martes, 26 de xuño de 2012

Viaxe da ACM Sementeira - 2012 - SALOU

   
Coma todos os anos, cumprimos coa tradición da viaxe de verán da A.C.M. Sementeira. A continuación tedes toda a información que nos proporcionou a directiva.

Data: do 22 ao 27/07/12
Destino: SALOU

Día 22-23: SALOU
Saída de Narón as 22.00 con destino a Salou. Noite en ruta con breves paradas. Chegada a Salou, xantar e resto do día libre.

Día 24: BARCELONA
Almorzo e traslado a Barcelona. Recollida do guía e visita panorámica da cidade (medio día). Almorzo. Tarde libre. Regreso ó hotel, cea e aloxamento.

Día 25: PORT-AVENTURA
Chegada pola maña ao parque de Port Aventura (entrada e xantar incluidos). Á hora sinalada traslado ao hotel. Chegada, cea e aloxamento.

Día 26: SALOU
Día libre en Salou en réxime de pensión completa. Posibilidade de visita a Barcelona para actuación.

Día 27: SALOU-NARÓN
Almorzo e saída a Narón. Xantar. Chegada e... FIN DA VIAXE!

Prezo por persoa: 180€
Este importe podrase pagar en 3 prazos
Teléfono de contacto: 699 45 82 67

A ver si este sábado nos podedes confirmar asistencia...Graciñas!

venres, 22 de xuño de 2012

II Obradoiro de Verán

O REI LEÓN
O Campamento musical

Asociación Cultural e Musical "Sementeira" de Narón

Información do curso:

- Data e lugar do obradoiro:
Do 9 ao 13 e do 16 ao 20 de xullo no Auditorio Municipal de Narón (Praza de Galicia).

- Horarios:
As actividades desenrolaranse polas mañás, de 10:00 a 13:30 horas.
- Prezo do obradoiro:
  • Socios da ACM "Sementeira: 35€ por inscripción
  • Non socios: 55 € por inscripción

- Lugar de inscripción:
A. C. M. Sementeira de Narón
Pazo da Cultura
Rúa Holanda s/n, 2º andar

- Contacto coa A.C.M. Sementeira:

- Obradoiros:
  • Creación de decorados e sombras.
  • Creación de instrumentos e vestiarios.
  • Educación vocal, rítmica e de expresión corporal.
  • Xogos musicaiis.
  • ...


Entregar o boletín de inscripción na oficina da ACM "Sementeira" de Narón, os sábados de 10:00 a 12:00 horas, xunto co resgardo do ingreso bancario no número de conta:
NOVAGALICIABANCO
2080 - 0235 - 93 - 3040000997

ORGANIZA:

Asociación Cultural Musical "Sementeira" - Xove Banda de Narón

COLABORAN:
Padroado da Cultura - Concello de Narón

Concello de Narón

xoves, 17 de maio de 2012

Encuentro de bandas

Bueno, hola, chavales. El blog está algo desangelado últimamente, que apenas actualizo nada (si no fuese por la dedicación de Iván esto sería prácticamente una página en blanco).


Bueno, noticias que todos sabréis, pero las dejo por escrito por si alguien no se ha enterado aún:


Primero, que tenemos un encuentro de bandas el día sábado... 19. ¡El ensayo de la mañana es en el escenario de abajo! Por la tarde el evento es a las 19.30, pero supongo que tendremos que estar todos allí antes: ¡poneos en contacto con alguien si no vais a ensayar para saber cuándo entramos!

Y poco más. Intenté subir la parte de los vídeos del concierto de fin de año al youtube pero el ordenador me hizo una faena y el audio (que puedo presumir que era lo más importante) de los vídeos que faltan era una patraña, por no decir alguna otra palabra más significativa pero también bastante más soez. Iba a subir los cambios en la directiva que hubo recientemente pero no me los sé todos ni lo sé seguro, así que antes de meter la pata no voy a decir mucho más.

El día 2 de Junio tenemos concierto de fin de curso y el día 30 de Junio también estamos ocupados, pero no recuerdo más. Subiré información más precisa en las próximas fechas. Un saludo!


venres, 20 de abril de 2012

¡Ensaio no conservatorio!

¡Mañá ensaiamos no conservatorio! ¡Entereime hoxe! supoño que xa o saberedes, pero ¡Difundide a palabra!

domingo, 4 de marzo de 2012

Actuacións!

Na próxima semana temos que ir a O Val a un concerto no centro de maiores do Val.
Sairá un autobús do Pazo o sábado 10 ás 16.00, e se queredes ir directamente chega con estar alí ás 16.30.

E ademais, o día 18, domingo, temos que ir a A Pombiña en Pedroso. Sairíamos do Pazo ás 17.30, e se preferides ir alí vos deberiades chegar ás 18.00.

