sábado, 19 de novembro de 2011

Ensaio Xeral ás 21.45 en Juanito

Xa oistes. Temos que estar alí TODOS a esa hora. Non hai máis que dicir. Un saúdo.

domingo, 13 de novembro de 2011

O couto... e... CEA CEA CEA!!!

Boas! Temos concerto en O Couto, tal e como nos relataba a pizarra, hoxe. O concerto empeza ás 18.00 (se non estou equivocado) pero temos que estar alí ás 17.15.

Onte na reunión falouse de os horarios de ensaio e da asistencia aos concertos. Cando non poidades ir a un concerto hai que falar con Paco ou chamar á directiva para evitar que haxa e temos que intentar estar na aula de ensaios tódolos sábados ás 11 da mañá*.

E... que temos cea o sábado. Uhhhhhhhhh!!!!! cea, cea, cea! É onde o ano pasado, en casa Juanito, a medio camiño entre Alcampo e Odeón.

Uhhhhh!!! Para ámbolos dous eventos rógase a máxima asistencia e puntualidade e, por suposto, elegancia e gañas de pasalo ben. Faltaría máis.

*Nota: son Íñigo, e ese parágrafo é un mero resumo a (moi) grandes rasgos do que se falou onte. Se queredes información en máis detalle non os fiedes completamente de iso e preguntade por ahí aos que foron, que non son poucos. Ah, e perdón por todas as faltas de ortografía e similares que poidades encontrar.

Un saudiño.