venres, 13 de marzo de 2015

San Xosé en Pedroso

Hai varias datas nas que tódolos anos temos concerto, unhas citas tradicionais que nos unen co pasado da nosa banda: o concerto de fin de ano, o concerto do Couto e este concerto de Pedroso. Os anos pasan e aparecen e desaparecen certames, festivais, encontros, festas, procesións... pero estes tres concertos sempre estiveron e polo de agora seguirán estando na nosa axenda. 

O vindeiro domingo 22 de marzo, estaremos no local da Asociación Cultural e Recreativa "A Pombiña" de Pedroso para festexar o San Xosé e agasallar aos veciños cunha selección de pezas festivas. O concerto comezará ás 18 horas do serán, haberá un autobús para os músicos dende o Pazo da Cultura ás 17:15 horas.

Local da A.C.R. "A Pombiña" de Pedroso (Narón)


Ningún comentario: