venres, 23 de setembro de 2011

PRAZO MATRÍCULA. CURSO 2011-2012

Especialidades ofertadas:
- Curso de iniciación á música (para nen@s de 5 e 6 anos)
- Solfexo de 1º a 6º curso (para nen@s a partir dos 7 anos e tamén para Adultos)
- Instrumentos (saxo, trompeta, fliscornio, trompa, trombón, bombardino, tuba, clarinete, requinto, oboe, fagot, frauta traveseira, violonchelo, contrabaixo e percusión).

A asociación conta con instrumentos de vento para que se inicien os alumnos e o seu préstamo é gratuito.
PRAZO DE MATRÍCULA para as Escolas de Música. Curso 2011-12

Días 22, 23, 24 e 26 de setembro de 11 a 13 horas.

Días 27, 28, 29 e 30 de setembro de 17 a 19 horas.

Lugar.- Pazo da Cultura C/ Rúa Holanda S/N 2º andar

Nova tempada

Coincidindo co inicio da nova tempada fixemoslle un lavado de cara ao noso blogue. Xunto co pequeno cambio de estilo, que mantén gran parte da esencia do orixinal, se suman as novas páxinas nas que aparecen agora o curriculum da banda (que antes non  aparecía), e tamén páxinas adicadas tanto a xuntar diverso material antes desperdigado polo blogue (fotos e videos, calendario, etc...)
Na páxina "Zona XBN" podedes atopar o habitual calendario coas nosas actividades, tamén o noso facebook, a tv da XBN e outros servizos que conxestionaban o blogue...
Esperamos que os cambios sexan do voso agrado, e axuden a conseguir un blogue mellor.