sábado, 27 de xuño de 2009

ÚLTIMAS NOTICIAS

VENRES DÍA 3 DE XULLO
Actuación no Pazo Libunca ás 21:00 h.
O autobus sairá do Pazo da Cultura ás 19:30 h.
SÁBADO DÍA 4 DE XULLO
Actuacion en Neda. Festival da canción mariñeira ás 20:00 h
Sae o autobus do Pazo ás 19:00 h
DOMINGO 5 DE XULLO
Actuación en Piñeiros ás 11:45 h. Temos que estar la igrexa de Piñeiros ás 11:30 h
Neste caso non haberá autobus.
(Se houbese algún cambio no horario será comunicado o Sábado)

venres, 26 de xuño de 2009

Xa están as Bases do III Certame Galego de Bandas de Música Populares

PRIMEIRA.— O III Certame Galego de Bandas de Música terá lugar os días 27, 28 e 29 de novembro de 2008 na Sala “Ánxel Brage” do Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela.

Poderán participar no III Certame Galego de Bandas de Música as bandas de música federadas de Galicia que o desexen. Os cadros de persoal e instrumentos das bandas serán os que figuren nos censos da Federación Galega de Bandas de Música Populares.

Formarase un Comité Organizador que será o órgano de goberno, administración e coordinación de todos os aspectos do certame e estará formado por membros da directiva da Federación Galega de Bandas de Música Populares de Galicia.

SEGUNDA.— Limítase o número de bandas de música participantes e o seu número de músicos, segundo as distintas categorías a:

  • Sección especial: 3 bandas participantes de 81 a 100 músicos
  • Sección primeira: 6 bandas participantes de 61 a 80 músicos
  • Sección segunda: 6 bandas participantes de 46 a 60 músicos
  • Sección terceira: 6 bandas participantes ata 45 músicos

Nesta clasificación de seccións inclúese a posible colaboración en cada banda de música de cinco instrumentistas alleos para cada sección. Ningún músico estará autorizado para actuar en dúas bandas de música inscritas na mesma sección.

TERCEIRA.— Para que unha sección poida ser constituída será necesaria a concorrencia á mesma dun mínimo de dúas bandas. No caso de que só haxa unha banda inscrita nunha sección, dentro do prazo previsto nas bases, instarase a esta banda a participar na sección anterior ou posterior de ser o caso.

CUARTA.— O prazo de inscrición comezará ás 9,00 h. do día 26 de xuño e finalizará ás 15,00h. do día 17 de xullo de 2009.

As solicitudes conforme ao modelo anexo a estas bases, deberanse presentar persoalmente na sede da federación en horario de luns a venres de 10,00 a 13,00h. Tamén poderán ser remitidas por correo certificado ou correo electrónico, sempre que quede constancia da súa recepción e se confirme inmediatamente por Fax, co fin de evitar os prexuízos que polo retraso na recepción puideran producirse.

A relación das bandas preinscritas será publicada na páxina Web da federación www.fgbmp.org antes do 20 de xullo de 2009.

QUINTA.— Rematado o prazo de preinscrición, realizarase un sorteo público ante o presidente do Comité Organizador ou persoa en quen delegue, para establecer as bandas seleccionadas, así como a orde da súa actuación. Será obrigatorio a asistencia dun representante de cada banda que participe no certame.

O sorteo realizarase o día 22 de xullo ás 20,00 h. na sala circular do Auditorio de Galiza. En dito sorteo escolleranse dúas bandas que quedarán en reserva, e que terán unha praza garantida na mesma sección na que se inscriben no Certame seguinte.

Tras o acto do sorteo e nese mesmo día, facilitarase aos representantes de cada unha das bandas seleccionadas a seguinte documentación:

  • Un exemplar da obra obrigada.
  • Listado dos músicos que a agrupación ten dados de alta na Federación.
  • Listado dos instrumentos que aporta a organización (obra obrigada).
  • Horarios para o desenvolvemento do Certame.
  • Normas de funcionamento.

SEXTA.- Antes do día 13 de agosto de 2009, as bandas seleccionadas entregarán a seguinte documentación:

  • Seis copias da partitura da obra de libre elección.
  • Un exemplar da partitura ou guión do pasodobre de presentación.
  • Os 5 reforzos comunicaranse antes do día 31 de outubro.
  • Fotografía recente da banda e do director, en soporte informático, formato JPG.
  • Breve historial da banda e curriculum do director, en soporte informático, máximo 2400 caracteres cada un, formato: word 98, XP.

A non presentación da documentación no prazo sinalado significará a renuncia da banda de música a participar no Certame, coa correspondente sanción establecida na base sexta.

O feito de concorrer a este Certame comporta a cesión á comisión Organizadora dos dereitos de imaxe e son, así como a documentación presentada conforme a estas bases.

SÉPTIMA.- Previo ao concurso, interpretarase o pasodobre de presentación. Xa en concurso, cada banda de música interpretará unha obra obrigada, proposta polo Comité Organizador, e unha obra de libre elección. As bandas de música interpretarán en primeiro lugar a obra obrigada e a continuación a obra de libre elección.

A Organización non se fai responsable das xestións legais que lles poidan afectar ás bandas de música polo uso das partituras das obras de libre elección.

A duración das obras de libre elección e os tempos totais de desviación que se lle permite a cada agrupación serán os seguintes:

SecciónDuraciónDesviación

Especial

20 min.

± 5 min.

Primeira

20 min.

± 5 min.

Segunda

15 min.

± 5 min.

Terceira

10 min.

± 5 min.

O Xurado penalizará con 0,50 puntos por cada minuto que exceda o tempo límite establecido.

O escenario e as instalacións sobre as que se desenvolva o certame serán os mesmos para todas as bandas de música participantes nunha mesma sección. A dita instalación será competencia exclusiva do Comité Organizador e non se poderán introducir modificacións que non efectúe este comité. Será obrigatorio, para todas as bandas, o uso dos instrumentos de percusión que o Comité Organizador poña no escenario.

Se algunha destas bandas finalmente designadas para participar non o fixera, quedará inhabilitada para intervir no Certame durante dous anos consecutivos, sen prexuízo da indemnización de danos e prexuízos, que se estiman na contía mínima de 3.000 €, salvo concorrencia de forza maior.

OITAVA.— As bandas de música terán dereito a percibir en concepto de participación, as seguintes cantidades:

  • Sección especial: 3.600 €
  • Sección primeira: 3.000 €
  • Sección segunda: 2.400 €
  • Sección terceira: 1.800 €

NOVENA.— Dentro de cada sección concederase un primeiro, un segundo e un terceiro premio, dotados economicamente ás bandas que alcancen a maior puntuación e ás restantes Diplomas de Participación.

DÉCIMA.— O xurado estará composto por cinco personalidades do mundo da música que actuarán como vogais, un presidente/a, proposto pola Consellaría de Cultura e Deporte que será unha persoa de recoñecido prestixio no ámbito musical, un secretario/a, con voz, pero sen voto.

Cada membro con dereito a voto poderá concederlle de 0 a 10 puntos sen fraccións a cada banda de música participante no certame por cada un dos seguintes aspectos: afinación, sonoridade (dinámica, planos sonoros, equilibrios harmónicos, etc.), interpretación e técnica, tanto na obra obrigada coma na de libre elección. A suma delas determinará os premios correspondentes.

As puntuacións maior e menor que os membros do xurado lle outorguen a cada unha das obras interpretadas, sempre que exista unha diferenza superior a tres puntos respecto á media, quedarán excluídas do cómputo total e serán substituídas pola media das tres restantes, sendo a puntuación total a resultante das sumas das parciais de cada unha das obras interpretadas.

A decisión do xurado darase a coñecer unha vez rematadas as actuacións de todas as bandas de música de cada sección, mediante unha acta que, asinada polos membros do devandito xurado, pasará a coñecemento do Comité Organizador para a súa difusión pública.

DÉCIMO PRIMEIRA.— A Consellaría de Cultura e Turismo, de acordo co criterio do xurado, concederalles ás bandas de música que obteñan a máxima puntuación os seguintes premios:


1º Premio2º Premio3º Premio

Sección especial

3.000 €

2.000 €

1.000 €

Sección primeira

2.500 €

1.600 €

900 €

Sección segunda

2.000 €

1.400 €

600 €

Sección terceira

1.500 €

1.000 €

500 €

A Consellería de Cultura e Turismo establece para cada sección un premio a interpretación dunha obra de libre elección de autoría ou temática galega, que segundo o criterio do xurado mereza tal recoñecemento. Este premio estará dotado con:

SecciónContía

Especial

1.200 €

Primeira

1.000 €

Segunda

800 €

Terceira

600 €

A Federación Galega de Bandas de Música Populares concederá un premio ás Bandas de Música que acaden o 4º posto en cada sección. Este premio estará dotado con:

SecciónContía

Especial

600 €

Primeira

500 €

Segunda

400 €

Terceira

300 €

DÉCIMO SEGUNDA.— As bandas de música inscritas interpretarán como obras obrigadas as seguintes:

Sección especial: O soño de Breogán de Juán Durán.

