luns, 23 de maio de 2011

Gijón

Xullo: Viaxe a Gijón. Do 22 ao 25 de Xullo. E pouco máis podo dicir. Todos os que sepan algo son libres de dicilo, faltaría máis. Xa podedes apuntarvos na lista do Pazo ou poñéndoos en contacto coa Directiva.

Prégase a maior asistencia e puntualidade.

Bikinis, bañadores e ganas de disfrutar son toda a equipaxe obrigatoria.
Un saúdo!

martes, 17 de maio de 2011

Día das Letras Galegas


Xove Banda de Narón, 2002
Concerto de fin de ano. Auditorio municipal de Narón.
Canta a mezzosoprano María Xosé Ladra.
Dirixe: Miguel Brotóns Pérez.

NEGRA SOMBRA

Cando penso que te fuches,
negra sombra que me asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.

Cando maxino que es ida,
no mesmo sol te me amostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.

Si cantan, es ti que cantas,
si choran, es ti que choras,
i es o marmurio do río
i es a noite i es a aurora.

En todo estás e ti es todo,
pra min i en min mesma moras,
nin me abandonarás nunca,
sombra que sempre me asombras.

Follas Novas, 1880
Rosalía de Castro.
Música: Balada Galega de Xoán Montes Capón.

sábado, 14 de maio de 2011

Os chavales de Kelly

O próximo sábado van vir espectadores ao ensaio! Os cativos da clase de Kelly. E temos que dar unha imaxe disciplinada e sobria dos nosos ensaios... Mentira, mentira. Temos que facer un ensaio natural e sen dicir moitos tacos (non miramos a ningún pianista) para que vexan como vai o asunto. Paco di que vaian cantos podan e avisade por ahí por se alguén non liu isto... Un saúdo!

martes, 10 de maio de 2011


Fotos: Pablo Varela

Comezan a chegar aportacións ao noso e-mail (xovebandadenaron@gmail.com). Animádevos a compartir o voso material. Moitas grazas, Pablo.

luns, 9 de maio de 2011

Á espera de vídeos... bos son os audios











Estos son cortesía de Alejandra Medín, a quen lle agradecemos que os compartise con nós con tanta premura. Moitísimas grazas.

domingo, 8 de maio de 2011

Foto: Alicia Malde

sábado, 7 de maio de 2011

VIII Encontro de Bandas de Narón

Chegou o día, ás 8 do serán volveremos a abrir as portas a dúas bandas amigas coas que compartiremos a nosa música. As elexidas este ano son a Banda de Música de Sober (Lugo) e a Banda de Música da Agrupación Musical Atlántida de Matamá (Pontevedra) chegados dende Vigo.
Como vén sendo habitual dende hai 3 anos, este evento terá lugar no Pazo da Cultura de Narón, onde temos a nosa sede actualmente. Animádevos a vir, a entrada é gratuíta e o aforo está asegurado, só tedes que retirar as vosas invitacións na taquilla en horario de 18 a 20 (vamos, que aínda vos dá tempo antes de que empece).
HOXE, ás
20:00 horas
Pazo da Cultura, Narón,
(R/ Holanda s/n)

venres, 6 de maio de 2011

Vídeo do VI Festival de Bandas de Narón (2009)

Prometímolo onte, e hoxe cumprimos, temos outro vídeo completiño para vós, neste caso se trata da gravación íntegra do VI Encontro de Bandas de música de Narón, celebrado o 25 de abril de 2009, xa no Pazo da Cultura.
Neste festival tivemos o gusto de contar cos nosos amigos da Banda Municipal de Música de Viveiro e da Banda Municipal de Música de A Golada.

Watch live streaming video from xbntv at livestream.com

Sen máis, quedades emplazados para mañá, os músicos nos ensaios e o noso queridísimo público nas butacas do pazo.
Só unha cousiña máis... é posible que algúns de vós gravedes o evento ou saquedes fotos... se tedes material audiovisual (ou doutro tipo) da banda, sexa de agora ou de calquera momento...non dubidedes en poñervos en contacto connosco a través do mail do blog (xovebandadenaron@gmail.com) ou do facebook. Estaremos eternamente agradecidos das vosas aportacións.
Un saúdo a todos.

xoves, 5 de maio de 2011

Un aperitivo: Video do concerto de Fin de Ano (2008)

Para ir entrando en materia, dende hoxe podedes ver o video completo, cedido por Iago (non se nota non? éche o que ten que te graven os pais, acabas chupando cámara inevitablemente), do pasado concerto de fin de ano do 2008, o último que celebramos no Auditorio Municipal...


Watch live streaming video from xbntv at livestream.com


Non deixedes de estar atentos, pois temos outra sorpresa inédita para mañá. Para ir saboreando...

Saúdos.

Supoño que de parte de Paco podo dicir, que estudedes moito e que non faltedes aos ensaios do sábado :)
Ao resto dos mortales, quedades citados para o sábado ás 8 do serán. Podedes coller as invitacións gratuítas na taquilla do Pazo da cultura en horario de 11 a 13:30 e de 18 a 20.

Arquivo do blog