xoves, 26 de marzo de 2009

Sabado, ensaio

Este vindeiro sábado, a parte da reunión coa que nos agasallan os nosos directivos (na hora e local de ensaios... en fin, sen comentarios, mellor pa nós que así traballamos menos, despois se sae mal, que veña alguén a queixarse porque ensaiamos pouco ...jajaja), pois o ensaio estará adicado en grande medida á preparación da Semana Santa, que este ano ven cargada de actividades coa XBN.
Polo tanto TRAEDE O ATRIL DE MAN TODOS/AS!!! que haberá que facer una clase de "Introducción al desfile procesional I" para os/as novos/as compoñentes, e un recordatorio para todos, que nunca nos ven mal.
Antes de que decidades non vir para non pringar, recordade que é moi importante ensaiar isto, pois vai haber moita xente na procesión (diria que van ser dos días que mais xente nos vexa tocar) é resulta interesante ter ben claro o que hai que facer e como se vai a facer. Non costa nada adicarlle un ensaio (dado que dentro de dúas semanas xa imos ao choio!!).
Reencontrarémonos con grandes éxitos como:
- Mater Mea (Ricardo Dorado)
- Saeta
- Pescador de Hombres
- Vera Creu (J.M.Martinez)
-....etc...
Lembrade frases célebres destas datas:
"Mater Mea no se toca, se transmite..."
"Mektub es la sinfonía de las marchas de procesión..."

domingo, 22 de marzo de 2009

Nota Informativa

hola a todos os membros da X.B.N

Hoxe ocurreuseme una gran idea para promocionar os concertos da nosa banda.

Unha das miñas propostas:
Anunciar por megafonia o festival de bandas, si por megafonia si, xq creo que poido conseguila.
Anuncialo concerto nas emisoras locais , prensa ...
Eu creo que e unha grandisima idea.
Temos un pazo da cultura impresionante e temos que sacar partido de el, xa que moita xente de naron nunca se entera deste tipo de concertos e actuacions.

Un saudo a todos e espero que comentedes.

xoves, 19 de marzo de 2009

Sobre a actuacion en Pedroso...

Aghárrate Saxo!!!
Programa:
I
Sabas (Sanz Expert)
Tercio de Quites (Rafael Taléns)
Mar i bel (Ferrer Ferrán). Solista: Walter Picos
Vals (Shostakovich)

II
Agárrate Saxo (Pasodobre). Solistas: Kelly Picos e Helena Otero
Cuca Manyo (Josep Miquel Martínez)
Irlanda (Robert W. Smith)

Bis:
Feiticeira (Xota)

Previsiblemente este pode ser, con variacións, o programa para o concerto do vindeiro sábado no Centro Comercial e de Ocio Odeón.

Invítovos a que deixedes as vosas opinións en forma de comentarios!! ;)

sábado, 14 de marzo de 2009

Nota informativa da Xunta Directiva.

Transcripción:

***

ACTUACIÓN EN PEDROSO 19-03-2009

O vindeiro Xoves 19 a Xove Banda dará un concerto en "A Pombiña", Pedroso. Sairá o autobúa do Pazo da Cultura as 18:30, o que vaia directamente debe estar alí as 19:00h.

Rogamos a maior asistencia e puntualidade.

ACTUACIÓN NO ODEÓN (Por o día da Camelia) 21-03-2009

O Sábado 21 a Xove Banda dará un concerto no Odeón, non hai autobús, o concerto será as 19:30. os músicos terán que estar no Odeón as 19:00h.


Rogamos a maior asistencia e puntualidade.

A Xunta Directiva.

[selo da ACM Sementeira]