martes, 28 de abril de 2009

Cuca Manyo (Josep Miquel Martínez) - Xove Banda de Narón

Sábado, 25 de abril de 2009, a Xove Banda de Narón inicia a súa participación como anfitriona no VI Encontro de Bandas de Narón, celebrado no Pazo da Cultura, co pasodobre do noso amigo Josep, "Cuca Manyo".
Nesta edición do video, "remasterizada" contamos co video de gabriel (que tamén circula por youtube) mais o audio que se divulgará cando esté completamente editado...

venres, 24 de abril de 2009

Ensaio mañá, ás nove.

Pouco máis hai que dicir. Mañá, sábado, hai ensaio ás 9:00 da mañá no Pazo da Cultura de Narón.

O seguinte ensaio será dentro de dúas semanas, que Paco váisenos de viaxe na ponte para voltar máis relaxado e atracativo.

Prégase a maior asistencia en puntualidade, coma sempre.

Diversos saúdos.

luns, 20 de abril de 2009

Sábado 25 de abril: VI Encontro de Bandas de Música de Narón

O vindeiro sábado celebrarase como cada ano o encontro de bandas, organizado pola A.C.M. "Sementeira" de Narón.
Participarán as seguintes bandas:

Banda Municipal de Música de Viveiro

Banda de música municipal de Agolada

e como non a anfitriona,
a Xove Banda de Narón.


A partir das 19:00 horas
no Pazo da Cultura de Narón
A entrada é gratuíta.

domingo, 19 de abril de 2009

Curso de Clarinete: VENANCIO RIUS

A foto corresponde á ultima vez que Venancio estivo en Ferrol, en abril de 2003.
Venancio Rius

CMUS "Xan Viaño" de Ferrol

8, 9, 10 de maio de 2009 en sesións de mañá e tarde os tres días.
Inscripción ata o luns 4 de maio, inclusive.

Matrícula:
- Alumnos do conservatorio de Ferrol: 60 €
- Alumnos : 80 €
- Oíntes : 30 €

Prazas limitadas, aceptaranse por orde de inscripción.

sábado, 18 de abril de 2009

AVISO IMPORTANTE - Domingo 19 Abril

Ensayo extraordinario convocado para mañana (Domingo 19 de Abril) en el Cmus Xan Viaño de Ferrol a las 11:00 de la mañana.

Se ruega máxima asistencia y puntualidad.

PD: Avisad a todos los que podais. Gracias

domingo, 12 de abril de 2009

...

Dos verónicas, Leire y la bandera de la XBN... que fotaza!!!

Vera Creu (Josep Miquel Martinez) - XBN

Deixovos a vós que comentedes.

sábado, 11 de abril de 2009

Aviso + guadalquivir

O vindeiro sábado 18 de abril é o último sábado antes do VI festival de bandas de música de Narón. A XBN ensaiará ás 10 da mañá, rógase como sempre máxima asistencia e puntualidade.
E agora que está rematando a Semana Santa 2009, que para a XBN rematou onte, deixovos cun dos éxitos deste ano, interpretado, como non, pola mellor banda do mundo... e parte dos outros.

xoves, 9 de abril de 2009

Cambio na programación de Semana Santa

O plan é o mesmo, o único é que o venres temos que estar na Igrexa de Dolores á noite tamén, e non na Igrexa de San Julián, como estaba previsto. Imos ir alí primeiro para recoller os instrumentos que estean no almacén da Cofradía.

O asunto, entón:

- Hoxe, Xoves día 9, ás 22:30 na Igrexa de Dolores

- Mañá, Venres día 10, ás 11:00 na Igrexa de Dolores
- Mañá, Venres día 10, ás 23:00 na Igrexa de Dolores

Sabendo o asunto da puntualidade é posíbel que as horas sexan cambiadas.
Un saúdo cordial.

luns, 6 de abril de 2009

PROGRAMACION SEMANA SANTA XBN

- Mércores, dia 8
Temos que estar ás 21:00 horas na igrexa de Dolores, na Praza de Amboaxe.

- Xoves, dia 9
Ás 22:30 na igrexa de Dolores

- Venres, dia 10
Pola mañá, as 11:00 h ha igrexa de Dolores
Pola noite, ás 23:00 h na igrexa de San Julián

Rógase maior asistencia e puntualidade

A Xunta Directiva

Arquivo do blog