xoves, 23 de xullo de 2009

ACTUACIONS MES DE AGOSTO 2009

• Domingo 2 de Agosto as 12:00h a Xove Banda realizará un pequeno pasarruas, procesión e concerto en RIBADULLA (Santiso), Sairá o autobús do Pazo da Cultura as 10:00h.Regreso despois de xantar.

• Domingo 9 de Agosto as 11:00h a Xove Banda realizará un pequeno pasarruas, procesión e concerto en BUÑO (Malpica), Sairá o autobús do Pazo da Cultura as 09:00h.Regreso despois de xantar.


• Domingo 30 de Agosto as 13:00h a Xove Banda realizará un concerto na CAPELA, Sairá o autobús do Pazo da Cultura as 12:00h.Regreso despois de xantar.


Rogamos a maior asistencia e puntualidade.

A Xunta Directiva

IMPORTANTE: Cambio da hora de saída da excursión

Boas tardes. O bus que sae para Lisboa sairá ás 06:00 da mañá (non ás 07:00 como estaba previsto). Hai que estar alí á 05:30 para poder deixar as maletas con calma.
É importante que vaiades antes das 06:00
Avisade a todos os que poidades.
Un saúdo


Por outra parte (orientativamente, que non hai nada fixado), haberá ensaios ata o 10 de agosto, pero aínda están por confirmar as horas de ensaio. Ademais, habendo agora aulas pequenas cerca, faranse pequenos grupos para ensaiar por cordas.
Un saúdo

venres, 17 de xullo de 2009

Fotos do Festival de Boiro


"Esto es la banda de Narón, no una..."

"Platito, platito lindo..."

xoves, 16 de xullo de 2009

Concerto en Mugardos 19 - 07 - 2009

O vindeiro domingo 19 de xullo ás 12:00 h a Xove Banda de Narón comezará a súa actuación en Mugardos cun pequeno pasarrúas, procesión e un concerto.
Os integrantes da banda deberán estar:

- No Pazo da Cultura de Narón: sairá o bus ás 10:45 horas
- En Mugardos: ás 11:45 horas.

Regresarase despois de xantar alí, arredor das 18:00 horas.

Rogáse a maior asistencia e puntualidade.



O XOVES HAI ENSAIO ÁS 10:30. RÓGASE A MÁXIMA ASISTENCIA E PUNTUALIDADE. HAI QUE POÑERSE AS PILAS PARA O CERTAME.

La propuesta de Paco

xoves, 9 de xullo de 2009

AVISO: Ensaio extraordinario + IV Festival de Bandas de Boiro


O vindeiro SÁBADO, 11 de xullo.
Ás 10:30, rógase máxima puntualidade (de verdade), pois é conveniente acabar o antes posible, entre as 11:30 e as 12...
Será no CONSERVATORIO "Xan Viaño" de Ferrol.
Vémonos alí.


Pola tarde:
IV FESTIVAL DE BANDAS DE BOIRO
Sairá o bus do Pazo da Cultura ás 17:00 horas.
Hora prevista de regreso é arredor da 1:00 horas
Rógase, coma sempre, a maior asistencia e puntualidade.

Para escoitar atentamente...

Deixovos os links de obras que sería interesante escoitar para familiarizarse con elas... e meditar...

- Destructura Climática, de Rafael Taléns Pelló. Interpretación da Unión Musical Utielana, dirixida por Llorenç Mendoza. Obra obrigada o 37º CERTAME INTERNACIONAL DE BANDAS DE MÚSICA VILA D'ALTEA.

- Poema Polar, de Joan Enric canet i Todolí. Interpretación da Kanagawa University Symphonic Band (Japón), dirixida por Toshiro Ozawa. Obra obrigada o 37º CERTAME INTERNACIONAL DE BANDAS DE MÚSICA VILA D'ALTEA.

- Irmandiños, de Juan Fernández Guzmán. Interpretación da Banda Sinfónica da Federación Galega de Bandas de música populares, dirixida por Xosé Carlos Seráns. Obra obrigada da sección primeira do III Certame Galego de Bandas de música populares.

- Yakka, de Jose Rafael Pascual-Vilaplana. Interpretación da Banda Sinfónica do CONSUMPA (Conservatorio Superior de música do Principado de Asturias), dirixida polo propio Jose Rafael Pascual-Vilaplana.

Arquivo do blog