sábado, 31 de xullo de 2010

Vacacións!


Tras o último ensaio da tempada que tivemos hoxe, comezan as nosas vacacións, que durarán todo o mes de agosto.

PRÓXIMO ENSAIO: SÁBADO 4 DE SETEMBRO.

QUE TEÑADES UN BO VERÁN!

luns, 12 de xullo de 2010

AVISO PARA OS QUE VAN Á VIAXE!

Por petición do presi, falo en nome da directiva.
Era para pedirvos a todos os que ides a Bilbao, que vaiades pensando con quen queredes ir nas habitacions e esas cousas.
A dispoñibilidade que nos da o albergue é a seguinte:

4 habitacións ccuádruples
2 triples
12 dobres

Aínda que pensedes os grupos que queredes facer, ao final haberá que axustarse á esta dispoñibilidade, pero bueno, é para que vaiades tendo unha idea de como vai ser a cousa.

Podedes comunicalo á directiva nos ensaios, ou nas próximas saídas, PARA AS CALES É MOI MOI IMPORTANTE A ASISTENCIA DE TODOS!!! =)

Un saúdo a todos.

domingo, 11 de xullo de 2010

Próximas actuacións no mes de xullo

VENRES 16


Actuación en BASTAVALES (Brión). Sairemos do auditorio ás 9:30 horas.
Pasarrúas, procesión, concerto...
Voltaremos despois do xantar.


***

DOMINGO 18


Actuación en MUGARDOS. Sairemos do auditorio ás 11:15 horas.
Pasarrúas e procesión marítima.
Voltaremos despois de xantar.

venres, 9 de xullo de 2010

Videos de Neda

O noso compañeiro Gabriel comparte connosco estes videos da actuación do sábado pasado en Neda.











sábado, 3 de xullo de 2010

Actuacións en Neda e Cariño


O Sábado 3 de xullo (HOXE) teremos unha actuación en NEDA. O bus sairá do auditorio municipal ás 19:00 horas.
A xente que vaia pola súa conta deberá estar antes das 20:00 h no Colexio "San Isidro" de Neda.

O domingo, día 4 de xullo (MAÑÁ) a actuación será en CARIÑO.
Saída do bus do auditorio municipal de Narón ás 10:00 h.
Regreso despois de xantar.

Rógase a maior asistencia e puntualidade.