E cargamos parte da actuación de fin de ano en youtube. A parte da Xove Banda e a dos coros. A ver si para a fin de semana próxima cargamos os videos da Banda Infantil e dos coros en solitario. ¡Un saudiño!

http://www.youtube.com/user/pianistademente?ob=0

luns, 2 de xaneiro de 2012

Agradecemento do presidente da directiva

Boas, chavalotes. O presi da directiva enviounos unha mensaxe por email que ahí va para todos: Moitas Grazas a todas/os, por lembrarvos de mín no Concerto de Fin de Ano. Non sei si estaredes de acordo comigo en que: Nesta sociedade na que nos tocou vivir, debemos pintar algo, ¡Aínda que só nos deixen pintar o Indio! Moitas grazas tamén,ao vaqueiro, por dirixirnos deste xeito tan maxistral a lombos do infatigable " Jolly Jumper " Unha Aperta a Todas/os.

domingo, 1 de xaneiro de 2012

Afinando la batuta para la Nochevieja

Beatriz Antón 27/12/2011

El 31 de diciembre muchos despedirán el año en plan discotequero, al ritmo de Lady Gaga, Jennifer López o Rihanna. Pero, en Narón, quienes lo deseen también podrán decir adiós al 2011 de una forma más refinada, alegrando el oído con melodías de compositores como Vivaldi, Josef Strauss o Nicola Piovani. Eso sí, la cita llegará un día antes, el 30 de diciembre, de la mano de la Xoven Banda de Narón y de su ya tradicional concierto de Fin de Año. «Trátase dun concerto moi especial, porque existe dende que naceu a banda e con el os músicos poden lucirse e amosar o traballo feito durante todo o ano», explica el director de la formación, Francisco San Ramón. En esta ocasión, el concierto contará además con dos invitados de lujo -el Coro Novo de la Orquesta Sinfónica de Galicia y el Proyecto Vocal Concerto Tempo-, así como con la banda infantil Sementeira. Por eso San Ramón no será el único que alzará la batuta. También lo harán Daniel García, José Antonio García y Eusebio López.
[…]

sábado, 24 de decembro de 2011

domingo, 11 de decembro de 2011

Coming soon...

Temos novos proxectos para a primavera do ano que vén. Non paramos nin un minuto. Temos o concerto de fin de ano como todos sabedes, pero os que non viñeron aos últimos ensaios deberiades saber que a organización da Semana Santa de Ferrol (non sei quen, a verdad, pero alguén viño) consultou dispoñibilidade e datas. Dixeron que tocariamos o mércores, o xoves e o venres (mércores, xoves e venres santos todos eles, e en cantidade, así que xa estades avisados! E segundo, onte tamén nos ofreceron outra actuación pero esta no Pazo. Ehhhh. Paco dixo que seria un repertorio de musica clasica popular (clasica foi o termo empregado por Paco). Non recordo todos os detalles pero o plantexamento é básicamente acompañalos nunha actuación de canto e banda. Temos en mente facela en primavera, as datas se concretaran ehhhhhhh... próximamente. Proximamente. Un saudiño. As dúbidas a Paco! jijiji. Un abrazo!

luns, 5 de decembro de 2011

Concerto de Nadal e ensaios

Ola a todos. Mmmm... Teño por aquí as datas dos ensaios especiais do mes de Nadal para o concerto de Fin de Ano: Concero de Nadal: 30 de Nadal ás 20h. Ensaios previos especiais: 26 e 27 de Nadal ás 11h. Anotade! Agora vou actualizar o calendario. Un saudiño a todos.

sábado, 19 de novembro de 2011

Ensaio Xeral ás 21.45 en Juanito

Xa oistes. Temos que estar alí TODOS a esa hora. Non hai máis que dicir. Un saúdo.

domingo, 13 de novembro de 2011

O couto... e... CEA CEA CEA!!!

Boas! Temos concerto en O Couto, tal e como nos relataba a pizarra, hoxe. O concerto empeza ás 18.00 (se non estou equivocado) pero temos que estar alí ás 17.15.

Onte na reunión falouse de os horarios de ensaio e da asistencia aos concertos. Cando non poidades ir a un concerto hai que falar con Paco ou chamar á directiva para evitar que haxa e temos que intentar estar na aula de ensaios tódolos sábados ás 11 da mañá*.

E... que temos cea o sábado. Uhhhhhhhhh!!!!! cea, cea, cea! É onde o ano pasado, en casa Juanito, a medio camiño entre Alcampo e Odeón.

Uhhhhh!!! Para ámbolos dous eventos rógase a máxima asistencia e puntualidade e, por suposto, elegancia e gañas de pasalo ben. Faltaría máis.

*Nota: son Íñigo, e ese parágrafo é un mero resumo a (moi) grandes rasgos do que se falou onte. Se queredes información en máis detalle non os fiedes completamente de iso e preguntade por ahí aos que foron, que non son poucos. Ah, e perdón por todas as faltas de ortografía e similares que poidades encontrar.

