo que se pongan todos, porque aunqe no estén ahora fueron en su momento uno de los puntos claves de la banda.

Como Iñigo bien dice, lo mío también es una opinión.

Pianista Demente dixo...

Cristinitaa! yo no soy Íñigo! soy un anónimo que tiene un seudónimo para pasar desapercibidillo, Madame!

Anónimo dixo...

Como pone en el curriculum de la banda de Agolada:
Participou en festivais de música en Tomar (Portugal)
Lo que quiero decir es que en ese festival en concreto tambien participo la Banda de Narón y es anterior a todo lo que se cita en nuestro curriculum, ¿si ellos lo ponen, porque nosotros no?
No se el año pero se busca...

Iván Fernández Coba dixo...

ah! claro, agora que se menciona o de "anterior a todo lo que..." e que este é o currículo de sementeira, se vos fixades. Pero se podía facer un esforzo para recopilar información dende que se fundou a banda e facer unha visión global. Dado q a banda non xorde no ano 1993, como o currículo ben di, pero non di o que pasou antes.

Anónimo dixo...

Hola!!!!
Bueno, efectivamente a banda actuo en Portugal, e o fixo xa no seo de Sementeira, polo que se debería poñer.
Polo resto o curriculo esta bastante ben, e na miña opinión, non se debería facer demasiado "extenso", ou no seu caso, facer unha versión longa e outra reducida, xa que se é demasiado longo, corremos o risco de que moita xente nin o lea, mentres que se está reducido, todo o mundo invertira un minuto do seu tempo en miralo.
De todas formas, pareceme moi boa a iniciativa de pedir opinión ós membros.

Arquivo do blog