O prazo de matrícula da escola de música abrirase do 14 de setembo ao 2 de outubro, ámbolos dous inclusive.
As matrículas poderán formalizarse nas oficinas da Asociación Cultural e Musical Sementeira, sitas no 2º andar do pazo da cultura:
As matrículas poderán formalizarse nas oficinas da Asociación Cultural e Musical Sementeira, sitas no 2º andar do pazo da cultura:
- De luns a venres: de 11 a 13 horas e de 17 a 19 horas.
- Sábados: de 11 a 13 horas.
Para máis información poden chamar ao teléfono 699 458 267 ou contactar con bandasementeira@hotmail.com
Ofertarase a matricula nas seguintes materias:
- Música e movemento (5 anos): matrícula 68 € + 10 €/mes
- Iniciación á linguaxe musical (6 e 7 anos): matrícula 68 € + 10 €/mes
- Linguaxe Musical (a partires dos 8 anos e adultos) dende 1º a 6º curso: matrícula 68 € + 10 €/mes
- Instrumento (frauta traveseira, oboe, requinto e clarinete, saxofón, fagote, trompeta e fliscorno, trompa, trombón, bombardino e tuba, violonchelo, contrabaixo e percusión): matrícula 68 € + 10 €/mes
O curso consta de oito mensualidades de outubro a maio, ámbalas dúas incluídas.
A cuota de socio é obrigatorio e son 25 € anuais.
O sábado 3 de outubro será a reunión para repartir os horarios de instrumento, ás 11:45 horas no 2º andar do Pazo da Cultura. Celebrado o sorteo ante tódolos asistentes ao pasado ensaio da XBN (5 de setembro) resultou elexida a letra B, polo tanto, a elección de horarios de cada instrumento farase a partir de aqueles matriculados cuxo primeiro apelido comece pola citada letra, e continuando en orde alfabética.

Ningún comentario:
Publicar un comentario