xoves, 26 de marzo de 2009

Sabado, ensaio

Este vindeiro sábado, a parte da reunión coa que nos agasallan os nosos directivos (na hora e local de ensaios... en fin, sen comentarios, mellor pa nós que así traballamos menos, despois se sae mal, que veña alguén a queixarse porque ensaiamos pouco ...jajaja), pois o ensaio estará adicado en grande medida á preparación da Semana Santa, que este ano ven cargada de actividades coa XBN.
Polo tanto TRAEDE O ATRIL DE MAN TODOS/AS!!! que haberá que facer una clase de "Introducción al desfile procesional I" para os/as novos/as compoñentes, e un recordatorio para todos, que nunca nos ven mal.
Antes de que decidades non vir para non pringar, recordade que é moi importante ensaiar isto, pois vai haber moita xente na procesión (diria que van ser dos días que mais xente nos vexa tocar) é resulta interesante ter ben claro o que hai que facer e como se vai a facer. Non costa nada adicarlle un ensaio (dado que dentro de dúas semanas xa imos ao choio!!).
Reencontrarémonos con grandes éxitos como:
- Mater Mea (Ricardo Dorado)
- Saeta
- Pescador de Hombres
- Vera Creu (J.M.Martinez)
-....etc...
Lembrade frases célebres destas datas:
"Mater Mea no se toca, se transmite..."
"Mektub es la sinfonía de las marchas de procesión..."

Ningún comentario: