mércores, 16 de setembro de 2009

Ensaio nocturno II: No conservatorio

O magnánimo e marabilloso director da Banda, Francisco San Ramón (Pac para os amigos), anunciou esta tarde no ensaio de percusión que o venres pola noite non pode realizarse no auditorio, polo que será trasladado ao conservatorio. Así o ensaio queda para o venres ás 21:00 no conservatorio. O ensaio non é sustitutivo do ensaio do sábado (inciso especialmente dedicado a Mr. Piñón) polo que poderemos vernos de novo o sábado pola mañá.

E unha mensaxe da directiva:

A cea celebrarase en 'O Forno'. Chegade ás 22:00; e finalización prevista despois da cea (ou do almorzo, segundo o individuo). Se aínda non vos apuntastes chamade ó número 600543106 sen demora.

Prégase a máxima asistencia e puntualidade.


Un saúdo

sábado, 12 de setembro de 2009

¡CEA!

http://www.youtube.com/watch?v=UsPXFAb2o4Q

Damas e cabaleiros. Hai cea. Organizada pola directiva o próximo sábado día 19 de Setembro. O lugar é 'O Forno'. Xa lle pediremos a alguén que o sitúe nun mapa, pero para os que foron en Xullo, é aí. E unha gran noticia para as mozas, (non perdades a calma!); corre o rumor de que vai vir Paco!!!

Os que queiran ir deben poñerse en contacto coa directiva porque xa queda pouco tempo. Esta mañá houbo unha lista no taboleiro; pero xa a recolleron. Para apuntarse á cea, chamade a 600543106. Un saúdo a todos.

Prégase a máxima asistencia e puntualidade.


(Desafortunadamente, aínda non coñecemos a hora, pero será publicada tan pronto como sexa posíbel)
Un saúdo.




PD (edición posterior e de diferente autoría, jeje):

Aproveitamos que xa captamos a vosa atención para anunciar que xa están de novo dispoñíbeis os comentarios, ao ver que a súa retirada non tivo moi boa acollida, animamosvos a participar cando así o desexedes, lembrando esas máximas de respeto e precaución que non fai falta repetir, ao ser este un foro aberto a todo o mundo, creo que todo o mundo entende a que me refiro...

Coma sempre, rogamos aos que participen comentando, que aínda que existe a posibilidade de comentar anonimamente non o fagan. A pesares de sermos contrarios ao seu uso, decidiuse non eliminar esa posibilidade... para non coartar a liberdade de expresión de quen non desexe rexistrarse en blogger (pero podedes facelo e participar na elaboración e publicación de entradas ;-) de verdade, non hai fallo jejeje)...

Un saúdo, esperamos os vosos comentarios ;-)

mércores, 2 de setembro de 2009

CONCERTO E PROCESIÓN EN CULLEREDO 06-09-2009

O vindeiro domingo 6 de Setembro as 12:00h a Xove Banda realizará concerto e procesión en CULLEREDO (Tarrio), Sairá o autobús do Pazo da Cultura as 10:15h. Regresaremos despois de xantar, arredor das 17:30 h.

Rogamos a maior asistencia e puntualidade.

A Xunta Directiva