domingo, 31 de xullo de 2011

Encontro de Bandas en MATAMÁ (Xoves 4 de agosto)

O vindeiro Xoves 4 de agosto actuaremos en MATAMÁ (Vigo).
Sairemos do Auditorio ás 12:15. Xantar na praia de Samil (levade toalla e bañador).
Actuación ás 21 horas.

Saúdos!

sábado, 23 de xullo de 2011

Concerto en LAVIANA, ASTURIAS

O vindeiro domingo, ás 12:45 actuaremos no marco do V Festival Nacional de Bandas de Música de Laviana.

mércores, 20 de xullo de 2011

Novidades

A partires de agora, o noso blog será máis accesible para os dispositivos móbiles grazas á posta en marcha dun formato especial, máis sinxelo, para a súa visualización nos mesmos.
Así mesmo, queriamos recordarvos que o blog está aberto á participación de todos, só tedes que enviar un mail á conta do blog (xovebandadenaron@gmail.com) para ter a vosa dirección e autorizarvos a escribir nel.
Animámosvos a escribir aquí as vosas inquedanzas, ideas, suxerencias, chistes, noticias... cada pequena aportación axuda a que teñamos unha páxina máis viva e dinámica....

xoves, 30 de xuño de 2011

Festival da canción mariñeira en Neda

Jueves 30 de junio del 2011

Ferrol

30/6/2011

La Rondalla de As Pontes, Lucero del Alba y la Xoven Banda de Narón se dan cita este sábado en el XIV Festival da Canción Mariñeira de Neda. Habrá mejillonada y una fiesta con Chevalier.

Sábado

CEIP San Isidro de Neda. 20.00 horas.

Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.

mércores, 29 de xuño de 2011

Vindeiros concertos

Sábado día 2: NEDA
Concerto ás 20:00, sairá o bus do auditorio ás 19:00

Sábado día 9: RIANXO
Concerto ás 20:00, sairá o bus do auditorio ás 17:00

venres, 24 de xuño de 2011

Obradoiro de Verán

Ven a pasalo ben aprendendo música e coñecendo os instrumentos musicais!

Dirixido a nenos e nenas entre 5 e 12 anos.

TIPOS DE OBRADOIROS

• Xogos musicais
• Linguaxe musical
• Creación de instrumentos
• Instrumentos de vento madeira
• Instrumentos de vento metal
• Instrumentos de percursión
• Instrumentos de corda
• Expresión corporal
• Medios audiovisuais aplicados á música
Data e lugar do obradoiro:
O obradoiro realizarase do 4 ao 15 de xullo de 2011 no Auditorio da Praza de Galicia.
Horario:
Mañás de 10:00 a 13:30 horas.

• Data límite de inscripción:
2 de xullo de 2011

• Precio do obradoiro:
Socio: 20 euros por inscripción
Non socio: 30 euros por inscripción

Lugar de inscripción:
A. C. M. Sementeira de Narón
Pazo da Cultura
C/ Rúa Holanda S/N 2ª planta

Datos de contacto da A.C.M. Sementeira:
Teléfono: 699 45 82 67
e-mail: bandasementeira@hotmail.com


Tamén podedes ver o TRÍPTICO ORIXINAL.

sábado, 11 de xuño de 2011

Los alumnos de Sementeira demuestran su talento
9/6/2011

Tras despedir la temporada teatral de primavera -que se encargó de clausurar la compañía Animalario el pasado fin de semana-, el Pazo da Cultura dedicará este mes de junio a los festivales fin de curso de las distintas escuelas municipales.

Los encargados de abrir fuego serán los alumnos de la asociación cultural Sementeira, que ofrecerán un espectáculo musical en el que actuarán los alumnos de sus distintas escuelas, la banda infantil de la entidad y la Xoven Banda de Narón, así como varios solistas de distintos instrumentos.

Sábado

Pazo da Cultura. 18.00 horas. 2 euros.

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

venres, 10 de xuño de 2011

Concerto de fin de curso + Solistas & XBN


Alumnos da escola de música da A.C.M. "Sementeira".


Banda Infantil "Sementeira".
Dirixe: Eusebio López Egea


Xove Banda de Narón
Dirixe: Francisco San Ramón Calvo
Solistas:
- Bombardino: Eduardo Mallén Candel
- Frauta: Irene Picallo Doce e Bernabé Simes García
- Saxofón: Kelly Picos Pérez


MAÑÁ, Sábado 11 de xuño, ás 18:o0 horas.
Pazo da Cultura, Narón.

luns, 23 de maio de 2011

Gijón

Xullo: Viaxe a Gijón. Do 22 ao 25 de Xullo. E pouco máis podo dicir. Todos os que sepan algo son libres de dicilo, faltaría máis. Xa podedes apuntarvos na lista do Pazo ou poñéndoos en contacto coa Directiva.

Prégase a maior asistencia e puntualidade.

