Ambos ensaios terán lugar na nova sede de ambas bandas, a Sala de Ensaios do Pazo da cultura, situada no segundo piso do bloque adicado ás escolas do padroado.
Comezará a rolda de ensaios a Banda Infantil "Sementeira" de Narón ás 9:00 horas, que virá seguida da Xove Banda de Narón ás 10:30 horas.
Pola importancia dos ensaios ante o inminente concerto de Fin de Ano, que se celebrará no auditorio municipal de Narón o domingo 28 de decembro ás 19:30 horas, rógase a máxima asistencia e puntualidade posibles.
Un saúdo.

2 comentarios:
Hola. Perdón polo retraso, pero aínda así dende a nosa banda queríamos expresar as nosas verdadeiras felicitacións polo 3º premio acado no certame de Santiago. A nosa máis sincera noraboa.
Saúdos
Hola Dani de Agolada, moitas grazas pola túa felicitación. Eu non pude escoitar a túa banda, pero seguro que foi un primeiro premio moi merecido. Espero que a próxima vez sexa para nós. Noraboa tamén da nosa parte a toda á banda de Agolada
Publicar un comentario