Xullo: Viaxe a Gijón. Do 22 ao 25 de Xullo. E pouco máis podo dicir. Todos os que sepan algo son libres de dicilo, faltaría máis. Xa podedes apuntarvos na lista do Pazo ou poñéndoos en contacto coa Directiva.
Prégase a maior asistencia e puntualidade.
Bikinis, bañadores e ganas de disfrutar son toda a equipaxe obrigatoria.
Un saúdo!
luns, 23 de maio de 2011
martes, 17 de maio de 2011
Día das Letras Galegas
Xove Banda de Narón, 2002
Concerto de fin de ano. Auditorio municipal de Narón.
Canta a mezzosoprano María Xosé Ladra.
Dirixe: Miguel Brotóns Pérez.
NEGRA SOMBRA
Cando penso que te fuches,
negra sombra que me asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.
Cando maxino que es ida,
no mesmo sol te me amostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.
Si cantan, es ti que cantas,
si choran, es ti que choras,
i es o marmurio do río
i es a noite i es a aurora.
En todo estás e ti es todo,
pra min i en min mesma moras,
nin me abandonarás nunca,
sombra que sempre me asombras.
Cando penso que te fuches,
negra sombra que me asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.
Cando maxino que es ida,
no mesmo sol te me amostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.
Si cantan, es ti que cantas,
si choran, es ti que choras,
i es o marmurio do río
i es a noite i es a aurora.
En todo estás e ti es todo,
pra min i en min mesma moras,
nin me abandonarás nunca,
sombra que sempre me asombras.
Follas Novas, 1880
Rosalía de Castro.
Música: Balada Galega de Xoán Montes Capón.
sábado, 14 de maio de 2011
Os chavales de Kelly
O próximo sábado van vir espectadores ao ensaio! Os cativos da clase de Kelly. E temos que dar unha imaxe disciplinada e sobria dos nosos ensaios... Mentira, mentira. Temos que facer un ensaio natural e sen dicir moitos tacos (non miramos a ningún pianista) para que vexan como vai o asunto. Paco di que vaian cantos podan e avisade por ahí por se alguén non liu isto... Un saúdo!
martes, 10 de maio de 2011
luns, 9 de maio de 2011
Á espera de vídeos... bos son os audios
Estos son cortesía de Alejandra Medín, a quen lle agradecemos que os compartise con nós con tanta premura. Moitísimas grazas.
domingo, 8 de maio de 2011
sábado, 7 de maio de 2011
VIII Encontro de Bandas de Narón
Chegou o día, ás 8 do serán volveremos a abrir as portas a dúas bandas amigas coas que compartiremos a nosa música. As elexidas este ano son a Banda de Música de Sober (Lugo) e a Banda de Música da Agrupación Musical Atlántida de Matamá (Pontevedra) chegados dende Vigo.
Como vén sendo habitual dende hai 3 anos, este evento terá lugar no Pazo da Cultura de Narón, onde temos a nosa sede actualmente. Animádevos a vir, a entrada é gratuíta e o aforo está asegurado, só tedes que retirar as vosas invitacións na taquilla en horario de 18 a 20 (vamos, que aínda vos dá tempo antes de que empece).
HOXE, ás
20:00 horas
Pazo da Cultura, Narón,
(R/ Holanda s/n)
venres, 6 de maio de 2011
Vídeo do VI Festival de Bandas de Narón (2009)
Prometímolo onte, e hoxe cumprimos, temos outro vídeo completiño para vós, neste caso se trata da gravación íntegra do VI Encontro de Bandas de música de Narón, celebrado o 25 de abril de 2009, xa no Pazo da Cultura.
Neste festival tivemos o gusto de contar cos nosos amigos da Banda Municipal de Música de Viveiro e da Banda Municipal de Música de A Golada.
Neste festival tivemos o gusto de contar cos nosos amigos da Banda Municipal de Música de Viveiro e da Banda Municipal de Música de A Golada.
Watch live streaming video from xbntv at livestream.com
Sen máis, quedades emplazados para mañá, os músicos nos ensaios e o noso queridísimo público nas butacas do pazo.
Só unha cousiña máis... é posible que algúns de vós gravedes o evento ou saquedes fotos... se tedes material audiovisual (ou doutro tipo) da banda, sexa de agora ou de calquera momento...non dubidedes en poñervos en contacto connosco a través do mail do blog (xovebandadenaron@gmail.com) ou do facebook. Estaremos eternamente agradecidos das vosas aportacións.
Un saúdo a todos.

xoves, 5 de maio de 2011
Un aperitivo: Video do concerto de Fin de Ano (2008)
Para ir entrando en materia, dende hoxe podedes ver o video completo, cedido por Iago (non se nota non? éche o que ten que te graven os pais, acabas chupando cámara inevitablemente), do pasado concerto de fin de ano do 2008, o último que celebramos no Auditorio Municipal...
Watch live streaming video from xbntv at livestream.com
Non deixedes de estar atentos, pois temos outra sorpresa inédita para mañá. Para ir saboreando...
Saúdos.
Supoño que de parte de Paco podo dicir, que estudedes moito e que non faltedes aos ensaios do sábado :)
Ao resto dos mortales, quedades citados para o sábado ás 8 do serán. Podedes coller as invitacións gratuítas na taquilla do Pazo da cultura en horario de 11 a 13:30 e de 18 a 20.

sábado, 30 de abril de 2011
Certame!
O sábado temos o certame coas bandas de Matamá e Sober. Comenzará ás oito. Coma sempre, prégase a maior asistencia e puntualidade e as máximas intencións de dalo todo. Como debe ser. Ah! unha cousiña importante, as invitacións para familiares hai que pillalas no pazo... Creo que Paco dixo de 11.00 a 13.00 polas mañás e de 18.00 a 20.00 polas tardes... Se é outro horario xa volo publicarei. Iso é todo, polo de agora... Un saúdo!
venres, 22 de abril de 2011
luns, 14 de marzo de 2011
Concerto en A Pombiña
Ei, chavales. Temos concerto en A Pombiña, en Pedroso; o próximo sábado, ás 19.30 temos que estar alí. Os que prefiran ir desde o pazo o bus sae ás 19.00. Eso sí, o sábado é festivo así que pola mañá non hai ensaio. Se necesitades algo do pazo avisade. Un saúdo
domingo, 30 de xaneiro de 2011
Temos cousas que facer os días...
...12 de Febreiro, 7 de Maio e 11 de Xuño. Imos metelos no calendario agora. Euhmmm... Ah. Os que están lonxe (o de Maio e o de Xuño) son aquí en Narón, son o encontro de bandas e o concerto de solistas.
O 12 de Febreiro imos tocar a O Val, a unha residencia de maiores. Pero a xunta directiva xa dará o papeliño correspondente.
Yeah. Iso é todo. Ah, coño, no!. É dicir. Ah, caramba, no! Eh... As horas aínda non están confirmadas. Mellor dito. As horas aínda non as sei. Un saúdo.

venres, 14 de xaneiro de 2011
SÁBADO DIA 15. AVISO!
Este aviso é para recordarvos aos que xa o sabedes, e para informarvos aos que non sabedes, que o próximo sábado dia 15, temos que ir a ensaiar co traxe.
Según me dixeron, van a facer unha gravación para algo do padroado.
non sei mais.
Sen máis molestias.
Xunta Directiva
Según me dixeron, van a facer unha gravación para algo do padroado.
non sei mais.
Sen máis molestias.
Xunta Directiva
xoves, 13 de xaneiro de 2011
AVISO PARA O SÁBADO
Este sábado temos que levar o traxe. Temos unha grabación do padroado de cultura.
Gracias. Importante
Gracias. Importante
domingo, 2 de xaneiro de 2011
FELIZ 2011
Despois deste impresionante Concerto de Ano novo, que poderemos escoitar en breve, os meus desexos para que seades moi felices, e non esquezamos que formamos parte dunha comunidade chea de boa xente, de bós music@s e sobre todo de boas personas. Feliz 2011,
ATA O DÍA 15 DE XANEIRO
ATA O DÍA 15 DE XANEIRO
sábado, 4 de decembro de 2010
¡O día máis importante do ano!
Xa temos día asegurado do concerto de Fin de Ano da banda, o día de tocar, aplausos, festa, reencontros cos compañeiros (Iván, Ary, Clara, Iago... se queredes enviamos un email cos papeis se non queredes vir tocar á caída, que iso non está pero que nada ben -jejejeje), todo cheo de diversas coníferas cheas de bolas e luces e estreliñas de cores, os músicos máis mellores e os máis mellores músicos, os directores máis desmelenados, o día sen gravatas (pero con paxariña)...
O día é o 29 de Decembro (Mércores). Cando teñamos a fecha pasaremos a publicalo no calendario.
¡Unha aperta!
O día é o 29 de Decembro (Mércores). Cando teñamos a fecha pasaremos a publicalo no calendario.
¡Unha aperta!
sábado, 16 de outubro de 2010
ACTUACIÓN EN VINCIOS 24-10-2010
O vindeiro domingo día 24 de outubro, a Xove Banda de Narón participará nun encontro de bandas en Vincios (Gondomar)
Sairemos ás 10:15 h. do Pazo da Cultura. O regreso está previsto arredor das 23:30 h.
Rogamos maior asistencia e puntualidade.
Sairemos ás 10:15 h. do Pazo da Cultura. O regreso está previsto arredor das 23:30 h.
Rogamos maior asistencia e puntualidade.
Xunta Directiva
xoves, 9 de setembro de 2010
PRAZOS DE MATRÍCULA PARA AS ESCOLAS DE MÚSICA
DO 20 DE SETEMBRO AO 1 DE OUTUBRO
- DÍAS: 20, 21, 22, 23, 24 e 24 de Setembro, das 11:00 ás 13:oo horas.
27, 28, 29 e 30 de Setembro e 1 de Outubro, de 17:00 a 19:00 horas.
-ESPECIALIDADES OFERTADAS:
* Solfexo: de 1º a 6º curso (para nenos maiores de 6 anos, e tamén para adultos)
* Instrumentos: saxofón, trompeta, fliscorno, trompa, trombón, bombardino, tuba, clarinete, requinto, oboe, fagot, frauta traveseira, violoncello, contrabaixo e percusión.

A asociación conta con instrumentos de vento para que se inicien os alumnos e o seu préstamo é gratuíto.
Para facer a matrícula hai que ir ao Pazo da Cultura (Rúa Holanda. S/N. 2º piso), e para contactar coa asociacion podes chamar ao teléfono: 699458267.
Un saúdo.
Para facer a matrícula hai que ir ao Pazo da Cultura (Rúa Holanda. S/N. 2º piso), e para contactar coa asociacion podes chamar ao teléfono: 699458267.
Un saúdo.
A Xunta Directiva
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)