Un saudiño.

sábado, 29 de outubro de 2011

Damas e cabaleiros, guapos e guapas, temos un comunicado da directiva para asistir a unha reunión o sábado ás 11 da mañá. Adxunto o texto textualmente:

A Xunta Directiva da Asociación Cultural Musical Sementeira convoca a todos os membros da Xove Banda a unha reunión o vindeiro sábado día 12 de Novembro ás 11h co seguinte orde do día:
- Dispoñibilidade dos membros da Xove Banda para facer un proxecto no curso 2011-2012 de cara á participación en certames
- Asistencia ás actuacións e ensaios así como compromiso por parte de todos
- Rogos e preguntas

Sen outro particualr, despídese atentamente: A Xunta Directiva. Narón, 29 de Outubro de 2011.


Ben, pois aquí está o que nos deron no ensaio de hoxe, para quen non puidera vir.

Vou marcar a reunión no calendario. Unha aperta, señores.

venres, 23 de setembro de 2011

PRAZO MATRÍCULA. CURSO 2011-2012

Especialidades ofertadas:
- Curso de iniciación á música (para nen@s de 5 e 6 anos)
- Solfexo de 1º a 6º curso (para nen@s a partir dos 7 anos e tamén para Adultos)
- Instrumentos (saxo, trompeta, fliscornio, trompa, trombón, bombardino, tuba, clarinete, requinto, oboe, fagot, frauta traveseira, violonchelo, contrabaixo e percusión).

A asociación conta con instrumentos de vento para que se inicien os alumnos e o seu préstamo é gratuito.
PRAZO DE MATRÍCULA para as Escolas de Música. Curso 2011-12

Días 22, 23, 24 e 26 de setembro de 11 a 13 horas.

Días 27, 28, 29 e 30 de setembro de 17 a 19 horas.

Lugar.- Pazo da Cultura C/ Rúa Holanda S/N 2º andar

Nova tempada

Coincidindo co inicio da nova tempada fixemoslle un lavado de cara ao noso blogue. Xunto co pequeno cambio de estilo, que mantén gran parte da esencia do orixinal, se suman as novas páxinas nas que aparecen agora o curriculum da banda (que antes non  aparecía), e tamén páxinas adicadas tanto a xuntar diverso material antes desperdigado polo blogue (fotos e videos, calendario, etc...)
Na páxina "Zona XBN" podedes atopar o habitual calendario coas nosas actividades, tamén o noso facebook, a tv da XBN e outros servizos que conxestionaban o blogue...
Esperamos que os cambios sexan do voso agrado, e axuden a conseguir un blogue mellor.

sábado, 6 de agosto de 2011

VACACIÓNS


Despois do concerto en Matamá e da churrascada de onte, poñemos fin á tempada e inicio ás nosas vacacións. Lembrade que isto é só un punto e aparte, vémonos o 10 de setembro para comezar os ensaios da nova tempada 2011-2012, xa no Pazo da Cultura. 
Haberá moitas sorpresas e novos proxectos...
Graciñas a todos, desfrutade as vacacións.

martes, 2 de agosto de 2011

Matamá

No facebook escribiron que hai que levar atril de man a Matamá. Parece ser que imos facer unha pequena pasacalle. Así que xa sabedes: no petate: Toalla, bañadores, atril de man e traxe... E non olvidedes mirar o escrito da Band's churrascation!!

luns, 1 de agosto de 2011

Band`s Churrascation!!!!!!

Dejo aquí una copia del evento del tuenti... Estáis todos invitados, pero en calidad personal... Podéis venir quien queráis, directivos, músicos, directivos músicos... Pero allí nadie es directivo allí ni músico ni nada... Es colega consumidor de carne y bebidas diversas... ¡Ahí os va!

Avisad hasta el jueves, como último día, que el plan es para el viernes 5, avisad a Walter o a Íñigo (yo) y anotamos. Un saludete.

Pues veamos, como ya se ha dicho el sabado, VIERNES 5, vamos a organizar una CHURRASCADA, en la cual, todos los componentes estan invitados.
Seria en el molino de PEDROSO, al MEDIODIA!! el precio calculo que rondara los 7€ por personas, con churrasco, criollos etc.
La bebida en principio, cada uno se encarga de llevar la suya, pero en el caso que todos bebamos lo mismo, pues......no se, igual se compra un pale de bebida xDDD

Lo dixo, irse apuntando la gente para poder ir resenvando la carne.

Bsñs!!!!!

P.D. La organiza los miembros, nadie se hara "responsable" de la gente!!

domingo, 31 de xullo de 2011

Encontro de Bandas en MATAMÁ (Xoves 4 de agosto)

O vindeiro Xoves 4 de agosto actuaremos en MATAMÁ (Vigo).
Sairemos do Auditorio ás 12:15. Xantar na praia de Samil (levade toalla e bañador).
Actuación ás 21 horas.

Saúdos!

sábado, 23 de xullo de 2011

Concerto en LAVIANA, ASTURIAS

O vindeiro domingo, ás 12:45 actuaremos no marco do V Festival Nacional de Bandas de Música de Laviana.