xoves, 26 de marzo de 2009

Sabado, ensaio

Este vindeiro sábado, a parte da reunión coa que nos agasallan os nosos directivos (na hora e local de ensaios... en fin, sen comentarios, mellor pa nós que así traballamos menos, despois se sae mal, que veña alguén a queixarse porque ensaiamos pouco ...jajaja), pois o ensaio estará adicado en grande medida á preparación da Semana Santa, que este ano ven cargada de actividades coa XBN.
Polo tanto TRAEDE O ATRIL DE MAN TODOS/AS!!! que haberá que facer una clase de "Introducción al desfile procesional I" para os/as novos/as compoñentes, e un recordatorio para todos, que nunca nos ven mal.
Antes de que decidades non vir para non pringar, recordade que é moi importante ensaiar isto, pois vai haber moita xente na procesión (diria que van ser dos días que mais xente nos vexa tocar) é resulta interesante ter ben claro o que hai que facer e como se vai a facer. Non costa nada adicarlle un ensaio (dado que dentro de dúas semanas xa imos ao choio!!).
Reencontrarémonos con grandes éxitos como:
- Mater Mea (Ricardo Dorado)
- Saeta
- Pescador de Hombres
- Vera Creu (J.M.Martinez)
-....etc...
Lembrade frases célebres destas datas:
"Mater Mea no se toca, se transmite..."
"Mektub es la sinfonía de las marchas de procesión..."

domingo, 22 de marzo de 2009

Nota Informativa

hola a todos os membros da X.B.N

Hoxe ocurreuseme una gran idea para promocionar os concertos da nosa banda.

Unha das miñas propostas:
Anunciar por megafonia o festival de bandas, si por megafonia si, xq creo que poido conseguila.
Anuncialo concerto nas emisoras locais , prensa ...
Eu creo que e unha grandisima idea.
Temos un pazo da cultura impresionante e temos que sacar partido de el, xa que moita xente de naron nunca se entera deste tipo de concertos e actuacions.

Un saudo a todos e espero que comentedes.

xoves, 19 de marzo de 2009

Sobre a actuacion en Pedroso...

Aghárrate Saxo!!!
Programa:
I
Sabas (Sanz Expert)
Tercio de Quites (Rafael Taléns)
Mar i bel (Ferrer Ferrán). Solista: Walter Picos
Vals (Shostakovich)

II
Agárrate Saxo (Pasodobre). Solistas: Kelly Picos e Helena Otero
Cuca Manyo (Josep Miquel Martínez)
Irlanda (Robert W. Smith)

Bis:
Feiticeira (Xota)

Previsiblemente este pode ser, con variacións, o programa para o concerto do vindeiro sábado no Centro Comercial e de Ocio Odeón.

Invítovos a que deixedes as vosas opinións en forma de comentarios!! ;)

sábado, 14 de marzo de 2009

Nota informativa da Xunta Directiva.

Transcripción:

***

ACTUACIÓN EN PEDROSO 19-03-2009

O vindeiro Xoves 19 a Xove Banda dará un concerto en "A Pombiña", Pedroso. Sairá o autobúa do Pazo da Cultura as 18:30, o que vaia directamente debe estar alí as 19:00h.

Rogamos a maior asistencia e puntualidade.

ACTUACIÓN NO ODEÓN (Por o día da Camelia) 21-03-2009

O Sábado 21 a Xove Banda dará un concerto no Odeón, non hai autobús, o concerto será as 19:30. os músicos terán que estar no Odeón as 19:00h.


Rogamos a maior asistencia e puntualidade.

A Xunta Directiva.

[selo da ACM Sementeira]

mércores, 25 de febreiro de 2009

Fantasía en Do (David Fiuza), Xove Banda de Narón

Audios do certame

Moi atentamente, a Federación Galega de Bandas de Música Populares colgou unha serie de audios na sección "Comunidade". Entre eles están os dos Dous certames galegos e outros. Unha das caracteristicas interesantes e que se poden descargar.
Aqui van os links de descarga*


Os audios están en formato mp3... a calidade da gravación é moi boa... impresionante, un aplauso para a federación.

(*ideal usalos co Internet Explorer, a min co Firefox non me deixa abrilos, pero co explorer mos descarga sen problemas)

luns, 23 de febreiro de 2009

AVISO PARA TODA LA MADERA QUE UTILICE CAÑAS


ya esta todo dicho en la imagen, tomad nota jajajajaja.

sábado, 14 de febreiro de 2009

XBNovas...(14/2/08)

Un repaso pola actualidade da XBN...se máis...o que deu de si este ensaio...


Sentíndoo moito, non podemos ir a Kerkrade... seria un puntazo ir ao World Music Contest... pero esta importante cita musical se celebra cada 4 anos... sendo este 2009 un deles... o cal quere dicir que a vindeira edición (a 17ª) será no 2013... Teremos que ir pensando en ir a Valencia, que pode traer problemas de organización, porque se celebra no primeiro fin de semana de xullo... e pode haber xente que teña exames o venres ou xoves anterior, e incluso na semana seguinte...o cal pode traer complicacións... Teremos que meditar todo eso moito non?

:::

A min ocurreuseme unha posible solución para o conflicto xerado pola posibilidade dunha viaxe a Roma... Porque non buscamos un certame en Italia? Italia é un país cunha grande tradición bandística, como os Paises Baixos ou España. Polo tanto non é desatinado pensar que Italia tamén terá o seu equivalente ao Certame de Valencia, é dicir un gran certame de prestixio internacional. Por informarse e sopesar esa posibilidade de cara ao ano que vén non perdemos nada, e así matariamos dous paxaros dun tiro: ir de viaxe a Italia e ir a un gran certame.

