mércores, 23 de decembro de 2009

FELIZ NAVIDAD!!!!!!!

Se me olvidada desexarvos un Bon Nadal, Felices Festas , que seades moi felices. E de todo corazón, un gran abrazo a tod@s os amigos e compoñentes desta GRAN BANDA.

domingo, 20 de decembro de 2009

Concerto de Fin de ano (Xove Banda de Narón coa colaboración de Concerto Tempo)



"En memoria da que foi concelleira de cultura, dona Manuela Pérez Sequeiros"

Coa colaboración do "proxecto vocal Concerto Tempo" co que se interpretará o Carmina Burana de Carl Orff.

[completaremos co programa en breves]

Domingo 27 de decembro de 2009
19:00 horas
Pazo da Cultura, Narón



As invitacións para asistir (GRATUITAMENTE) ao concerto poderán retiralas na taquilla do Pazo da Cultura, en horario de 11:00 a 13:30 e de 18:00 a 20:00 horas.

sábado, 5 de decembro de 2009

Xa están colgadas as gravacións domésticas do certame!
Ademais, están xa pululando por megaupload.

http://www.megaupload.com/?d=AK6HS1JJ







Alí están. Unha aperta!

venres, 4 de decembro de 2009

AINDA NON CHEGAMOS AO FINAL..........

Parece que foi onte cando estábamos por aqui comentando o noso primer certamen, pero xa pasou todo un ano, todo un ano de traballo as veces moi intenso, de esforzo, de sacrificio. A verdade es que desta vez queria esperar a que faláramos todos xuntos, pero tamén quero que quede constancia por escrito do meu recoñecemento polo voso interés, ganas de traballar, compromiso cos compañeiros e sobre todo de facer"música xuntos". Ainda teño un desexo sen cumplir que vou a decir xa que non se cumpliu na totalidade: "mais compromiso" sobre todo dos que as veces prefiren estar noutro lugar ou non teñen ganas de participar co resto.
Penso que entre todos ainda podemos facer mais grande esta "gran banda", non só que medre en cantidade seno en calidade de persóas é músicos.
A verdade é que impresiona ter unha banda no Auditorio de Santiago de 78 "músicos", pero de verdad que non sabedes o esforzo que supon.
Penso que si temos que esperar mais tempo xa non chego..... ao dia.
O ano pasado a Banda de Narón saliu do anonimato, este ano, a xente tenia curiosidade de como podiamos presentarnos a 1ª sección. Como pode ser ...... Pos si que foi, e xa vedes que estivemos ahí peleando polo mellor.
Imaxinade o que podría pasar si pisamos "todos" afondo.....
Penso que podemos disfrutar do resultado e que temos que coller impulso si queremos para aínda chegar mais lonxe. O que teña que ser o decidides todos vós.
A música é o noso punto de encontro, e de partida, quen sabe hasta donde pedemos chegar......
Para:
Bernabé, Clara, Eva, Irene, Alicia, Vero, Marta, Iria, Nico, Mario, Ariana, Juan, Iago, Cristinita, María, Angel, David, Eva, Carla, Rocio, Alejandra, Gustavo, César, Olalla, Marta, Jóse, Alicia, Laura, Duarte, Astray, Iván Fernández, Tania, Iago, Bieto, Alex, Paula, Leire, Adrián, Kelly, Helena, Sheila, Marta, Lucia, Silvia, Marta, Jorge, Gabriel, Esther, Martín, Fernando,Leti, Nuria, Jesús, Benja, Oriol, Carlos, Rubén, Miguel, Samuel, Walter, Fran, Antón, Juanin, Álvaro, Esteban, Carro, Antonio, Pastor, Javi, Ari, Gabriel, David, Piñón, Diego, Iñigo, Juan y Mª José.

un abrazo moi forte, espero contar coa vosa amistade polos siglos dos siglos.......

Bueno sinto comunicarvos que este venres non temos esaio, pero SI o sábado para planear o que temos por diante. Vos espero a todos.

Hasta o sábado.

martes, 1 de decembro de 2009

III Certame Galego de Bandas de Música - 3º PREMIO!

Imaxe cedida por Paula Villar

Este sábado ensaio, non se pode baixar o ritmo, que segue habendo moito choio, pois hai que preparar o "Carmina Burana" e a Gravación do novo CD da XBN, previsto para xaneiro. Como aliciente, o noso director nos ten preparada unha sorpresiña no ensaio...
E... xa me esquecía, NORABOA A TODOS!

PD: Agora, como soe ocorrer nestes casos, toca desesperarse ata que aparezan os videos e os audios... ;-)

mércores, 25 de novembro de 2009

só nos queda MOITO TRABALLO

Alguén dixo unha vez: "Os esforzos unidos multíplicanse". imos a sumar todos os nosos.

