O vindeiro sábado día 7 de xullo teremos a oportunidade de compartir, un ano máis, escenario cos nosos amigos da Rondalla "Lucero del Alba" no seu XV Festival da Canción Mariñeira.
Esta cita, como é costume se celebrará pola tarde no C.E.I.P. "San Isidro" da Vila de Neda e virá acompañada dunha degustación de mexillóns.
Haberá actuación da Rondalla "Lucero del Alba", a Xove Banda de Narón, e tamén unha actuación conxunta final (como de costume).
A continuación vos deixo uns videos que publicou o noso compañeiro Gabriel do festival de hai dous anos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario