sábado, 29 de outubro de 2011

Damas e cabaleiros, guapos e guapas, temos un comunicado da directiva para asistir a unha reunión o sábado ás 11 da mañá. Adxunto o texto textualmente:

A Xunta Directiva da Asociación Cultural Musical Sementeira convoca a todos os membros da Xove Banda a unha reunión o vindeiro sábado día 12 de Novembro ás 11h co seguinte orde do día:
- Dispoñibilidade dos membros da Xove Banda para facer un proxecto no curso 2011-2012 de cara á participación en certames
- Asistencia ás actuacións e ensaios así como compromiso por parte de todos
- Rogos e preguntas

Sen outro particualr, despídese atentamente: A Xunta Directiva. Narón, 29 de Outubro de 2011.


Ben, pois aquí está o que nos deron no ensaio de hoxe, para quen non puidera vir.

Vou marcar a reunión no calendario. Unha aperta, señores.