venres, 14 de novembro de 2008

II Certame Galego de Bandas de Música Populares


Durante os vindeiros días 21, 22 e 23 de novembro terá lugar na sala Anxel Brague do Auditorio de Galicia o Certame Galego de Bandas de Música Populares.

Un gran evento musical no que se reunirán 16 agrupacións de toda Galiza divididas en tres seccións con repertorios que van dende os galegos David Fiuza ou Simón Couceiro ata internacionais como Johan de Meij ou Óscar Navarro.

Será a segunda edición deste certame que repartíu na súa primeira edición case 20000€ en premios entre as bandas de música gañadoras e ó que se achegaron arredor e 3300 persoas para gozar da música das bandas populares.

Un enxalzamento da cultura galega como nunca tivera lugar, esperamos, se repita nesta edición.

Imaxe e texto da web da Federación Galega de Bandas de Música Populares.

2 comentarios:

Bernabé Simes dixo...
Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.
Anónimo dixo...

X B N !!!!!!!

Arquivo do blog