Este finde.

venres: ás 20'30 no pazo imos a escoitar a audición do 22. Falamos e comentamos como axustar os desaxustes.
sábado temos todo o dia reservado o auditorio da FIMO, comenzamos ás 10'00 da mañá. Puntuais por favor. Si fai falta estaremos tamén pola tarde u ratiñoooooooooo.
domingo: un último repaso moi suave as 10 da máña na FIMO. ES DESPOIS A SANTIAGO.

un señor moi listo que se chamaba Gandhi dixo tamén:

"Si non somos capaces de soportar un sacrificio... Non seremos dignos de obter unha victoria...."

E tamén que "imposible es el refugio de los cobardes"
Ánimo a todos, un abrazo moi forte e nos vemos o venres

xoves, 19 de novembro de 2009

ESTE FINDE TEMOS......

VENRES: as nove no Conser
SÁBADO: no Auditorio, horario normal.
DOMINGO: pola mañá as 10 no auditorio ensaio xeral.
as 13'30 xantar todos xuntos e descansamos só un pouco.
pola tarde audición-concerto, xunto coa banda de Oleiros.

despois meditamos, descansamos e nos inspiramos para poder "sufrir "con moitas ganas todo o que vamos vivir, que seguro que será outra vez moi emocionante.
Un abrazo moi grande a todos os que traballaron para que este grupo de xente bóa se sinta orgullos@ de tanto esforzo, estudio, traballo etc...
Seguro que despois de tanto traballo ten que vir a satisfacción e a tranquilidade de ter feito ás cousas todo o mellor que un momento tan especial nos permitiu.
Gracias a todos polo esforzo e porque seguro que neste momento tan especial sabremos ser a mellor "xente do mundo" e sabremos atopar a inspiración e a tranquilidade necesaria para que todo este no seu sitio.

xoves, 12 de novembro de 2009

XA ESTAMOS CHEGANDO

para este fin de semana

venres: no conser
sabado: no auditorio
domingo: no auditorio

ánimo a todos

mércores, 11 de novembro de 2009

Xa falta menos...


... e xa se publicou o cartel do certame.

sábado, 31 de outubro de 2009

Atencion, cambios de hora e lugar nos ensaios

Esta semana, por diversas razóns, os ensaios quedan da seguinte maneira:

BANDITA: Esta semana NON hai ensaio

XOVE BANDA DE NARÓN: O venres ás 21:00 no CMUS "Xan Viaño" de Ferrol e o sábado POLA TARDE dende as 16:00 "hasta que nos echen, unas cuatro horitas" (lit. Francisco San Ramón).

Por outra banda, o noso director segue facendo fincapé na importancia dos propios ensaios (en cantidade e calidade) e da asistencia aos mesmos, queda un mes e non podemos perder tempo de ensaio. Tamén é moi importante que anotemos nas nosas axendas (mentais, físicas ou virtuais) que o vindeiro día 22 de novembro imos ter todo o día ocupado, está planeado un ensaio matutino, seguido dunha comida XBN previa ao concerto coa Banda de Oleiros que será pola tarde.

Sen máis, vémonos o venres no ensaio ;-)

xoves, 29 de outubro de 2009

Só queda un mes ;)

III Certame Galego de Bandas de Música
Xove Banda de Narón
Sección 1ª
Obra obrigada: Irmandiños - J. Fdez. Guzman


Pasodobre:
Lagartijilla - J. Martín
Obra libre:
Armenian Dances, Part I e Part II (1º e 3º movs.) - Alfred Reed

Veña, un último esforzo, que xa queda pouco...

venres, 23 de outubro de 2009

Ensaio o domingo

Hoxe, no ensaio nocturno, Paco dixo se é boa idea quedar cos de Oleiros o sábado 14 de Novembro. Pero falouse con eles e temos concerto coa Banda de Oleiros en Narón, no Pazo o día 22 de Novembro. E tamén dixo "Gracias a todos los que venís, y a los que no, que Dios les ilumine la cabeza y que vengan lo más posible, ¡que no tenemos tiempo!". Desafortunadamente, temos imaxes (abaixo, á dereita) que poden demostrar que Deus está máis ocupado na cachola do percusionista para que aprenda a levar o tempo polo que temos que pedir dende aquí que veña todo o mundo ós ensaios.

Pero o máis importante é que o domingo pola mañá hai ensaio. O máis importante é que a percusión e os metais vaian, pero que vaia a madeira e todo o que sexa capaz de tocar un instrumento musical.

sábado, 17 de outubro de 2009

Concerto do Domingo e outros asuntos

Boas tardes. Temos certas novas de certa relevancia. A máis importante, que mañá, Domingo, non hay concerto en Valdoviño. Quedou anulado. Outra é que o próximo venres 23 de Outubro discutirase acerca de facer un posible ensaio xeral (e completo, coa axuda dos reforzos e todo) o seguinte 25 de Outubro.
Por último, Vero comentou esta mañá que a Banda de Oleiros ía tocar na sección segunda e suxeriuse facer un concerto (parecido a un encontro) xuntos para ir toucando algo antes de ir ao certame.
Paco insiste en que asistan todos os que poidan este mes (e algo) que queda antes do certame.
Un saudo.

sábado, 3 de outubro de 2009

Actuación o sábado

Damas, Cabaleiros, Paco. O vindeiro sábado 10 de Outubro temos actuación no Seixo, Mugardos. A saída é do Pazo da Cultura ás 18.45 pero os músicos que desexen estar alí directamente deben chegar ás 19:15. Esperamos que veñan todos os músicos que poidan. A directiva dixo que se pensa volver sobre as 10 da noite. De forma estimada, por suposto.

