Banda Infantil "Sementeira" de Narón
Pequena Agrupación bandística composta polos alumnos e alumnas pertencentes á escola de música da A.C.M. "Sementeira" de Narón. É o primeiro escalón musical polo que deben pasar os alumnos da escola antes de se integrar na Xove Banda de Narón. A banda infantil trata de espertar o interese dos nenos pola música en conxunto, por iso os programas que interpretan son especialmente deseñados con temas musicais coñecidos e agradábeis de tocar en grupo.
Xorde no outono de 1995 froito da inquedanza que ten esta asociación cultural de ofrecer aos seus alumnos uha maior calidade na súa formación músico-instrumental. Así, con este proxecto, os alumnos e alumnas que adquiren un certo nivel elemental nas escolas teñen a posibilidade de facer música en conxunto, e desta forma experimentar por sí mesmos o pracer de comunicar e comunicarse dentro dun discurso musical educativo cos seus propios compañeiros de estudo.
Por todo iso, cremos que esta actividade educativa é vital e fundamental para a formación musical dos nosos educandos. Non esquezamos que a Música, na súa esencia, é pura comunicación de sentimentos e pensamentos sonoros.
Nunha primeira etapa foi dirixida polo titular da Xove Banda de Narón, Francisco San Ramón Calvo. Na actualidade afronta unha nova etapa baixo a batuta do mestre Eusebio López Egea.

Así eramos fai uns anos... |
Así sonou a "bandita" a primeira vez que pisou o Pazo da Cultura, durante o festival de fin de curso do ano 2009.
Alegría Agostense (Juan M. Molina)
Mood Romantic (Johann Nijs)
Pavane in Blue (Kon. Harm. v. Heer)
Caracol Mifasol (Ferrer Ferrán)
Pavane in Blue (Kon. Harm. v. Heer)
Caracol Mifasol (Ferrer Ferrán)