sábado, 4 de decembro de 2010

¡O día máis importante do ano!

Xa temos día asegurado do concerto de Fin de Ano da banda, o día de tocar, aplausos, festa, reencontros cos compañeiros (Iván, Ary, Clara, Iago... se queredes enviamos un email cos papeis se non queredes vir tocar á caída, que iso non está pero que nada ben -jejejeje), todo cheo de diversas coníferas cheas de bolas e luces e estreliñas de cores, os músicos máis mellores e os máis mellores músicos, os directores máis desmelenados, o día sen gravatas (pero con paxariña)...


O día é o 29 de Decembro (Mércores). Cando teñamos a fecha pasaremos a publicalo no calendario.

¡Unha aperta!