Por outra parte, o noso xefe sobre os xefes, Pac, convócanos a todos no Conservatorio o próximo día 9 ás 21:00 para outro ensaio nocturno. Un saúdo

mércores, 16 de setembro de 2009

Ensaio nocturno II: No conservatorio

O magnánimo e marabilloso director da Banda, Francisco San Ramón (Pac para os amigos), anunciou esta tarde no ensaio de percusión que o venres pola noite non pode realizarse no auditorio, polo que será trasladado ao conservatorio. Así o ensaio queda para o venres ás 21:00 no conservatorio. O ensaio non é sustitutivo do ensaio do sábado (inciso especialmente dedicado a Mr. Piñón) polo que poderemos vernos de novo o sábado pola mañá.

E unha mensaxe da directiva:

A cea celebrarase en 'O Forno'. Chegade ás 22:00; e finalización prevista despois da cea (ou do almorzo, segundo o individuo). Se aínda non vos apuntastes chamade ó número 600543106 sen demora.

Prégase a máxima asistencia e puntualidade.


Un saúdo

sábado, 12 de setembro de 2009

¡CEA!

http://www.youtube.com/watch?v=UsPXFAb2o4Q

Damas e cabaleiros. Hai cea. Organizada pola directiva o próximo sábado día 19 de Setembro. O lugar é 'O Forno'. Xa lle pediremos a alguén que o sitúe nun mapa, pero para os que foron en Xullo, é aí. E unha gran noticia para as mozas, (non perdades a calma!); corre o rumor de que vai vir Paco!!!

Os que queiran ir deben poñerse en contacto coa directiva porque xa queda pouco tempo. Esta mañá houbo unha lista no taboleiro; pero xa a recolleron. Para apuntarse á cea, chamade a 600543106. Un saúdo a todos.

Prégase a máxima asistencia e puntualidade.


(Desafortunadamente, aínda non coñecemos a hora, pero será publicada tan pronto como sexa posíbel)
Un saúdo.




PD (edición posterior e de diferente autoría, jeje):

Aproveitamos que xa captamos a vosa atención para anunciar que xa están de novo dispoñíbeis os comentarios, ao ver que a súa retirada non tivo moi boa acollida, animamosvos a participar cando así o desexedes, lembrando esas máximas de respeto e precaución que non fai falta repetir, ao ser este un foro aberto a todo o mundo, creo que todo o mundo entende a que me refiro...

Coma sempre, rogamos aos que participen comentando, que aínda que existe a posibilidade de comentar anonimamente non o fagan. A pesares de sermos contrarios ao seu uso, decidiuse non eliminar esa posibilidade... para non coartar a liberdade de expresión de quen non desexe rexistrarse en blogger (pero podedes facelo e participar na elaboración e publicación de entradas ;-) de verdade, non hai fallo jejeje)...

Un saúdo, esperamos os vosos comentarios ;-)

mércores, 2 de setembro de 2009

CONCERTO E PROCESIÓN EN CULLEREDO 06-09-2009

O vindeiro domingo 6 de Setembro as 12:00h a Xove Banda realizará concerto e procesión en CULLEREDO (Tarrio), Sairá o autobús do Pazo da Cultura as 10:15h. Regresaremos despois de xantar, arredor das 17:30 h.

Rogamos a maior asistencia e puntualidade.

A Xunta Directiva

sábado, 29 de agosto de 2009

Actuación na Capela

Mañá Domingo, a Xove Banda de Narón actuará na Capela. Se sae do auditorio ás 12:00 da mañá. A actuación é ás 13:00. Concerto, xantar e volta. Tocaremos pasodobles e marchas. E vestidos, preferentemente co traxe da banda.
Ademais hoxe, no ensaio, púxose data para dous ensaios máis, seccionais; de metal e de percusión. Están no calendario. Un saúdo.

mércores, 12 de agosto de 2009

Otra nueva proposición, ahora de un ruso

Bueno, pues propongo, bueno, proponemos (Nuria y yo) ahora una obra con algo más de música ... esta vez se trata del Galop de la obra Moscow, Cheremushki del gran compositor Shostakovich. Para hacerse una idea ... una de la XOGA. Saludos.

http://www.youtube.com/watch?v=g2z5k9Qs5W4

xoves, 6 de agosto de 2009

Domingo: Acutacion en BUÑO (Malpica)

CAMBIO DE HORA DA SAÍDA: 8:30 HORAS,
prégase máxima puntualidade.
Acutaremos a partires das 11:00 horas, cun pequeno pasarrúas, procesión e concerto.
O regreso esta previsto para despois de xantar.

PD: O martes realizarase o último ensaio da tempada 08/09 antes das vacacións. Prégase a máxima asistencia dentro do posible, vémonos coma sempre ás 10:30 horas.