luns, 14 de decembro de 2015

Concerto de fin de ano


Sábado, 26 de decembro de 2015
ás 19:30 horas
no Pazo da Cultura de Narón

martes, 8 de decembro de 2015

Audicións do primeiro trimestre

Os vindeiros días 16, 17 e 18 de decembro levaranse a cabo as primeiras audicións dos alumnos e alumnas da escola de música da Asociación cultural e musical "Sementeira", estades convidados a comprobar os primeiros froitos do traballo dos nosos nenos e nenas.



- Mércores 16, ás 19:15 horas: Oboe, Trompeta e Violonchelo
- Xoves 17, ás 16:00 horas: Trompa, Fagot, Trombón e Percusión
- Venres 18, ás 17:00 horas: Clarinete e Saxo; e ás 18:30 horas: Frauta

sábado, 19 de setembro de 2015

Fin de semana de concertos

O sábado 26 de setembro, se o tempo o permite, a Xove Banda de Narón actuará na Praza Nova da Gándara, será nun novo concerto de "Música na rúa" que terá lugar ás 12:30 horas. O ensaio será á hora habitual (11), pero haberá que traer o traxe para achegarnos a pé dende o pazo ata a praza.

O domingo 27 de setembro, a Xove Banda de Narón actuará no local social da Picota, no Couto, dentro do tradicional ciclo de "Tempo de Música". Os músicos estamos convocados no local social da Picota ás 17:30 horas. Non hai bus. Prégase a maior asistencia e puntualidade (o concerto comeza ás 18 horas e hai que montar, afinar, etc)


sábado, 12 de setembro de 2015

Matrícula para o curso 2015-2016 na escola de música da A.C.M. Sementeira de Narón

 
O prazo de matrícula da escola de música abrirase do 14 de setembo ao 2 de outubro, ámbolos dous inclusive.
As matrículas poderán formalizarse nas oficinas da Asociación Cultural e Musical Sementeira, sitas no 2º andar do pazo da cultura:

  • De luns a venres: de 11 a 13 horas e de 17 a 19 horas.
  • Sábados: de 11 a 13 horas.


Para máis información poden chamar ao teléfono 699 458 267 ou contactar con bandasementeira@hotmail.com

Ofertarase a matricula nas seguintes materias:

  • Música e movemento (5 anos): matrícula 68 € + 10 €/mes
  • Iniciación á linguaxe musical (6 e 7 anos): matrícula 68 € + 10 €/mes
  • Linguaxe Musical (a partires dos 8 anos e adultos) dende 1º a 6º curso: matrícula 68 € + 10 €/mes
  • Instrumento (frauta traveseira, oboe, requinto e clarinete, saxofón, fagote, trompeta e fliscorno, trompa, trombón, bombardino e tuba, violonchelo, contrabaixo e percusión): matrícula 68 € + 10 €/mes

 
O curso consta de oito mensualidades de outubro a maio, ámbalas dúas incluídas.
A cuota de socio é obrigatorio e son 25 € anuais.


O sábado 3 de outubro será a reunión para repartir os horarios de instrumento, ás 11:45 horas no 2º andar do Pazo da Cultura. Celebrado o sorteo ante tódolos asistentes ao pasado ensaio da XBN (5 de setembro) resultou elexida a letra B, polo tanto, a elección de horarios de cada instrumento farase a partir de aqueles matriculados cuxo primeiro apelido comece pola citada letra, e continuando en orde alfabética.

venres, 4 de setembro de 2015

Comezamos

Mañá comezamos a nova tempada de ensaios e concertos logo deste parón vacacional durante o mes de agosto. OLLO, os ensaios continuarán sendo aínda no AUDITORIO da Praza de Galicia ata a vindeira semana, porque teremos concerto alí, e xa despois faremos a mudanza de volta ao pazo.

Os máis madrugadores serán os rapaces e rapazas da bandita, que ensaiarán como é habitual de 9 a 10:30 da mañá. Logo dun descansiño, ás 11 será o turno dos maiores. 

O vindeiro sábado 12 de setembro, a Xove Banda de Narón fará unha actuación na Praza de Galicia, ampliaremos a información sobre o horario máis adiante cando a teñamos confirmada.

sábado, 1 de agosto de 2015

Vacacións

Esto foi todo, amigos, despois destes últimos dous meses nos que a escola de música e a bandita celebraron o festival de fin de curso (5 de xuño), e logo nestas últimas semanas as saídas a Cariño (16 de xullo) e Ortigueira (28 de xullo), esta tempada chega ao seu fin.
 
Desexamos un bo descanso a todo o mundo e que carguedes moito as pilas, porque...
 voltaremos o sábado 5 de setembro
ao AUDITORIO cunha manchea de novos proxectos que non vos deixarán indiferentes. Gozade do que resta de verán e estade antentos en setembro! Ao ataque!


Churrascada XBN 2015. Créditos da foto: Comodoro, gran representante e mellor persoa.
 

venres, 22 de maio de 2015

Festival de Bandas de Solfa, en Vidán - Compostela

Mañá, sábado 23 de maio, a Xove Banda de Narón desprazarase ata a parroquia compostelá de Vidán, onde participará no I Festival de Bandas de Música Popular que se enmarca nas festas do San Mauro de Vidán (Santiago de Compostela) e organizado pola Asociación Cultural e Musical Solfa das Fontiñas.
Actuarán ademáis da XBN as bandas de Lousame e a propia banda de Solfa. AQUÍ podedes consultar o programa do festival.

O autobús sairá do Pazo da Cultura de Narón ás 16 horas da tarde. Rógase a maior asistencia e puntualidade.

venres, 1 de maio de 2015

Vídeos da Xove Banda de Narón na Semana Santa de Ferrol

Luns Santo: Procesión de Cristo Rei e a Virxe da Amargura
1:50 - Cristo de la Defensión 
14:20 - fragmento de Cristo de la Lanzada e continúa en 15:23 co trío de Jerusalen de ao lonxe.

Ao principio aparecemos tocando Caridad del Guadalquivir.

Mércores Santo: Procesión da Penitencia

Primeira aparición ao lonxe con Mater Mea no minuto 7:00. En 9:43 comezamos Jerusalen. 11:52, Mater Mea en Amboage.

Venres Santo: Procesión de Nosa Señora das Dores - Santo Encontro


Aínda que saímos en imaxe uns segundos antes mentres continúa soando a Banda Municipal de Cedeira, a nosa primeira intervención coincide coa saída da virxe da igrexa de Dores, no minuto 7:30, o vídeo capta os últimos sons do himno de España e continúan soando de fondo os compañeiros de Cedeira. No 8:38 comeza Mater Mea. No 10:22 pasamos á Saeta.
Despois disto prosigue o vídeo na praza onde se van desenrolando os diferentes encontros, ata o 14:34 que volve a virxe a ser protagonista, e soa Caridad del Guadalquivir. 
Logo de producirse o encontro, reorganízase a procesión de volta a Amboage, A partires do 25:15 saímos da praza con Cristo de la Defensión.
Por último este completísimo vídeo móstranos tamén a retirada dos catro tronos ao corralón de Dolores, no 34:05 chegamos nós á praza de Amboage con Jerusalen.

Saeta, na rúa Dolores.

Un vídeo publicado por @belopga el


Caridad del Guadalquivir, entrando na Praza de Armas.

O noso máis sincero agradecemento ao youtuber inaxete, sen os seus videos sería imposible facer este resumo do noso paso pola semana santa ferrolá.

martes, 21 de abril de 2015

Vídeos do VIII Certame galego de bandas de música

Dende hoxe, a Federación Galega de Bandas de música populares pon a disposión na súa canle en youtube os vídeos do VIII Certame Galego de bandas de música, celebrado o 16 de novembro de 2014 no auditorio de Galicia de Santiago de Compostela.
Estos son os da participación da Xove Banda de Narón na sección 2ª, coa que acadamos o 3º premio.

En primeiro lugar, o pasodobre Narón, Terra de Trasancos de Miguel Brotóns Pérez. O pasodobre non puntúa pero é unha boa carta de presentación.

En segundo lugar, a obra obrigada gañadora do concurso de composición da FGBMP, Aires do Norte de Jaime Ismael Enguídanos Royo. 

E por último a obra que escollemos como obra libre, Solemnitas de Franco Cesarini. 

luns, 6 de abril de 2015

XII Encontro de Bandas de Música de Narón

DOMINGO, 19 de abril de 2015
17 horas
Pazo da Cultura de Narón

Entrada: 2 €

As entradas poderán retirarse no despacho de billetes do Pazo da Cultura a partir do 6 de abril, en horario de 10:30 a 14:00 e de 18:00 a 20:30 de luns a venres, e os sábados de 10 a 13 e de 17 a 20.