Bikinis, bañadores e ganas de disfrutar son toda a equipaxe obrigatoria.
Un saúdo!

martes, 17 de maio de 2011

Día das Letras Galegas


Xove Banda de Narón, 2002
Concerto de fin de ano. Auditorio municipal de Narón.
Canta a mezzosoprano María Xosé Ladra.
Dirixe: Miguel Brotóns Pérez.

NEGRA SOMBRA

Cando penso que te fuches,
negra sombra que me asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.

Cando maxino que es ida,
no mesmo sol te me amostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.

Si cantan, es ti que cantas,
si choran, es ti que choras,
i es o marmurio do río
i es a noite i es a aurora.

En todo estás e ti es todo,
pra min i en min mesma moras,
nin me abandonarás nunca,
sombra que sempre me asombras.

Follas Novas, 1880
Rosalía de Castro.
Música: Balada Galega de Xoán Montes Capón.

sábado, 14 de maio de 2011

Os chavales de Kelly

O próximo sábado van vir espectadores ao ensaio! Os cativos da clase de Kelly. E temos que dar unha imaxe disciplinada e sobria dos nosos ensaios... Mentira, mentira. Temos que facer un ensaio natural e sen dicir moitos tacos (non miramos a ningún pianista) para que vexan como vai o asunto. Paco di que vaian cantos podan e avisade por ahí por se alguén non liu isto... Un saúdo!

martes, 10 de maio de 2011


Fotos: Pablo Varela

Comezan a chegar aportacións ao noso e-mail (xovebandadenaron@gmail.com). Animádevos a compartir o voso material. Moitas grazas, Pablo.

luns, 9 de maio de 2011

Á espera de vídeos... bos son os audios











Estos son cortesía de Alejandra Medín, a quen lle agradecemos que os compartise con nós con tanta premura. Moitísimas grazas.

domingo, 8 de maio de 2011

Foto: Alicia Malde

sábado, 7 de maio de 2011

VIII Encontro de Bandas de Narón

Chegou o día, ás 8 do serán volveremos a abrir as portas a dúas bandas amigas coas que compartiremos a nosa música. As elexidas este ano son a Banda de Música de Sober (Lugo) e a Banda de Música da Agrupación Musical Atlántida de Matamá (Pontevedra) chegados dende Vigo.
Como vén sendo habitual dende hai 3 anos, este evento terá lugar no Pazo da Cultura de Narón, onde temos a nosa sede actualmente. Animádevos a vir, a entrada é gratuíta e o aforo está asegurado, só tedes que retirar as vosas invitacións na taquilla en horario de 18 a 20 (vamos, que aínda vos dá tempo antes de que empece).
HOXE, ás
20:00 horas
Pazo da Cultura, Narón,
(R/ Holanda s/n)

venres, 6 de maio de 2011

Vídeo do VI Festival de Bandas de Narón (2009)

Prometímolo onte, e hoxe cumprimos, temos outro vídeo completiño para vós, neste caso se trata da gravación íntegra do VI Encontro de Bandas de música de Narón, celebrado o 25 de abril de 2009, xa no Pazo da Cultura.
Neste festival tivemos o gusto de contar cos nosos amigos da Banda Municipal de Música de Viveiro e da Banda Municipal de Música de A Golada.

Watch live streaming video from xbntv at livestream.com

Sen máis, quedades emplazados para mañá, os músicos nos ensaios e o noso queridísimo público nas butacas do pazo.
Só unha cousiña máis... é posible que algúns de vós gravedes o evento ou saquedes fotos... se tedes material audiovisual (ou doutro tipo) da banda, sexa de agora ou de calquera momento...non dubidedes en poñervos en contacto connosco a través do mail do blog (xovebandadenaron@gmail.com) ou do facebook. Estaremos eternamente agradecidos das vosas aportacións.
Un saúdo a todos.

xoves, 5 de maio de 2011

Un aperitivo: Video do concerto de Fin de Ano (2008)

Para ir entrando en materia, dende hoxe podedes ver o video completo, cedido por Iago (non se nota non? éche o que ten que te graven os pais, acabas chupando cámara inevitablemente), do pasado concerto de fin de ano do 2008, o último que celebramos no Auditorio Municipal...


Watch live streaming video from xbntv at livestream.com


Non deixedes de estar atentos, pois temos outra sorpresa inédita para mañá. Para ir saboreando...

Saúdos.

Supoño que de parte de Paco podo dicir, que estudedes moito e que non faltedes aos ensaios do sábado :)
Ao resto dos mortales, quedades citados para o sábado ás 8 do serán. Podedes coller as invitacións gratuítas na taquilla do Pazo da cultura en horario de 11 a 13:30 e de 18 a 20.

sábado, 30 de abril de 2011

Certame!

O sábado temos o certame coas bandas de Matamá e Sober. Comenzará ás oito. Coma sempre, prégase a maior asistencia e puntualidade e as máximas intencións de dalo todo. Como debe ser. Ah! unha cousiña importante, as invitacións para familiares hai que pillalas no pazo... Creo que Paco dixo de 11.00 a 13.00 polas mañás e de 18.00 a 20.00 polas tardes... Se é outro horario xa volo publicarei. Iso é todo, polo de agora... Un saúdo!