Boas! Temos concerto en O Couto, tal e como nos relataba a pizarra, hoxe. O concerto empeza ás 18.00 (se non estou equivocado) pero temos que estar alí ás 17.15.
Onte na reunión falouse de os horarios de ensaio e da asistencia aos concertos. Cando non poidades ir a un concerto hai que falar con Paco ou chamar á directiva para evitar que haxa e temos que intentar estar na aula de ensaios tódolos sábados ás 11 da mañá*.
E... que temos cea o sábado. Uhhhhhhhhh!!!!! cea, cea, cea! É onde o ano pasado, en casa Juanito, a medio camiño entre Alcampo e Odeón.
Uhhhhh!!! Para ámbolos dous eventos rógase a máxima asistencia e puntualidade e, por suposto, elegancia e gañas de pasalo ben. Faltaría máis.
*Nota: son Íñigo, e ese parágrafo é un mero resumo a (moi) grandes rasgos do que se falou onte. Se queredes información en máis detalle non os fiedes completamente de iso e preguntade por ahí aos que foron, que non son poucos. Ah, e perdón por todas as faltas de ortografía e similares que poidades encontrar.
Un saudiño.
Ningún comentario:
Publicar un comentario