domingo, 31 de xullo de 2011

Encontro de Bandas en MATAMÁ (Xoves 4 de agosto)

O vindeiro Xoves 4 de agosto actuaremos en MATAMÁ (Vigo).
Sairemos do Auditorio ás 12:15. Xantar na praia de Samil (levade toalla e bañador).
Actuación ás 21 horas.

Saúdos!

sábado, 23 de xullo de 2011

Concerto en LAVIANA, ASTURIAS

O vindeiro domingo, ás 12:45 actuaremos no marco do V Festival Nacional de Bandas de Música de Laviana.

mércores, 20 de xullo de 2011

Novidades

A partires de agora, o noso blog será máis accesible para os dispositivos móbiles grazas á posta en marcha dun formato especial, máis sinxelo, para a súa visualización nos mesmos.
Así mesmo, queriamos recordarvos que o blog está aberto á participación de todos, só tedes que enviar un mail á conta do blog (xovebandadenaron@gmail.com) para ter a vosa dirección e autorizarvos a escribir nel.
Animámosvos a escribir aquí as vosas inquedanzas, ideas, suxerencias, chistes, noticias... cada pequena aportación axuda a que teñamos unha páxina máis viva e dinámica....