mércores, 20 de xullo de 2011

Novidades

A partires de agora, o noso blog será máis accesible para os dispositivos móbiles grazas á posta en marcha dun formato especial, máis sinxelo, para a súa visualización nos mesmos.
Así mesmo, queriamos recordarvos que o blog está aberto á participación de todos, só tedes que enviar un mail á conta do blog (xovebandadenaron@gmail.com) para ter a vosa dirección e autorizarvos a escribir nel.
Animámosvos a escribir aquí as vosas inquedanzas, ideas, suxerencias, chistes, noticias... cada pequena aportación axuda a que teñamos unha páxina máis viva e dinámica....

Sen máis, a nosa seguinte parada é en Asturias, vémonos alí, que xa falta pouco! BOA VIAXE a todos!

Ningún comentario: