martes, 1 de decembro de 2009

III Certame Galego de Bandas de Música - 3º PREMIO!

Imaxe cedida por Paula Villar

Este sábado ensaio, non se pode baixar o ritmo, que segue habendo moito choio, pois hai que preparar o "Carmina Burana" e a Gravación do novo CD da XBN, previsto para xaneiro. Como aliciente, o noso director nos ten preparada unha sorpresiña no ensaio...
E... xa me esquecía, NORABOA A TODOS!

PD: Agora, como soe ocorrer nestes casos, toca desesperarse ata que aparezan os videos e os audios... ;-)

1 comentario:

Saxo en el exilio dixo...

Bueno rapazas (e rapaces), o primeiro felicitar a todo o mundo que tivo algo que ver con este premio, (músicos, directiva, director, familiares que nos aguantan, etc.)

O segundo!, agora que obtivemos este terceiro premio non podemos baixar o ritmo, senon incrementalo dentro do que cada un poida! Temos que facer que todos os que nos escoiten en vindeiros concertos digan: "Estes quedaron terceiros?, dios, os primeiros e os segundos debian ser uns fenómenos!"

Bicos a todAS (os rapaces ben lles chega un apretón de mans...)

Arquivo do blog