mércores, 25 de febreiro de 2009

Fantasía en Do (David Fiuza), Xove Banda de Narón

Audios do certame

Moi atentamente, a Federación Galega de Bandas de Música Populares colgou unha serie de audios na sección "Comunidade". Entre eles están os dos Dous certames galegos e outros. Unha das caracteristicas interesantes e que se poden descargar.
Aqui van os links de descarga*


Os audios están en formato mp3... a calidade da gravación é moi boa... impresionante, un aplauso para a federación.

(*ideal usalos co Internet Explorer, a min co Firefox non me deixa abrilos, pero co explorer mos descarga sen problemas)

luns, 23 de febreiro de 2009

AVISO PARA TODA LA MADERA QUE UTILICE CAÑAS


ya esta todo dicho en la imagen, tomad nota jajajajaja.

sábado, 14 de febreiro de 2009

XBNovas...(14/2/08)

Un repaso pola actualidade da XBN...se máis...o que deu de si este ensaio...


Sentíndoo moito, non podemos ir a Kerkrade... seria un puntazo ir ao World Music Contest... pero esta importante cita musical se celebra cada 4 anos... sendo este 2009 un deles... o cal quere dicir que a vindeira edición (a 17ª) será no 2013... Teremos que ir pensando en ir a Valencia, que pode traer problemas de organización, porque se celebra no primeiro fin de semana de xullo... e pode haber xente que teña exames o venres ou xoves anterior, e incluso na semana seguinte...o cal pode traer complicacións... Teremos que meditar todo eso moito non?

:::

A min ocurreuseme unha posible solución para o conflicto xerado pola posibilidade dunha viaxe a Roma... Porque non buscamos un certame en Italia? Italia é un país cunha grande tradición bandística, como os Paises Baixos ou España. Polo tanto non é desatinado pensar que Italia tamén terá o seu equivalente ao Certame de Valencia, é dicir un gran certame de prestixio internacional. Por informarse e sopesar esa posibilidade de cara ao ano que vén non perdemos nada, e así matariamos dous paxaros dun tiro: ir de viaxe a Italia e ir a un gran certame.

:::

Hoxe pedíronme que fixese publicidade:

CALZADOS MARA
ofrece un
15% de desconto
a membros da Banda Infantil Sementeira,
da Xove Banda de Narón
e da directiva da A.C.M. Sementeira en todo tipo de artigos.


:::

Esperemos que me lembre cada sábado de poñer algo... Un saúdo a todos.

venres, 13 de febreiro de 2009

Volta ao Pazo

Mañá, sábado 14 de febreiro comezan de novo os ensaios como viña sendo habitualmente:
9:00 horas >>> Banda Infantil Sementeira
10:30 horas >>> Xove Banda de Narón.
Vémonos TODOS na Sala de ensaios do Pazo da Cultura.

mércores, 4 de febreiro de 2009

ESTE SÁBADO > ENSAIO

Este vindeiro sábado día 7 a Banda Infantil Sementeira NON TEN ENSAIO.
Pero a Xove Banda de Narón SI, ás 10:30 horas na aula de orquestra do CMUS "Xan Viaño" de Ferrol.

Vémonos TODOS alí.

Un saúdo.

Arquivo do blog