mércores, 25 de marzo de 2015

Repertorio para a Semana Santa 2015

Última semana para repasar as marchas que formarán parte do noso repertorio durante os desfiles procesionais desta Semana Santa -e do resto da tempada. Axustade os vosos atriles de man e revisade ben as partituras porque o vindeiro sábado teremos o último ensaio para poñer todo a punto. 

Ás marchas que tiñamos dos anos anteriores imos a sumar varias novidades, quedando o repertorio da seguinte maneira:

sábado, 14 de marzo de 2015

A Xove Banda de Narón na Semana Santa de Ferrol - 2015

Quedan 15 días para o comezo da Semana Santa. Este ano afianzamos a nosa presenza nos desfiles procesionais da veciña cidade departamental, participando en tres procesións da Confradía das Dores.

Cartel da Semana Santa Ferrolá 2015



  • Luns, 30 de marzo.



Procesión de Cristo Rei e a Virxe da Amargura: Saída ás 22 horas da Praza de Amboaxe. Percorrido polas rúas do centro acompañando ao trono de Cristo Rei.
Os músicos estamos convocados ás 21:30 na Praza de Amboaxe.

  • Mércores, 1 de abril.


Procesión da Penitencia: Saída ás 22 horas da Praza de Amboaxe. Percorrido polas rúas do centro acompañando á imaxe do Cristo Xacente.
Ao igual que o día anterior, os músicos estamos convocados ás 21:30 horas.


  • Venres, 3 de abril.


Procesión de Nosa Señora das Dores - Santo Encontro: Saída ás 12:00 horas da Praza de Amboaxe, rumbo á Praza de Armas onde terá lugar o encontro, logo regreso a Amboaxe. Acompañaremos ao trono da Virxe das Dores.
Os músicos estamos convocados ás 11:30 na Praza de Amboaxe.

venres, 13 de marzo de 2015

San Xosé en Pedroso

Hai varias datas nas que tódolos anos temos concerto, unhas citas tradicionais que nos unen co pasado da nosa banda: o concerto de fin de ano, o concerto do Couto e este concerto de Pedroso. Os anos pasan e aparecen e desaparecen certames, festivais, encontros, festas, procesións... pero estes tres concertos sempre estiveron e polo de agora seguirán estando na nosa axenda. 

O vindeiro domingo 22 de marzo, estaremos no local da Asociación Cultural e Recreativa "A Pombiña" de Pedroso para festexar o San Xosé e agasallar aos veciños cunha selección de pezas festivas. O concerto comezará ás 18 horas do serán, haberá un autobús para os músicos dende o Pazo da Cultura ás 17:15 horas.

Local da A.C.R. "A Pombiña" de Pedroso (Narón)