sábado, 11 de outubro de 2008

Domingo 12 de outubro (mañá): Actuación en Anca (Neda)

* Esta é a citada capela...

Recopilo aqui toda a información que posúo. Primeiro cito textualmente o mítico papel que nos pasa tan amablemente a directiva:


CONCERTO EN ANCA (12-10-2008)
O vindeiro Domingo 12 de Outubro a Xove Banda participará nun concerto en ANCA. Sairá o autobús do auditorio ás 11,00. Os que vaian pola súa conta teñen que estar en Anca ás 12, na capela dos Remedios

O regreso será despois de xantar.

Rogamos a maior asistencia.
A Xunta Directiva
[selo da A.C.M. Sementeira]


Agora recompilemos datos doutras fontes non menos autorizadas:
- Paco:
Procesion e un concerto no que se toca o mesmo que hoxe, ou sexa:
* Sabas
* Irlanda
* Piratas do Caribe
* I do it for you (esta non creo que a toquemos...)
* Fantasia en Do
A isto engadiriamos probablemente Mar i bel e The Second Waltz.


Ningún comentario:

Arquivo do blog