domingo, 29 de xullo de 2012

Pasarrúas en Ribeira

Como xa dixo Paco no autobús cando volvíamos de Arteixo, o vindeiro mércores día 1 de agosto pola mañá faremos un pasarrúas en RIBEIRA (A Coruña).
Sairá o bus do auditorio municipal de Narón (Praza de Galicia) ás 8:00 horas da mañá.
O repertorio estará formado polos pasodobres que xa tocamos en pasarrúas en anteriores ocasións (Cariño, etc)
Percorrido: Sáída ás 10.30 horas dende o Conservatorio Municipal de Música de Riveira, na rúa Miguel Rodríguez Bautista (frente á Comisaría da Policía Nacional), Rotonda Serea, Rosalía de Castro ata a Praza do Concello, Rúa Galicia e rematando cun pequeno concerto na porta principal da Residencia do Maior.
Voltaremos despois de comer alí. Se alguén non pode ir que avise a Paco coa maior brevidade posible, hai que saber canta xente vai ir.
Agradécese a vosa asistencia e puntualidade para a última actuación da tempada... que pecharemos o sábado co xantar en Pedroso.

Ningún comentario:

Arquivo do blog