Sección primeira: Irmandiños de Juán Fernández Guzmán.

Sección segunda: A Revolta Irmandiña de Raúl Martín Niñerola.

Sección terceira: Terra de Oestrimnios de Andrés Álvarez Hernández.

As partituras das obras obrigadas estarán a disposición das bandas interesadas para a súa consulta na sede da Federación Galega de Bandas Música Populares. Tamén poderán ser consultadas accedendo coas claves da banda á páxina web da federación, no apartado descargas.

DÉCIMO TERCEIRA.- O Comité Organizador adoptará as medidas necesarias para informar, comunicar, enviar e recibir o material das bandas de música participantes no certame.

DÉCIMO CUARTA.— Para o control dos membros das bandas de música establécense os seguintes puntos:

1. Constitúese unha Comisión de Control que estará formada por dous membros designados pola Federación Galega de Bandas de Música Populares e obrigatoriamente por un delegado observador, de cada unha das bandas participantes no Certame.

2. A Comisión de Control será a entidade competente para controlar e vixiar a composición das agrupacións participantes. Para estes efectos queda plenamente facultada para adoptar cantas medidas sexan oportunas para realizar a tarefa de investigación, vixilancia e control e requirir e solicitar a documentación que estime necesaria das bandas de música participantes, utilizando así mesmo calquera dato dos listados das agrupacións incluídos na Federación Galega de Bandas de Música Populares.

Poderá formularlle ao Comité Organizador as propostas que considere convenientes, nos supostos de infraccións, descualificacións... Aplicándolles a todas as agrupacións o Regulamento de cadros de persoal de bandas de música para os efectos de certames competitivos establecido pola Federación Galega de Bandas de Música Populares.

3. Cada banda de música deberá comparecer cos seus propios músicos, sen reforzarse ou completarse con intérpretes doutras agrupacións musicais, salvo os alleos expresamente permitidos nestas bases. O criterio básico de adscrición dun músico a unha banda de música é pertencer a esta de maneira real e efectiva. Para acreditalo deberá presentar o seu documento de identidade (DI).

4. Todas as bandas de música presentaranse no lugar da actuación, coa antelación suficiente, conforme os horarios que fixe o Comité Organizador. A banda de música que no momento da súa actuación non estea presente no lugar no que se desenvolva o certame quedará eliminada automaticamente.

DÉCIMO QUINTA.— O Comité Organizador tomará as medidas oportunas para asegurar o correcto desenvolvemento do certame. No caso de que algunha proba teña que ser aprazada ou interrompida por causa xustificada, o comité arbitrará as medidas oportunas para o seu posterior desenlace.

DÉCIMO SEXTA. O Comité Organizador aprobará as normas de funcionamento que serán de obrigatorio cumprimento e que se incluirán como anexo a estas bases.

O non cumprimento das normas do funcionamento do certame dará lugar a unha penalización de dous puntos.

DÉCIMO SÉPTIMA. A sede oficial do Comité Organizador do certame será a da Federación Galega de Bandas de Música Populares.

DÉCIMO OITAVA. Finalizado o certame, cada banda de música participante que o solicite poderá coñecer na Federación as actas do xurado cos resultados obtidos e os detalles dos votos emitidos con respecto á súa agrupación.

DÉCIMO NOVENA. Toda a información do certame poderá se consultada na páxina WEB da Federación Galega de Bandas de Música Populares.

DÉCIMO NOVENA A inscrición no Certame implica a completa aceptación das súas bases. As decisións tomadas polo Comité Organizador na execución e desenvolvemento das presentes bases e todas aquelas cuestións non previstas resolveranse, en cada caso, de maneira irrevogable polo propio comité.

sábado, 20 de xuño de 2009

Excursión a Lisboa

Bueno, ya lo siento, a estas alturas ya debe saber el plan todo el mundo, pero (gracias a los exámenes) se nos pasó publicarlo antes por aquí.

Día 25 de Julio (Estoril y Sintra)
A las 7:00 se sale de Narón con destino a la costa de Lisboa. Se llega al hotel a la hora de comer y tarde libre. A las 21:00 se actúa en el Centro Galego de Lisboa.