Participarán as seguintes bandas:

xoves, 2 de abril de 2015

A Xove Banda de Narón no ciclo "Música no Camiño" - 2015

A XBN preparándose para actuar na anterior edición de "Música no Camiño"
A Xove Banda de Narón volverá a participar na edición deste ano do ciclo "Música no Camiño" desenvolto pola dirección de Turismo da Xunta de Galicia, o Xacobeo e a Federación Galega de Bandas de Música.


A banda interpretará un programa de música galega na praza da Inmaculada (diante da porta de acibechería da catedral compostelá) sobre as 13 horas do mediodía (ao remate da misa do peregrino) como agasallo aos turistas e a quenes finalizaron o camiño de Santiago. Se o tempo non o permite, o concerto terá lugar a cuberto, dentro do Mosteiro de San Martiño Pinario. 

Nesta ocasión a cita cae máis cedo, e o concerto celebrarase o vindeiro domingo 26 de abril.

mércores, 25 de marzo de 2015

Repertorio para a Semana Santa 2015

Última semana para repasar as marchas que formarán parte do noso repertorio durante os desfiles procesionais desta Semana Santa -e do resto da tempada. Axustade os vosos atriles de man e revisade ben as partituras porque o vindeiro sábado teremos o último ensaio para poñer todo a punto. 

Ás marchas que tiñamos dos anos anteriores imos a sumar varias novidades, quedando o repertorio da seguinte maneira:

sábado, 14 de marzo de 2015

A Xove Banda de Narón na Semana Santa de Ferrol - 2015

Quedan 15 días para o comezo da Semana Santa. Este ano afianzamos a nosa presenza nos desfiles procesionais da veciña cidade departamental, participando en tres procesións da Confradía das Dores.

Cartel da Semana Santa Ferrolá 2015



  • Luns, 30 de marzo.



Procesión de Cristo Rei e a Virxe da Amargura: Saída ás 22 horas da Praza de Amboaxe. Percorrido polas rúas do centro acompañando ao trono de Cristo Rei.
Os músicos estamos convocados ás 21:30 na Praza de Amboaxe.

  • Mércores, 1 de abril.


Procesión da Penitencia: Saída ás 22 horas da Praza de Amboaxe. Percorrido polas rúas do centro acompañando á imaxe do Cristo Xacente.
Ao igual que o día anterior, os músicos estamos convocados ás 21:30 horas.


  • Venres, 3 de abril.


Procesión de Nosa Señora das Dores - Santo Encontro: Saída ás 12:00 horas da Praza de Amboaxe, rumbo á Praza de Armas onde terá lugar o encontro, logo regreso a Amboaxe. Acompañaremos ao trono da Virxe das Dores.
Os músicos estamos convocados ás 11:30 na Praza de Amboaxe.

venres, 13 de marzo de 2015

San Xosé en Pedroso

Hai varias datas nas que tódolos anos temos concerto, unhas citas tradicionais que nos unen co pasado da nosa banda: o concerto de fin de ano, o concerto do Couto e este concerto de Pedroso. Os anos pasan e aparecen e desaparecen certames, festivais, encontros, festas, procesións... pero estes tres concertos sempre estiveron e polo de agora seguirán estando na nosa axenda. 

O vindeiro domingo 22 de marzo, estaremos no local da Asociación Cultural e Recreativa "A Pombiña" de Pedroso para festexar o San Xosé e agasallar aos veciños cunha selección de pezas festivas. O concerto comezará ás 18 horas do serán, haberá un autobús para os músicos dende o Pazo da Cultura ás 17:15 horas.

Local da A.C.R. "A Pombiña" de Pedroso (Narón)


xoves, 19 de febreiro de 2015

A Xove Banda de Narón no programa "Aquí Galicia" da TVG

Se cadra aínda vos lembrades da nosa actuación no programa LUAR


...pois, sorpresa! Acábannos de avisar de que a Televisión de Galicia se puxo en contacto connosco para que abramos o programa "Aquí Galicia" que se vai a emitir en directo este vindeiro sábado (pasado mañá) dende a Praza de Galicia de Narón.

Volveremos a interpretar o pasodobre Reloucar, do mestre Ricardo Dorado Janeiro, aínda que nesta ocasión non acudirá a banda ao completo senón unha -numerosa- representación, pois o escenario será pequeno.

Para os que vaiades -ou veñades- a vernos, o programa comeza ás 16:30 horas da tarde. Os músicos da Xove Banda de Narón deberemos estar alí ás 15.45 horas para preparar todo, pois somos os primeiros en actuar para abrir o programa.

Lembrade, este sábado temos unha cita coa televisión de Galicia.

Arquivo do blog