xoves, 27 de setembro de 2012

Ola, meus reis.

Ola a todos outra vez.
Vexamos...
Ola! O día 29 temos encontro de bandas en Bandeira. Así que a información é a seguinte...

O día 29, sábado: Certame de Bandas en Bandeira.
Saímos ás 18:00 do Pazo da Cultura.
Empezaremos o certame ás 20:30, con dúas actuacións de uns 45 minutos, nós e mais o anfitrión Bandeira.
Logo o tradicional piscolabis e volta para Narón. Chegaremos tarde, pola medianoite.
Para máis información consultade ós xefes!
Un saúdiño. E a directica, como sempre, pide, per favore, a máxima asistencia e puntualidade.
Yeah!

xoves, 6 de setembro de 2012

Comunicado da Directiva!

Boas. Enviáronme un email dende a directiva porque hai un concerto que temos comprometido con Cáritas Narón: Ahí vai a mensaxe. Un saudiño a todos!

Dende a directiva de Sementeira lembrade:


O vindeiro sábado día 8 temos o compromiso de participar no I festival solidario organizado pola ONG Cáritas-Narón polo que pedimos toda a vosa colaboración para participar neste festival. Sería importante que acudísedes ao ensaio ese mesmo sábado para poder cumprir o mellor posíbel. 
O horario do festival: 
20:00 H no Pazo da Cultura.


Unha aperta.