:::

Hoxe pedíronme que fixese publicidade:

CALZADOS MARA
ofrece un
15% de desconto
a membros da Banda Infantil Sementeira,
da Xove Banda de Narón
e da directiva da A.C.M. Sementeira en todo tipo de artigos.


:::

Esperemos que me lembre cada sábado de poñer algo... Un saúdo a todos.

venres, 13 de febreiro de 2009

Volta ao Pazo

Mañá, sábado 14 de febreiro comezan de novo os ensaios como viña sendo habitualmente:
9:00 horas >>> Banda Infantil Sementeira
10:30 horas >>> Xove Banda de Narón.
Vémonos TODOS na Sala de ensaios do Pazo da Cultura.

mércores, 4 de febreiro de 2009

ESTE SÁBADO > ENSAIO

Este vindeiro sábado día 7 a Banda Infantil Sementeira NON TEN ENSAIO.
Pero a Xove Banda de Narón SI, ás 10:30 horas na aula de orquestra do CMUS "Xan Viaño" de Ferrol.

Vémonos TODOS alí.

Un saúdo.

sábado, 31 de xaneiro de 2009

Concerto de Fin de Ano (2008) - Audio

A continuación están as pistas de audio correspondentes ás obras interpretadas no pasado concerto de Fin de Ano, celebrado o 28 de decembro de 2008 no Auditorio Municipal de Narón.

Banda Infantil Sementeira de Narón:

- Ammerland (Jacob de Haan)

- The Mission (Ennio Morriconne)

- Music from Titanic (James Horner, arr. de John Moss)




Xove Banda de Narón (1ª parte):

- Sabas (Sanz-Expert)

- Fantasía en Do (David Fiúza Souto)

- Vents del Garbí (Josep Miquel Martínez), dirixe Josep Miquel Martínez


Xove Banda de Narón (2ª parte):

- Jericho (Bert Appermont)

- Sinfonía Hungárica, Attila! (Jan van der Roost)


Xove Banda de Narón (bis):

- Feiticeira (Xota)


Xove Banda de Narón + Banda Infantil Sementeira de Narón (bis conxunto):

- Marcha Radetzky (Johann Strauss)




Dirixiu a Banda Infantil Sementeira e a Xove Banda de Narón: Francisco San Ramón Calvo
Director invitado: Josep Miquel Martínez.

venres, 30 de xaneiro de 2009

AVISO

Debido aos desperfectos ocasionados no Pazo da cultura e á sua reparación os ensaios trasládanse ao Conservatorio Profesional de Música "Xan Viaño" de Ferrol.
Mañá NON HAI ENSAIO, debido á coincidencia de tres cursos que teñen as instalacións ocupadas, pero a vindeira semana si que hai, en principio no conservatorio, pero se os traballos de reparación do pazo rematan antes será no pazo, situación q será anunciada coa suficiente antelación (esperemos) neste blog.

luns, 26 de xaneiro de 2009

AVISO!

O dia 31 de xaneiro, non hai ensaio, asi como tamen se suspenden todas as clases no Pazo da Cultura de esta semana.
A causa é que estan arranxando todos os desperfectos materiais que causou o temporal do venres
Un saúdo

sábado, 24 de xaneiro de 2009

E "ao mal tempo ..." recordos do certame























Danos no Pazo II




Bien, estas fotos muestran los daños causados por los fuertes vientos de esta noche. Como podeis observar los mayores desperfectos son los de la parte del auditorio (inundado gran parte), salvandose la zona de las escuelas. Parte del tejado salió volando, aunque no hay daños importantes ahí. Una vez en la cara del Pazo se ven dos agujeros, uno de mayor tamaño. Una vez dentro una capa de cristales cubre todo el suelo dificultando el caminar. Tambien se puede ver la lámpara a punto de caer y parte del techo por dentro esta arrancado. Por la parte de atras, viendo la ultima foto se observa otro hueco; se puede explicar que una vez que el viento rompio el cristal, entro en todo el pazo y se llevo esas planchas ... porque si no fuese asi, seria practicamente imposible. Las aulas y las salas de ensayo estan en perfectas condiciones, pero por seguridad se nos prohibio el ensayo. Saludos y que nos veamos por fin el sábado que viene.

Danos no Pazo I





ATENCIÓN NON HAI ENSAIO!!!!

Debido aos graves danos ocasionados polo temporal no noso Pazo da Cultura, suspéndese o ensaio da Xove Banda de Narón.

martes, 20 de xaneiro de 2009

BÓA XENTE

Yo ya sabía que esta banda "de bandidos", probablemente es la mejor del mundo, pero ahora ya estoy seguro:

!!!!!!!!!Si................!!!!!! es la mejor de este mundo y parte del extranjero. En fin! mecagüen.......me quedo sin palabras.

Moitas grazas. Ánimo y seguimos adiante.

"Las oportunidades no son producto de la casualidad, mas bien son resultado del trabajo". (Tonatihu).
Saber que se sabe lo que se sabe y que no se sabe lo que no se sabe; he aquí el verdadero saber. (Confuncio)

PD de todas formas no estaría mal que os anónimos deixaran de serlo.
Os músicos só teñen de mostrar "espectaculo" musical.