martes, 26 de xuño de 2012

Viaxe da ACM Sementeira - 2012 - SALOU

   
Coma todos os anos, cumprimos coa tradición da viaxe de verán da A.C.M. Sementeira. A continuación tedes toda a información que nos proporcionou a directiva.

Data: do 22 ao 27/07/12
Destino: SALOU

Día 22-23: SALOU
Saída de Narón as 22.00 con destino a Salou. Noite en ruta con breves paradas. Chegada a Salou, xantar e resto do día libre.

Día 24: BARCELONA
Almorzo e traslado a Barcelona. Recollida do guía e visita panorámica da cidade (medio día). Almorzo. Tarde libre. Regreso ó hotel, cea e aloxamento.

Día 25: PORT-AVENTURA
Chegada pola maña ao parque de Port Aventura (entrada e xantar incluidos). Á hora sinalada traslado ao hotel. Chegada, cea e aloxamento.

Día 26: SALOU
Día libre en Salou en réxime de pensión completa. Posibilidade de visita a Barcelona para actuación.

Día 27: SALOU-NARÓN
Almorzo e saída a Narón. Xantar. Chegada e... FIN DA VIAXE!

Prezo por persoa: 180€
Este importe podrase pagar en 3 prazos
Teléfono de contacto: 699 45 82 67

A ver si este sábado nos podedes confirmar asistencia...Graciñas!

venres, 22 de xuño de 2012

II Obradoiro de Verán

O REI LEÓN
O Campamento musical

Asociación Cultural e Musical "Sementeira" de Narón

Información do curso:

- Data e lugar do obradoiro:
Do 9 ao 13 e do 16 ao 20 de xullo no Auditorio Municipal de Narón (Praza de Galicia).

- Horarios:
As actividades desenrolaranse polas mañás, de 10:00 a 13:30 horas.
- Prezo do obradoiro:
  • Socios da ACM "Sementeira: 35€ por inscripción
  • Non socios: 55 € por inscripción

- Lugar de inscripción:
A. C. M. Sementeira de Narón
Pazo da Cultura
Rúa Holanda s/n, 2º andar

- Contacto coa A.C.M. Sementeira:

- Obradoiros:
  • Creación de decorados e sombras.
  • Creación de instrumentos e vestiarios.
  • Educación vocal, rítmica e de expresión corporal.
  • Xogos musicaiis.
  • ...


Entregar o boletín de inscripción na oficina da ACM "Sementeira" de Narón, os sábados de 10:00 a 12:00 horas, xunto co resgardo do ingreso bancario no número de conta:
NOVAGALICIABANCO
2080 - 0235 - 93 - 3040000997

ORGANIZA:

Asociación Cultural Musical "Sementeira" - Xove Banda de Narón

COLABORAN:
Padroado da Cultura - Concello de Narón

Concello de Narón