martes, 21 de abril de 2015

Vídeos do VIII Certame galego de bandas de música

Dende hoxe, a Federación Galega de Bandas de música populares pon a disposión na súa canle en youtube os vídeos do VIII Certame Galego de bandas de música, celebrado o 16 de novembro de 2014 no auditorio de Galicia de Santiago de Compostela.
Estos son os da participación da Xove Banda de Narón na sección 2ª, coa que acadamos o 3º premio.

En primeiro lugar, o pasodobre Narón, Terra de Trasancos de Miguel Brotóns Pérez. O pasodobre non puntúa pero é unha boa carta de presentación.

En segundo lugar, a obra obrigada gañadora do concurso de composición da FGBMP, Aires do Norte de Jaime Ismael Enguídanos Royo. 

E por último a obra que escollemos como obra libre, Solemnitas de Franco Cesarini. 

luns, 6 de abril de 2015

XII Encontro de Bandas de Música de Narón

DOMINGO, 19 de abril de 2015
17 horas
Pazo da Cultura de Narón

Entrada: 2 €

As entradas poderán retirarse no despacho de billetes do Pazo da Cultura a partir do 6 de abril, en horario de 10:30 a 14:00 e de 18:00 a 20:30 de luns a venres, e os sábados de 10 a 13 e de 17 a 20.

Participarán as seguintes bandas:

xoves, 2 de abril de 2015

A Xove Banda de Narón no ciclo "Música no Camiño" - 2015

A XBN preparándose para actuar na anterior edición de "Música no Camiño"
A Xove Banda de Narón volverá a participar na edición deste ano do ciclo "Música no Camiño" desenvolto pola dirección de Turismo da Xunta de Galicia, o Xacobeo e a Federación Galega de Bandas de Música.


A banda interpretará un programa de música galega na praza da Inmaculada (diante da porta de acibechería da catedral compostelá) sobre as 13 horas do mediodía (ao remate da misa do peregrino) como agasallo aos turistas e a quenes finalizaron o camiño de Santiago. Se o tempo non o permite, o concerto terá lugar a cuberto, dentro do Mosteiro de San Martiño Pinario. 

Nesta ocasión a cita cae máis cedo, e o concerto celebrarase o vindeiro domingo 26 de abril.