domingo, 29 de xullo de 2012

Pasarrúas en Ribeira

Como xa dixo Paco no autobús cando volvíamos de Arteixo, o vindeiro mércores día 1 de agosto pola mañá faremos un pasarrúas en RIBEIRA (A Coruña).
Sairá o bus do auditorio municipal de Narón (Praza de Galicia) ás 8:00 horas da mañá.
O repertorio estará formado polos pasodobres que xa tocamos en pasarrúas en anteriores ocasións (Cariño, etc)
Percorrido: Sáída ás 10.30 horas dende o Conservatorio Municipal de Música de Riveira, na rúa Miguel Rodríguez Bautista (frente á Comisaría da Policía Nacional), Rotonda Serea, Rosalía de Castro ata a Praza do Concello, Rúa Galicia e rematando cun pequeno concerto na porta principal da Residencia do Maior.
Voltaremos despois de comer alí. Se alguén non pode ir que avise a Paco coa maior brevidade posible, hai que saber canta xente vai ir.
Agradécese a vosa asistencia e puntualidade para a última actuación da tempada... que pecharemos o sábado co xantar en Pedroso.

martes, 24 de xullo de 2012

Eh, buenas tardes!

La directiva me ha comentado que si podía dar un par de detalles de la comida del sábado. Ahí vamos:

- Vamos a ir a comer en un área recreativa, nos llevan unos buses y tendremos carpa
- El lugar no está decidido, pero va a ser un área recreativa, o bien Pedroso o bien en Cobeluda en Neda. Ya nos dirán dónde es, ¡y hay que llevar bañador!
- Hay que avisar de quién va, y se puede hacer (y recomiendan hacerlo) el sábado, en el ensayo o en Arteixo.

Y poco más, según vayan teniendo detalles nos los irán contando. Eso es todo por ahora! Un saludo

A Directiva roga a maior asistencia en puntualidade. Saúdos e moitas grazas.

sábado, 21 de xullo de 2012

Vindeiras actuacións.

- Domingo 22 de xullo: MUGARDOS
  • Saída do bus: Auditorio Municipal (Pza. de Galicia) ás 11:00h
  • Estar na igrexa de Mugardos ás 11:45h
  • Procesión terrestre e marítima + Salve + Himno(s)?
  • Xantar á volta en Fene.
- Sábado 28 de xullo: ARTEIXO
  • Saída do bus: Auditorio Municipal (Praza de Galicia) ás 16:15h
  • Directamente en Arteixo ás 18:00h
  • Festival de Bandas
- Mércores 1 de agosto: RIBEIRA
  • (sin + información polo de agora)
- Sábado 4 de agosto: XANTAR DE FRATERNIDADE.
  • Haberá bus.
  • Área recreativa por determinar, probablemente en Pedroso.
  • Menú: Paella + Churrasco

Procesión do Carme en Mugardos.

Mañá, coma todos os anos, participaremos na festa do Carme na Real Vila de MUGARDOS. Sairá o bus do Auditorio (Praza de Galicia) ás 11:00 da mañá. Os que desexen ir directamente deberán estar na igrexa de Mugardos ás 11:45. Procesión terrestre e marítima, seguida do xantar á volta na area de servizo en Vilar do Colo (Fene), seguindo a tradición.
O repertorio será o mesmo que o que fixemos en Cariño a semana pasada, co engadido da Salve Mariñeira que se interpretará no porto, e o(s) himno(s), por determinar.

Agradecemos a vosa asistencia.

xoves, 12 de xullo de 2012

Actuación el Lunes en Cariño!!!!!!!!, con ocho exclamaciones de urgencia.

Chavales, aviso importante: Me llamó ayer Manolo, el presidente de la directiva diciéndome que en Cariño nos habían llamado para una actuación pero había problemas con el pago (en principio nadie asumía el pagarnos por ir).

El pago se aseguró esta mañana, con lo cual, tenemos actuación en cariño el Lunes 16 de Julio.

Saldríamos del auditorio a las 08:45 del auditorio en la Plaza de Galicia, entre todos se montan las cosas en el autobús y lo ideal sería llegar a las 10:00 a Cariño. Una vez allí el plan es un pasacalles, una procesión y un pequeño concierto de unos 20 minutos. Se come en Cariño y sale el bus según terminemos de comer. Supongo que llegaremos a media tarde.

Os pido disculpas por avisar tan de golpe y porrazo -y la Directiva también-; pero he avisado tan pronto como me lo comunicaron. Voy a enviar un email con este texto a los que os tenga fichados y a través del facebook. ¡Difundid la palabra, por favor!.

xoves, 5 de xullo de 2012

XV Festival da Canción Mariñeira - NEDA

O vindeiro sábado día 7 de xullo teremos a oportunidade de compartir, un ano máis, escenario cos nosos amigos da Rondalla "Lucero del Alba" no seu XV Festival da Canción Mariñeira.
Esta cita, como é costume se celebrará pola tarde no C.E.I.P. "San Isidro" da Vila de Neda e virá acompañada dunha degustación de mexillóns.
Haberá actuación da Rondalla "Lucero del Alba", a Xove Banda de Narón, e tamén unha actuación conxunta final (como de costume).

A continuación vos deixo uns videos que publicou o noso compañeiro Gabriel do festival de hai dous anos.






Arquivo do blog