venres, 26 de febreiro de 2010

MAÑÁ NON HAI ENSAIO POR TEMPORAL

O aviso na web do concello:

PECHE DAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS E CULTURAIS NA XORNADA DO SÁBADO
Os pavillóns polideportivos, auditorio e centros de maiores permanecerán pechados a causa do temporal.

Narón, 26 de Febreiro de 2010.- O Concello de Narón pechará mañá sábado tódalas instalacións municipais (pavillóns polideportivos, auditorios, e centros de atención á terceira idade) ante a chegada dun ciclón e a Alerta Vermella decretada ante esta circunstancia pola dirección xeral de emerxencias e interior da Xunta de Galicia. Quedan así suspendidas tódalas competicións deportivas, e o espectáculo teatral “Infinita” de Familie Flöz, previsto para as 20:30 horas no Pazo da Cultura. Tamén anúlanse as actividades municipais dos centros de atención ás persoas maiores das Vivendas da Mariña e de Vossa, e incluso a Festa do Cocido organizada pola Asociación de Veciños de A Gándara.

O Alcalde, Jose Manuel Blanco, fixo un chamamento á cidadanía para que se extreme a precaución e se eviten os desprazamentos durante a xornada do sábado. Ante o paso deste ciclón, recoméndase non utilizar os vehículos e saír do domicilio só en caso de necesidade, sobre todo a partir das 15:00 horas que é cando se prevé que a tormenta se recrudezca.

O Concello mantén en funcionamento un operativo especial de emerxencias, formado por membros da Policía Local de Narón, de Protección Civil e servizos externos, para atender calqueira incidencia que poidese xurdir. No caso de precisar axuda, pódese chamar ós seguintes teléfonos:

Policía Local: 981 38 17 00
Protección Civil: 981 39 00 00
Emerxencias de Galicia: 112

sábado, 13 de febreiro de 2010

Día libre!

Paco, o noso Paco, dixo no ensaio de hoxe que non hai ensaio o sábado que vén. Polo tanto, vémonos dentro de dúas semanas!

venres, 5 de febreiro de 2010

Gravacións do III Certame

Na páxina da federación xa están preparadiñas para ser descargadas as gravacións en MP3 do último certame de Santiago (e para os que non as teñan, o do II tamén) . As nosas e a dos nosos compañeiros (aínda que non estou seguro de que estean todas).
Tedes o enlace xusto aquí, teredes que buscar polas páxinas a gravación que queirades:

Gravacións - Páxina I

Unha aperta

Arquivo do blog