Día 26 de Julio (Estoril)
Desayuno y día libre en régimen de pensión completa

Día 27 de Julio (Cascais y Sintra)
Desayuno y traslado a la zona de Cabo Da Roca, Guincho, Boca do Inferno, y parada en Cascais. Comida en el hotel y por la tarde visita a Sintra.

Día 28 de Julio (Lisboa)
Visita panorámica medio día con guía. Comida en restaurante y tarde libre.

Día 29 de Julio (Estoril)
Día libre, en pensión completa

Día 30 de Julio (Viaje de vuelta)
Viaje de vuelta con parada en Coimbra con tiempo libre para visitar la ciudad. El viaje continúa hacia Aveiro (comida y tarde allí), y camino de vuelta. Se llega a Narón por la noche oscura.

Si van 65 personas, se estima precio de 150 euros.
Espero que ya lo sepáis, porque ahora es un poco tarde, pero el último día para apuntarse es el día 27.
Hay que llevar DNI, tarjeta sanitaria internacional, autorización para menores para salir del país (sólo menores), ganas de pasárselo bien, haced fotos, que no puedo ir, y recordadle a Paco que lleve la batuta de verano (si es que existe; si existe, espero que sea rosa y verde y con flores incorporadas).

No seáis malos y vigiladme a Paco, que últimamente se nos desmelena (sólo hay que ver esas fotos subidas de tono que subió).

Lamento haber colgado esto tan tarde. Un saludo

luns, 15 de xuño de 2009

Fin de curso Sementeira (Gravacións)

O pasado sábado o pazo encheuse coa música dos alumnos das nosas escolas de música. Os alumnos dos distintos intrumentos actuaron pola seguinte orde: violoncello, saxofón, frauta, clarinete, trompa, conxunto de metal (trompeta, trombón, bombardino e tuba), oboe e percusión.
Seguidamente tivo lugar a actuación do grupo "Pensando en Clarinete", as gravacións da súa actuación podedelas escoitar no seu blog.
Por último e como broche final, actuou a Banda Infantil Sementeira, que na última das obras contou coa inestimable colaboración do coro dos nenos de solfexo. Aqui tedes as gravacións correspondentes ao programa interpretado:
Alegría Agostense (Juan M. Molina)


Mood Romantic (Johann Nijs)


Pavane in Blue (Kon. Harm. v. Heer)


Caracol Mifasol (Ferrer Ferrán)

sábado, 13 de xuño de 2009

A Barqueira

Euhm... Buenas tardes. Mañana hay concierto en A Barqueira (que me han dicho que está cerca de Cerdido)
Hay que estar allí a las 12.45 (los que vayan directamente) o bien a las 12.15 en el misterioso lugar de los ensayos. Pasacalles, sesión vermú (http://es.wikipedia.org/wiki/Verm%C3%BA) comemos y volvemos.
Un saludo.

xoves, 11 de xuño de 2009

Novas...

La Voz de Galicia
Fecha de hoy: Jueves 11 de junio del 2009

música y teatro
Melodías en el Pazo y risas surrealistas en el Auditorio

| Concierto de Sementeira y estreno de Carrachanacacha



El menú cultural naronés de este fin de semana está formado por dos platos de gusto para los amantes de la música y el teatro. El primero de ellos lo servirán en bandeja los alumnos de las escuelas de música de la asociación Sementeira, que el sábado a media tarde ofrecerán un concierto en el Pazo da Cultura para demostrar lo que han aprendido a lo largo del curso.

Un poco más tarde, a las ocho, el grupo de teatro Carrachanacacha -nacido en el seno de la asociación Aturuxo de Melpómene- estrenará una obra de título peculiar. Se trata del montaje Comendo pementos de Padrón con Tarantino , una comedia «surrealista» escrita y dirigida por Leandro Lamas que habla sobre una joven que quiere ser cantante, su madre y su amante platónico, un pianista de lo más curioso.

Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.

mércores, 3 de xuño de 2009

Máis videos de Semana Santa, o venres

Apareceron hoxe estes videos!!

Venres pola mañá, na saída tocando "Pescador de Hombres" e tamén a volta tras a molleira con "Vera Creu" pola rúa Dolores.

Venres pola noite, tocando "Vera Creu" pola rúa Magdalena ás escuras e despois chegada a Amboaxe pola rúa Real con "Saeta" e "Caridad de Guadalquivir".

Videos por xentileza de cornetambor

Arquivo do blog