Currículum

XOVE BANDA DE NARÓN

A “Asociación Cultural Musical Sementeira”, asume no ano 1993 a responsabilidade de rexer os destinos da Banda e a titularidade das escolas de música, nas que reciben formación máis dun centener de rapazas e rapaces.
A simbiose Escolas de Música-Banda, confírenlle a esta Asociación un carácter referencial a nivel provincial, tanto no que se refire á formación musical non regrada, como a consecución dunha agrupación bandística estable, como é a XOVE BANDA DE NARÓN, reflexo máis emblemático da intensa labor de formación que ven desenvolvendo esta Asociación, na que conviven e compleméntanse de forma harmoniosa ambas actividades.
A XOVE BANDA DE NARÓN, nútrese de músicos procedentes das propias escolas, previo paso pola BANDA INFANTIL, na que os alumnos aprenden a facer música de conxunto, experimentando desta forma o pracer de comunicar e comunicarse a través dun discurso musical-educativo compartido cos seus propios compañeiros de estudo.
Durante estos anos, a XOVE BANDA, levou a cabo unha intensa actividade divulgativa da súa música, realizando concertos en multitude de pobos, vilas e cidades de Galicia.
No ano 1999 participa no Certame Nacional de Bandas de Música da Cidade de Murcia. Tamén realizou intercambios con bandas doutros lugares da xeografía española: Castellón, Madrid, Asturias…
No ano 2002, participou nun proxecto de intercambio Europeo na cidade de Rótterdam (Holanda). No 2003, tiveron unha actuación no Centro Galego de Salamanca e outra no Centro Galego de Sta, Cruz de Tenerife. No ano 2004, realiza unha saída cultural a Barcelona, actuando no Centro Galego “Saudade” da cidade condal. No 2005, viaxa á cidade de Huelva para actuar en dúas localidades da provincia: La Redondela e Isla Cristina, no ano 2006 realiza unha saida cultural a Madrid actuando na Catedral da Almudena e na Praza Maior.
No 2002 sae á luz a súa primeira gravación, coa colaboración da cantante mezzosoprano, María José Ladra, onde se recollen pezas musicais das dúas bandas (Infantil e Xove Banda). No ano 2005 gravouse un segundo CD en colaboración coa Deputación da Coruña: “Inquedanzas”, onde se recollen pezas do folklore galego, combinadas coa música máis moderna, feita para banda de música.
No 2008, acadou o día 22 de novembro, o 3º premio no II Certame Galego de bandas de Música, na sección Segunda, realizado no auditorio de Galicia en Santiago de Compostela, pola Federación Galega de Bandas de Musica Populares de Galicia.

É director da Xove Banda de Narón: Francisco San Ramón Calvo.