sábado, 31 de outubro de 2009

Atencion, cambios de hora e lugar nos ensaios

Esta semana, por diversas razóns, os ensaios quedan da seguinte maneira:

BANDITA: Esta semana NON hai ensaio

XOVE BANDA DE NARÓN: O venres ás 21:00 no CMUS "Xan Viaño" de Ferrol e o sábado POLA TARDE dende as 16:00 "hasta que nos echen, unas cuatro horitas" (lit. Francisco San Ramón).

Por outra banda, o noso director segue facendo fincapé na importancia dos propios ensaios (en cantidade e calidade) e da asistencia aos mesmos, queda un mes e non podemos perder tempo de ensaio. Tamén é moi importante que anotemos nas nosas axendas (mentais, físicas ou virtuais) que o vindeiro día 22 de novembro imos ter todo o día ocupado, está planeado un ensaio matutino, seguido dunha comida XBN previa ao concerto coa Banda de Oleiros que será pola tarde.

Sen máis, vémonos o venres no ensaio ;-)

xoves, 29 de outubro de 2009

Só queda un mes ;)

III Certame Galego de Bandas de Música
Xove Banda de Narón
Sección 1ª
Obra obrigada: Irmandiños - J. Fdez. Guzman


Pasodobre:
Lagartijilla - J. Martín
Obra libre:
Armenian Dances, Part I e Part II (1º e 3º movs.) - Alfred Reed

Veña, un último esforzo, que xa queda pouco...

venres, 23 de outubro de 2009

Ensaio o domingo

Hoxe, no ensaio nocturno, Paco dixo se é boa idea quedar cos de Oleiros o sábado 14 de Novembro. Pero falouse con eles e temos concerto coa Banda de Oleiros en Narón, no Pazo o día 22 de Novembro. E tamén dixo "Gracias a todos los que venís, y a los que no, que Dios les ilumine la cabeza y que vengan lo más posible, ¡que no tenemos tiempo!". Desafortunadamente, temos imaxes (abaixo, á dereita) que poden demostrar que Deus está máis ocupado na cachola do percusionista para que aprenda a levar o tempo polo que temos que pedir dende aquí que veña todo o mundo ós ensaios.

Pero o máis importante é que o domingo pola mañá hai ensaio. O máis importante é que a percusión e os metais vaian, pero que vaia a madeira e todo o que sexa capaz de tocar un instrumento musical.

sábado, 17 de outubro de 2009

Concerto do Domingo e outros asuntos

Boas tardes. Temos certas novas de certa relevancia. A máis importante, que mañá, Domingo, non hay concerto en Valdoviño. Quedou anulado. Outra é que o próximo venres 23 de Outubro discutirase acerca de facer un posible ensaio xeral (e completo, coa axuda dos reforzos e todo) o seguinte 25 de Outubro.
Por último, Vero comentou esta mañá que a Banda de Oleiros ía tocar na sección segunda e suxeriuse facer un concerto (parecido a un encontro) xuntos para ir toucando algo antes de ir ao certame.
Paco insiste en que asistan todos os que poidan este mes (e algo) que queda antes do certame.
Un saudo.

sábado, 3 de outubro de 2009

Actuación o sábado

Damas, Cabaleiros, Paco. O vindeiro sábado 10 de Outubro temos actuación no Seixo, Mugardos. A saída é do Pazo da Cultura ás 18.45 pero os músicos que desexen estar alí directamente deben chegar ás 19:15. Esperamos que veñan todos os músicos que poidan. A directiva dixo que se pensa volver sobre as 10 da noite. De forma estimada, por suposto.

Por outra parte, o noso xefe sobre os xefes, Pac, convócanos a todos no Conservatorio o próximo día 9 ás 21:00 para outro ensaio nocturno. Un saúdo