domingo, 28 de setembro de 2008

Cambio de hora no ensaio do sábado


O afamado director da nosa xove Banda, Francisco San Ramón Calvo, alias Paco ou 'guapo' cando sae a recoller diversos galardóns; anunciou hoxe domingo en exclusiva (non moi exclusiva, pero dicimos isto para que sexa lido por máis xente) que o ensaio do próximo sábado día 4 de outubro será ás 10.00 da mañá (adiantándose media hora do horario habitual)

Tamén expresou a súa satisfacción polo concerto de hoxe e quere dedicar un saúdo a todos e en especial aos colaboradores do blog, que son moi listos e moi guapos e moi traballadores e moitas cousas máis e tamén darlle a benvida ao novo peinado de Mario...

Recordade, ensaio o sábado ás dez da mañá (Básicamente ese é o resumo de todo o anterior)

sábado, 27 de setembro de 2008

Domingo 28: Festival de Bandas de Brion


Atención, membros da XBN. Hai que poñer toda a carne no asador, mañá temos que demostrar para que serven os exercicios de empaste e afinación...

Saida do Bus: 15:30


A directiva roga a maior asistencia e puntualidade posíbeis.

Programa previsto:
  • Sabas (Sanz-Expert)
  • El Camino Real (Alfred Reed)
  • Ireland: Leyend and Lore (Robert W. Smith)

Se piden bis, tocaremos Second Waltz (Dimitri Shostakovich).

xoves, 25 de setembro de 2008

Ensaio da Xove Banda de Narón no auditorio o próximo sábado ás 9.30 para afinar.

O ensaio está previsto que remate ao redor das 12

agradeceríase a maxíma participación e puntualidade


dios que pro quedó xDDD

ala

sábado, 20 de setembro de 2008

DOMINGO 21: Concerto na Festa dos Callos, en Xubia

Saída do auditorio en Bus: 12:15 horas
Os que o desexen poden estar alí ás 12:45 horas.

Tocarase:
- Tercio de Quites
- Agárrate Saxo
- Vals de Shostakovich
- Chimo
- Chocolate
- De Marín a Cortegada
- A Julio Bertolo
- Amparito Roca
e máis exitos...

xoves, 18 de setembro de 2008

VENTS DEL GARBÍ (Winds of the Garbí)- Josep Miquel Martínez Giménez

Dispóñome a publicar aquí as miñas impresións sobre esta magnífica obra para banda. Espero poder expoñer todo o que sei sobre a mesma para compartir esta información e para rellenar espazo no blog.
A versión escolleita para a ocasión data do 4 de decembro de 2005, gravada no Palau da Música de Valencia. Interpreta a Unió Cultural Musical d'Estivella. Dirixe o mestre Josep Miquel Martínez Giménez.
Este concerto é celebrado tan só 2 meses despois da estrea da obra, en outubro de 2005, no marco das celebracións do 25 aniversario da Banda de Estivella, á que está adicada a obra con este motivo.
O Garbí é un pico emblemático da Serra Calderona, no concello de Estivella. Outro lugar citado na obra, tamén de Estivella, é Barraix ("La font de Barraix" solo de pícolo e corno...).
Situémonos, Fa maior.
A obra comeza cun murmullo das madeiras (Moderato Solemne) que simulan o vento, que da nome a obra e introduce o tema principal no compas 17(Allegro Moderato, "Vents del Garbí"). Alternancia de dous temas un máis ritmico e outro máis lírico. Esta expléndida exposición remata no compás 62 modulando a Re bemol maior. A partir de aí nos espera un impresionante solo de timbais sobre fondo de cortina (Andante 62-72).
A anacrusa do 73 (clarinete e trompeta) serve de ponte para modular a Sol bemol maior. Entramos en "L'estiba de Murbiter". Fermoso fragmento do solo de trompeta. Reexposición no compás 85 por parte da banda.
No compás 95, de socato, aparece un impresionante duo de trombón e timbais. (La Reconquesta 1248). No compás 102, agarrádevos forte, que chega o mellor. Agárdannos os 22 compases (Andante) do Solo de Soprano. No 124 (Poco Piú), cambio a Fa sostido menor, reexpón o clarinete a dúo co soprano, en forma de canon (seguro que hai un termo máis apropiado para iso, botádeme unha man os que tedes análise, a ser posíbel, non ao pescozo...). Remata esta parte a frauta.
141, Allegro Moderato "El castell de Biselcam". Si bemol menor. Comeza a marcha mora. O tema pasa por toda a banda, mesturándose con variacións dos solos anteriores. Modulación a Fa menor no 167.
No compás 193 (Adagio), cambiamos a Re bemol maior. Solo de Piccolo, "La Font del Barraix". Creo que con esta música de fondo, poderíamos perfectamente imaxinar unha fonte en primvera con paxariños... paxariños que non tocan moi forte, eh bernabé?? non, mo tomes a mal, que é de coña. E acto seguido, o fermoso solo de corno, despois a duo co saxo. Esta é a miña parte favorita da obra, que no compás 222 é reexposta por toda a banda en Si bemol maior. No 230 o tema entremézclase co tema principal da obra (trompetas). A todo isto, estamos nun paraíso idílico...
QUE SE QUEIMA (manda carallo!). No compas 237 empeza unha das partes interesantes para aqueles que gosten da música contemporánea. "L'incendi del Garbí". O timbal antecede e serve de fondo a unhas disonacias que non presaxian nada bo. E claro, no "compás" (e que aquí non hai) 243 comeza a arder o monte (impresionante, con papeis de periódico e papeis de burbullas). Altérnanse as entradas de picolo-clarinete baixo, trompeta e bombardino. Gardade ben na vosa mente o tema da trompeta, que o recataremos logo.
251. Adagio. "La Santa Creu del Garbí". Momento máis emotivo da obra (repito é o meu criterio, só é válido para min). Os timbais, o piano e a tuba serven de fondo para un emotivo e conmovedor solo de trompa que nos transporta á desgraza do monte queimado, desolado. Non queda nada, solo o lamento da trompa.
Unha nota ao unísono da madeira da paso ao fragmento en Re Maior titulado "Sant Deu, Sant Fort, Sant Inmortal". Un fabuloso dúo de piano e lira introduce o coral da trompas do 289, acompañado de máis percusion de fondo (cortina e marimba). E isto alcanza o climax cando o tema das trompas é reexposto no 295 tras un golpe de timbal por un coro formado polos membros da banda. Tras isto, no 300, o título xa nos di o que atoparemos ("Vents del Garbí"). Sí reexposición.
321. "Gloria a Estivella". A reexposición continua pero recompilando o máximo de temas da obra. Ademáis do principal, as trompetas levan o que levaba aquel trompeta do incendio (impresionante). No 346, algúns levan o tema do solo de corno, e o baixo da marcha mora que está no timbal. No 351 dáse unha mestura do tema principal variado, o do corno, os clarinetes co tema variado do solo de soprano-clarinete e o timbal que segue co baixo da marcha mora (impresionante).
E claro, todo iso desemboca nun final apoteósico, donde dous pulsos en silenzo preceden un TA-TA-TA-CHÁN.
Seguro que esquecín cousas, pero é que esta obra é moi longa. Anímovos a que nos contedes as vosas impresións sobor desta magnífica obra, eu disfrutei moitísimo escoitándoa para escribir isto.

mércores, 17 de setembro de 2008

Cada vez somos mas los registrados




Hola a todos pues yo soy Iago ( fagot ) y me acabo de hacer la cuenta en blogger y os animo a todo a participar en el blog de la banda que poco a poco se irá llenando con fotos videos y demas... gracias

Atención usuarios de Blogger (ou posuidores dunha conta Google)

Para participar no blog da banda, igual que o estou a facer eu, so nos tedes que indicar a vosa dirección de e-mail para vos enviar a invitación. Unha vez que aceptedes, pasaredes a formar parte da equipa de persoas que poden publicar neste blog.
Se non queredes ou non sabedes facer unha conta Blogger ou Google podedes usar xovebandadenaron@gmail.com, cun contrasinal que vos desvelará Íñigo... Eu persoalmente anímovos a que fagades unha conta google, que vos facilita o acceso a youtube. Bueno, pero iso xa é decisión vosa.
Se pasades a formar parte dos que publicamos neste blog, o voso nome aparecerá firmando as entradas.

ANIMÁDEVOS, VALE A PENA!!!!

martes, 16 de setembro de 2008

Mozas en bikini e outras fotos censurables

Benvidos, ollos lascivos e perversos curiosos, pero lamento dicirvos que non podo darvos máis que a benvida, xa que non encontraredes aquí ese tipo de fotos que o título promociona. Non é máis que un reclamo para acaparar máis visitas.
As únicas fotos censurables que poderemos encontrar pola web é algunha de membros aleatorios da banda, nos seus respectivos fotologs ou páxinas similares, e non as imos poñer aquí porque non temos nin permisos, nin fotos demasiado morbosas, nin cartos para pagar avogados por posibles demandas de acoso e outras cousiñas de esas (recordemos que un alto porcentaxe é menor de idade), e entre os maiores de idade por ahí debemos ter a Íñigo Barbadillo facendo algunha paisada e pouco máis.
Aquí teredes a posibilidade de encontrar obras que tocamos nós interpretadas por outras organizacións que, existe a posibilidade de que toquen mellor que nós (cousa que dubido) ou que sexan máis modestos (cousa que tamén dubido) pero que, indubidablemente, non se poden permitir o ter unha sección de atractivas mozas en bikini.

Espero que a lista vaia enchéndose.
Abba Gold:


Music For a Festival:


Vents Del Garbí:
(1)


(2)


(3)


(4)


(5)


Anda, mira, subiunos todos Iván...
Grazassssssss

luns, 15 de setembro de 2008

Benvidos

Creamos entre uns voluntarios unha páxina web da banda (máis bien un blog) para que podades ver cando son os próximos ensaios e concertos no calendario, acceder a fotos e outros elementos similares, os cales espero que vaian aparecendo segundo pasa o tempo. A xente de a banda que queira publicar algo creo que vai ter que facelo dende o correo electrónico de Gmail; xovebandadenaron@gmail.com e se necesitades o contrasinal só o tedes que solicitar a esta dirección coa vosa identificación e volo daremos (a identificación non ten que ser moi exaustiva, pero é para evitar que caia en mans descoñecidas...)
Polo demais, imos intentar colgar algúns elementos interactivos e supersónicos a ver qué proveito lle pode ser sacado a estes blogs... Un saúdo a todos, e estades invitados a comentar. Esperamos que entre todos poidamos manter actualizada a páxina.
Un saúdo.

P.D.: Incorporamos uns vídeos de youtube para deleite dos espectadores que conseguiran chegar ata aquí:

Grazas a Iván:


Grazas a Sara:


Saúdos

Arquivo do blog